domingo, 31 de octubre de 2010

Majetes made in Mugardos



Vou contarte un cotilleo, pero ollo gárdao!.

O outro día quedei cunhas cantas persoas do insti, con algunhas tomaba contacto por primeira vez, a outras xa as coñecía un pouco. Uns eran noviños/as, outros ...mmm...tamén.

Falamos de tantas cousas... das nosas vidas, das de outros, do que xa pasou e do que está a pasar, de sentimentos, de añoranzas, de lugares máxicos, de costumes...

Foi XENIAL, agora que moita xente fala "tecleando" e nos olvidamos de falar de verdade, encontrar con quen falar sobre o que alguén contou unha vez sen importar a idade, se estudas ou traballas, se eres pai/nai ou fillo/a, se eres loiro/a ou moreno/a ... é unha experiencia única.

Oes, non o contes por ahí que logo se entera todo o mundo e xa non é o mesmo  pero, se te apetece unha quedada con nós pincha no enlace para coñecer as datas dos nosos encontros:   http://lermugardos.blogaliza.org/2010/10/27/compartir-lecturas/


sábado, 30 de octubre de 2010

Mergullador/a profesional


Imos a estrear o apartado "De profesión..." cun video- reportaxe de Antena 3 que explica a Profesión de Mergullador/a profesional. Glugluglu...

Se che interesa esta profesión, debes estudar o Ciclo Medio de Mergullo a media profundidade. Glugluglu... Este ciclo pertence á familia de Marítimo-Pesqueira  e para poder cursalo terás que superar unha proba de acceso da que podes informarte en Orientación. Glugluglú...

Ata este curso, a oferta de centros que imparten esta ensinanza redúcese ao IGAFA. Este centro está ubicado na Illa de Arousa nun enclave privilexiado, rodeado de natureza.

Se tes boa capacidade pulmonar (abstenerse asmáticos/as), che gusta o mar, a natureza e tarefas coma soldadura, auxilio, extracción e toma de mostras en diferentes sectores: pesca, acuicultura, bioloxía, arqueoloxía submarinas, enxeñaría, esta pode ser unha boa opción para ti. 


Para ter mais información sobre este ciclo, pincha no seguinte enlace:  http://www.edu.xunta.es/fp/files/trit/10_11/Maritimo%20Pesqueira.pdf

domingo, 24 de octubre de 2010

Investigación: Enquisa dependencias

Esta semana imos propor ao alumnado de 4º que se inicie en tarefas de investigación e análise de datos.
Como confiamos en que podedes facelo moi ben, vos encargaremos a tarefa de confeccionar a enquisa que nos permita coñecer a opinión do alumnado que asistiu ás charlas das consecuencias legais de consumo e tenencia de drogas(2º a 4º ESO e PCPI).

Teredes que facer a enquisa seguindo as seguintes instrucións:
  1. A linguaxe debe ser clara e concisa, sen interpretacións
  2. Estará dirixida ao alumnado de 2º, 3º,4º e PCPI  
  3. Realizaredes unha única pregunta con varias respostas (as que determinedes vos) e indicaredes se se pode marcar unha ou varias respostas. A persoa que realiza a enquisa marca unha ou varias das respostas que incluades.
  4. Podedes facela individualmente ou en grupos de 3. Logo faredes unha posta en común e seleccionaredes 2 enquisas. Cada titor de 4º levará as 2 propostas de cada grupo á reunión de titores-orientación e alí se escollerá a enquisa que se publicará neste blog para que o alumnado poida votar. 
  5. A enquisa estará aberta durante 2 semanas. Unha vez pechada e obtidos os datos, teredes que facer unha análise dos resultados e redactar un artigo sobre este tema para o blog que podedes completar con historias, opinións...     
Animo aos investigadores/as e reporteiros/as do centro!!

viernes, 22 de octubre de 2010

¿Cómo se fabrica la cocaína?

Esta semana la Guardia Civil ha visitado nuestro centro para dar a conocer las consecuencias legales de la tenencia y consumo de drogas.

En la charla habeis visto un vídeo que muestra cómo se fabrica la cocaína, ahora podréis volver a verlo en el blog con más tiempo y opinar sobre el mismo.


Como ya sabeis cómo se fabrica la cocaína y conoceis la higiene que se tiene en el proceso de fabricación, os lanzo las siguientes preguntas para animar el debate:
  • ¿qué puede empujar a una persona a consumir cocaína?,
  • ¿por qué nadie consume alquitrán, amoníaco pero sí cocaína? ,
  • ¿sabías cómo se fabricaba esta droga?, ¿qué te sorprendió más?