martes, 30 de noviembre de 2010

Programa virtual mecanográfico


Dándolle voltas á cabeza sobre os recursos que vos poderían axudar nas vosas tarefas escolares, se me ocorreu que podería estar ben facilitarvos un programa informático virtual para aprender mecanografía. ¿Para que?. Pois para entregar traballos escritos ben feitos, non pasar unha chea de tempo no teclado por non coñecer as teclas e para practicar e coller velocidade. 

Preme no seguinte enlace que che permitirá  descargar o programa libre que aparece na imaxe: http://zikitrake.com/.


lunes, 29 de noviembre de 2010

Técnico/a en Produción Agroecolóxica

                                                         

A que saben e ulen as froitas de sempre...? Pódense cultivar viñas ecolóxicas e producir gando de calidade e competitivo no mercado? 

Se che interesan estas cuestións e outras como o desenvolvemento sostible, a produción de alimentos sen produtos químicos, a apicultura, o cultivo de campos ecolóxicos, o auxe do mercado ecolóxico... e ademais, o traballo ao aire libre gústache moito, pode que este sexa o teu ciclo!!

Seguro que tes interese en saber cales son os ámbitos de traballo dos Técnicos/as en produción agroecolóxica:
  • explotacións frutícolas, hortícolas e de cultivos herbáceos ecolóxicos
  • explotacións pecuarias ecolóxicas
  • empresas de produción de plantas para xardinaría ecolóxica
  • institucións de investigación e experimentación en cultivos e en produción gandeira ecolóxica
  • empresas de servizo á agricultura e á gandaría ecolóxica
  • viveiros e hortas escolares
  • empresas de certificación de produtos ecolóxicos
  • granxas-escola e aulas de natureza
así como a duración da súa formación, que é de 2 anos, e os módulos que se cursan:
  • Control fitosanitario 
  • Empresa e iniciativa emprendedora 
  • Formación e orientación laboral 
  • Formación en centros de traballo 
  • Fundamentos agronómicos 
  • Fundamentos zootécnicos 
  • Implantación de cultivos 
  • Infraestruturas e instalacións agrícolas 
  • Principios de sanidade vexetal 
  • Produción agrícola 
  • Produción de carne e outras producións gandeiras 
  • Produción de leite, ovos e animais para a vida 
  • Taller e equipamentos de tracción 

Para completar esta información podes consultar o plan de estudos e os centros galegos que o imparten  premendo no seguinte enlacehttp://www.edu.xunta.es/fp/files/trit/10_11/Agraria.pdf . E para finalizar, aconséllote profundizar mais no tema agroecolóxico vendo os seguintes videos: "Producción de alimentos sen produtos químicos", "Mañá todos necesitaremos a agricultura"
 
 
- Outros ciclos relacionados que podes consultar: Técnico Agropecuario

lunes, 22 de noviembre de 2010

Me cuesta ponerme a estudiar...¿soy abúlico/a?


¿Alguna vez te dijeron que eras abúlico/a y no sabías si era un insulto o un halago?. Abúlico, qué palabrita, verdad?

Si te han dicho alguna vez que eres abúlico/a, debes saber que esta palabra hace referencia a un problema de voluntad. La voluntad es una facultad superior que junto con la inteligencia, manda sobre el resto de las facultades cuando una persona toma una decisión. Nos permite finalizar con determinación algo que nos hemos propuesto a pesar de las dificultades que puedan surgir.

Es probable, que a tu alrededor tengas personas abúlicas o incluso tú mismo/a lo seas. Podemos identificar si una persona es abúlica, si tiene muchas dificultades para realizar tareas, por ejemplo, si le cuesta ponerse a estudiar, cumplir horario de estudio, hacer las tareas pendientes...

Si has comprobado que eres abúlico/a, no te preocupes, la voluntad se puede entrenar. Para ello te recomiendo entrar en el siguiente enlace del MEC y seguir sus indicaciones: http://www.ite.educacion.es/w3/recursos2/orientacion/03accion/op06_c.htm#up

Quizás necesites la ayuda de un psicólogo/a que te ayude a aplicarlas por lo que no dudes en consultar a un profesional si es necesario.


Ansiedade ante os exames


Estades en época de exames e é habitual que unha porcentaxe do alumnado teña ansiedade ante os exames.

