martes, 29 de marzo de 2011

Convocatoria de folga de alumnado

Trasládase información da dirección de centro en relación á convocatoria de folga de mañá día 30 de marzo

Estimados pais/nais:

Tendo en conta o artigo 15 do Regulamento de Réxime Interno do IES Mugardos:

“Coa finalidade de estimular a participación do alumnado nos centros educativos, estes deberán facilitar o dereito de reunión. As decisións colectivas que adopte o alumnado, a partir do terceiro curso de ESO, con respecto á asistencia á clase, non terán a consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción cando sexan o resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á Dirección do centro. Para tal fin establécese que deberán ser decisións colectivas por razóns xerais e comunicadas á Dirección previamente (48 horas) pola Xunta de Delegados. (LOE)

De se producir esta situación, o centro deberá comunicar aos pais a convocatoria desa folga para o seu coñecemento. O profesorado deberá trasladar a falta do alumnado ausente ao XADE e comunicala en conserxería o antes posible quedando esta información a disposición dos titores e da Xefatura de Estudos, que poderán comunicala de xeito inmediato ás familias ou aos servizos da Policía Municipal en caso de se tratar de alumnado de escolarización obrigatoria.”

Comunicámoslles que a Xunta de Delegados, en escrito dirixido á dirección do centro, anuncia a intención do alumnado –excepto de 1º e 2º de ESO- de secundar a folga convocada para o día 30 de marzo polo Sindicato de Estudiantes.

Os servicios do centro (clases, transporte, oficinas,....) funcionarán con normalidade.

domingo, 27 de marzo de 2011

Acreditación da experiencia profesional no sistema educativo


Xa podedes inscribirte no procedemento de recoñecemento, avaliación e acreditación de competencias

  • A quen pode interesar?
Ás persoas maiores de 20 anos sen título oficial da ocupación que desempeñan e que contan con experiencia profesional ou formación non regrada nas unidades de competencia dos ciclos nos que se oferta este procedemento. Non podes estar matriculado/a en oferta modular, ordinaria ou a distancia nin en probas libres
asociadas á unidade de competencia da que solicitas a acreditación no momento en que se realiza o procedemento.

Experiencia laboral: ten que demostrarse un mínimo de 3 anos e 2000 horas de traballo nos últimos 10 anos
Formación: debe consistir nun mínimo de 300 horas nos últimos 10 anos

Exemplo: levas un mínimo de 3 anos a tempo completo traballando de mecánico nun taller pero non tes o Título de Electromecánico de Vehículos
  • Cal é o obxectivo deste procedemento?
 Tendo en conta que a competencia profesional pódese adquirir ademais de por formación regrada (a que dá o titulo e se consigue superando os módulos dun ciclo medio ou superior) por experiencia laboral/formación non regrada e que, temos unha porcentaxe importante de poboación que a pesar de non ter un título ten coñecementos relacionados cun determinado título, é necesario un procedemento que lle recoñeza e acredite a estas persoas os seus coñecementos no ensino regrado.