Para axudarvos a superar esta ansiedade vos aconsello aplicar os consellos que aparecen  no seguinte enlace do MEC: http://www.ite.educacion.es/w3/recursos2/orientacion/03accion/op06_b.htm



domingo, 21 de noviembre de 2010

Ideas para realizar os exames e os traballos de clase


Se eres dos/as que tes dificultades para organizarte á hora de facer un exame ou un traballo, poden resultarte de axuda os videos de BRAINPOP (son os que aparecen no enlace como gratutitos).
Mediante unha historia sinxela e con persoaxes animados ofrécesevos pautas para sair airosos/as nos exames e traballos de investigación.  Ademais do video, tes actividades complementarias que tamén podes realizar.  Enlace: http://esp.brainpop.com/category_44/subcategory_516/

Xa me diredes se os serviu de axuda.


miércoles, 17 de noviembre de 2010

Estudos Superiores Deseño Textil Galicia (ESDEMGA)



Se eres creativo/a e che gusta a moda, tes a sorte de contar en Galicia co único centro que ofrece estos estudos como titulación propia universitaria. As titulacións propias son titulacións que a pesar de non ser oficiais son respaldadas por Universidades e poden gozar dun gran prestixio no sector profesional. Neste caso o ESDEMGA está respaldado pola Universidade de Vigo.
A súa ubicación actual é o gran patio interior da facultade de Belas Artes, polo que a arte e a creatividade rebosan por doquier. 
   
Os estudos superiores de Deseño Téxtil cúrsanse en 3 anos académicos e nos 6 últimos meses do 3º ano realízanse práticas en empresa estatais e internacionais.

Cada ano a presencia e o recoñecemento do alumnado formado no ESDEMGA cobra maior relevancia nas pasarelas que impulsan aos novos talentos. Entra no seguinte enlace e cotillea un pouco o que se di na revista Spymagazine (revista de arte, moda e deseño) sobre este centro http://spymagazine.es/blog/?p=1595

Para coñecer as datas de inscrición, prezos de matrícula, programas de estudos, proxectos finais do alumnado ... podes entrar na súa web http://www.esdemga.uvigo.es/


domingo, 14 de noviembre de 2010

Pastillas para el dolor ajeno




                                        
Médicos sin fronteras y Luis García Berlanga, fallecido esta madrugada, nos recetan unas pastillas mágicas que alivian el dolor ajeno.


Ahora que estamos con las luces que anuncian la navidad y las compras navideñas, no estaría mal introducir en nuestras cestas y en nuestras paquetes de regalo una Caja de Pastillas para el dolor ajeno.

Las podrás encontrar en las farmacias por el precio de un paquete de patatas fritas (1 euro), además son caramelos!. Con tu aportación solidaria podrás hacer un enorme regalo a quien sufre dolor.


¿Te animas y regalamos Solidaridad?  

Videoxogo: STOP DISASTER GAME



Achégovos un novo xogo no que teredes que prever e actuar contra os desastres naturais como os Tsunamis, ciclóns, terremotos...

Pincha no seguinte enlace para entrar a xogar: http://www.stopdisastersgame.org/es/playgame.html

¿Cómo que no puedes o ya lo harás?



Que si yo soy listo/a y cuando pueda me pongo en serio... que es que no puedo...que tengo muchos problemas y no me entienden...

Mmmmm.... 

Pues entonces dime cuántas razones tendría Albert Casals, el protagonista del siguiente video, para decir que no puede.

Recuerda que:
  •  los problemas tienen diferentes soluciones en función de cómo se vean y se enfrenten.
  • los problemas a veces son oportunidades de cambio, aprovéchalos 

Con ayuda, TODOS/AS PODEMOS MEJORAR!!  





Albert Casals, publicó un libro "El mundo sobre ruedas" que seguro que te apasiona, pídelo en la Biblioteca!


viernes, 12 de noviembre de 2010

Formación Profesional a distancia



De maneira experimental pónse en marcha este ano a FP semipresencial e a distancia en Galicia. Esta modalidade iníciase no CIFP Anxel Casal (A Coruña) nos seguintes ciclos:

  •  CS Educación Infantil
  •  CM Emerxencias Sanitarias

Se coñeces a alguén interesado/a (familia, amigos...) cóntallo. Ten en conta que o prazo de inscrición é moi corto: 12-18 novembro e o período formativo comeza este mes: 29 novembro- 25 xuño.

 Para ter mais información, CONSULTA:


lunes, 8 de noviembre de 2010

Aprendices de maltratadores/as




Como ves, aprender se pode aprender todo.

Supoño que a mensaxe da curta "Mamás y Papás" está clara e observaches con facilidade como a nena protagonista aprende o modelo violento do pai e a relación que un home pode establecer cunha muller nunha relación de parella. O que ao mellor non é tan claro é que a nena reproduce tamén o que se denomina  CICLO DA VIOLENCIA.

Debes saber que este ciclo que sempre se reproduce unha e outra vez, conta con 3 fases. Vou contarvos en que consisten para que, se algunha vez vos encontrades no caso ou coñecedes a alguén do voso entorno que esté vivivindo unha situación de violencia, poidades actuar. Imos ver entón cales son e en que consisten estas 3 fases: 

1. ACUMULACIÓN DE TENSIÓN: O maltratador cambia o seu estado de ánimo de forma repentina, móstrase molesto ante calquer comportamento da muller, insulta, menosprecia e realiza actos de violencia menor. A tensión prodúcese por conflitos cotiás. A vítima intenta calmalo e mesmo chega a culparse. A tensión aumenta ata chegar a fase seguinte.

2. AGRESIÓN: Prodúcese a agresión física, psíquica ou sexual grave. A violencia do agresor lle calma, non é unha demostración de forza, senón un acto de impotencia (como non alcanza as súas expectativas, sente que perde poder e agrede para recuperalo).

3. "LÚA DE MEL" OU ARREPENTIMENTO: Fase de calma ou arrepentimento, promesa de non volver a agredir. A vítima cre neste cambio e volve co agresor. Despois iníciase novamente o ciclo.

Podes volver a ver o vídeo ou entrar no seguinte enlace  http://www.elmundo.es/documentos/2004/06/sociedad/malostratos/2006/diario_sara/index.html no que atoparás EL DIARIO DE SARA (diario real dunha muller vítima de violencia de xénero) para comprobar se eres capaz de identificar con claridade estas fases.

Como toda moneda ten dúas caras, imos ver a curta "Máxica" que reflexa igualmente a idea de que os nenos/as aprenden o que ven pero mostra unha cara mais amable transmitíndonos que todo se pode cambiar ou polo menos intentar.


  Ti, que pensas?

Videojuego: Darfur


Este videojuego nos sitúa en Darfur (Sudán), un escenario donde 2.5 millones de refugiados deben ser salvados por ti de las milicias de Janjaweed. Evita el genocidio que ya se ha cobrado la vida de más de 400.000 personas. Muévete y ayúdalos!!

Pincha en el siguiente enlace y podrás entrar en el juego:

domingo, 7 de noviembre de 2010

Manorexia


Quizais, nunca escoitaras antes esta palabra. Imos polo tanto ampliar vocabulario e significados que aínda que non son novos, moi a miúdo, aparecen distorsionados na sociedade. 

Manorexia fai referencia á anorexia masculina. É importante saber que a anorexia non é unha trastorno asociado ás mulleres senón que é unha enfermidade sen sexos. 

Os trastornos de conduta alimentaria, son trastornos complexos que teñen como síntomas a perda de peso asociada a unha inxesta deficitaria de alimentos e unha imaxe corporal distorsionada. 

É unha enfermidade pouco comprendida xa que é difícil entender que unha persoa deixe de comer de maneira drástica e se vexa gordo con por exemplo 30 kilos. Para comprendela temos que ter claro que esta enfermidade ten como orixe serios problemas psicolóxicos (depresión, autoestima moi baixa...) que, a persoa "resolve" con condutas alimentarias inadecuadas que poñen en serio perigo a súa saúde. Esta é unha enfermidade que destrúe á persoa e que afecta ao seu entorno familiar e social e que, polo tanto, precisa da comprensión e axuda do seu entorno e da sociedade en xeral, especialmente no momento actual no que se observa un aumento da súa incidencia na poboación do 20% .        

A continuación, podedes ver o seguinte video-reportaxe de Tele 5 no que se trata a experiencia dun rapaz en tratamento terapéutico e que recolle tamén o triste desenlace dun modelo de pasarela enfermo de manorexia. 



Se precisas axuda ou coñeces a alguén que a precise, contacta coa orientadora ou entra no seguinte enlace de ABAC (Asociación de Anorexia e Bulimia de A Coruña): http://www.abacoruna.com/






miércoles, 3 de noviembre de 2010


Queres saber algo mais sobre unha determinada profesión: donde se pode estudar, que plan de estudos ten, en que sectores podes traballar con esta titulación,...?
Pois entón, solicíta por correo a Oriori a profesión que queres que se inclúa no blog ou, remite a petición ao teu titor/a.

Flores en la carretera



Ben, ben e ben por Jabón Blue!

Non sabes quen é Jabón Blue? e Manquiña?...hmmm

Pois son artistas galegos, músicos e actores, que se uniron por unha causa: axudar á xentiña a que sente a cabeza, especialmente á xente xove.

Esta ponte de novembro saíron nunha canle de TV para presentar unha nova campaña. Que campaña será? A ver, a ver, pensa no título: Flores de carretera. Recorda se algunha vez viches flores na estrada e pensa por que se poñen. Non se che ocorre nada? Pois entón é mellor que mires o seguinte video.
  
 


Agora tenta encontrar a letra de Flores en la Carretera e dá a túa opinión. 
Coñeces algunha canción, video, historia...relacionado co tema? Busca e encontra, logo cóntanolo. 
Envía ao correo orimugardos@gmail.com o que queiras aportar ao blog ou dállo ao teu titor/a para que  poidamos colgalo.