Aínda que o obxectivo non é acadar o título posto que o título precisa ter recoñecidas mais unidades de competencia que as que se poden recoñecer por este procedemento, a acreditación permite :
-por unha banda, dar "valor" á experiencia laboral /formativa dos candidatos/as
-por outra, facilitar a validación dos módulos dos ciclos formativos e polo tanto a posibilidade de obter o título xa que unicamente habería que formarse ou presentarse a probas libres cando se convoquen, dos módulos non acreditados e dos que non é posible conseguir a acreditación .Este procedemento permite acumular partes do ciclo e se pode combinar con oferta formativa presencial e a distancia e, probas libres realizada noutro momento.  
  • En que consiste este procedemento?
O procedemento consta de 3 fases:
1. Asesoramento.
O/a candidato será asesorado por un experto asesor do ciclo que lle ofrecerá unha guía do procedemento. Nesta fase que é obrigatoria o asesor/a axuda ao candidato/a a realizar un cuestionario de autovaliación e a  recoller os documentos e evidencias da compentencia profesional da persoa (historial formativo e/ou profesional da persoa candidata: certificado vida laboral, certificados de empresa, cursos, traxectoria na empresa ...) para poder aconsellarlle a continuidade á fase seguinte ou polo contario aconsellarlle realizar un itinerario formativo por carecer de evidencias de experiencia laboral acreditable. O asesor/a realiza un informe donde fai constar a a conveniencia de pasar ou non á fase de avaliación pero se é negativo o candidato/a pode decidir continuar igualmente. 
2.Avaliación da competencia profesional
Cando na fase de asesoramento o asesor/a encontrou evidencias de que a persoa candidata ten  coñecementos adquiridos por formación ou experiencia profesional nesa unidade de competencia que se quere acreditar, faise necesario que unha comisión comprobe eses coñecementos. Os procedementos que se empregan son normalmente: a comprobación no lugar de traballo (se é posible, páctase co candidato/a), a realización de supostos/tarefas nos talleres do centro, a conversa profesional, a simulación...
3.Acreditación e rexistro da competencia profesional
Unha vez realizada a avaliación, rexístrase e acredítase as unidades de competencia superadas e ao mesmo tempo o orientador/a facilita un plan de formación para que o candidato/a poida formarse e adquirir as unidades de competencia non acreditadas por este procedemento se has houbera.
  • Que centros realizan a acreditación e de que unidades de competencia?
 - Fabricación mecánica.CIFP Politécnico de Santiago. Rúa Rosalía de Castro, 133. 981 52 20 62
      CM Soldadura e caldeiraría
-  Electricidade e electrónica. CIFP Politécnico de Santiago. Rúa Rosalía de Castro, 133. 981 52 20 62
      CM Instalacións eléctricas e automáticas.
- Hostalaría e turismo.CIFP Compostela Rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña). 981 52 31 40
     CM Servizos de restauración
-Hostalaría e turismo. CIFP Carlos Oroza Avda. de Montecelo, s/n, 36161 Pontevedra 986 84 70 02
     CM Cociña e gastronomía
-Sanidade. CIFP Fene O Pazo, 13-15, 15528 Fene (A Coruña) 981 36 03
     00UC0069_1: manter preventivamente o vehículo sanitario e controlar a súa dotación material
-Mantemento de vehículos autopropulsados. CIFP Valentín Paz Andrade Avda. de Madrid, 160, 36214 Vigo (Pontevedra) 986 27 09 04
     CM Carrozaría
-Sanidade. CIFP Ánxel Casal-Montealto Estrada de Circunvalación, 15002 A Coruña 981 21 01 12.
     CM Emerxencias sanitarias
 CM Farmacia e parafarmacia
-Servizos socioculturais e á comunidade. CIFP Ánxel Casal-Montealto Estrada de Circunvalación, 15002 A Coruña 981 21 01 12 / CIFP Compostela Rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña)981 52 31 40
    CS Educación infantil
  • Existen prazas limitadas?
Si, dependendo da unidade de competencia, entre 50-100 prazas. Consulta os anexos da Orde 21 marzo 2011. Se hai mais candidatos/as que prazas se baremará a experiencia e formación para elexir aos que poden iniciar o procedemento nesta convocatoria. 
  • Cal é o prazo de inscripción? Donde se realiza a inscripción?
Tes 20 días a partir do 26 marzo de 2011. A solicitude de inscripción entrégase na secretaría do centro donde se realiza o procedemento.
  • Donde podo informarme?
Debes solicitar información aos /ás orientadores/as dos centros donde se realiza o procedemento (CIFP) e aos  dos centros de formación profesional.
Oriori participou durante 2 anos en 2 centros diferentes neste procedemento polo que se queredes solicitarlle información para un primeiro acercamento ao procedemento solicítalle unha entrevista.

  • Consellos:
-Solicita xa a vida laboral, se o fas en oficinas soe tardar sobre 7 días.
-Lévalle ao teu xefe ou persoal de RRHH a folla de certificación de empresa cuberta coas tarefas que desempeñas/desempeñabas na empresa, é moi importante xa que serve de evidencia da túa competencia profesional, canto mais detallada mais útil para a acreditación.
-Non mintas nos cuestionarios de autoavaliación, logo van a comprobar que o que dis é certo.
-Pensa que o procedemento leva un tempo.
-Se o teu obxectivo é o título deberás pensar en combinar este procedemento con formación regrada (a distancia, presencial: ordinaria e modular) e/ou probas libres (en Galicia todavía non se convocaron para títulos LOE).
-Podes presentarte mais dunha vez. Se na primeira ocasión non puideches conseguir a acreditación dunha unidade de competencia  e posteriormente acumulas experiencia ou formación non regrada da mesma volve a intentalo.
-Aínda que pareza un procedemento complexo, a experiencia indica que os candidatos síntense moi satisfeitos co que consiguen e dánse conta que non é tan compricado como parecía. Moitos/as anímanse tanto que reinician estudos.

CONSULTA: 
  1. A web da consellería donde encontrarás toda a información, documentos a aportar, guías do candidato/a... http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion.htm
  2. ACREDITA, o asistente personalizado do MEC: http://todofp.es/todofp/formacion/acreditacion-de-competencias.html 




domingo, 20 de marzo de 2011

Opcións ao finalizar módulos obrigatorios PCPI


Xa queda menos para que remates 1º de PCPI. Debes estudar con atención as opcións que tes para tomar a decisión mais adecuada para ti. Consulta a presentación:

Centro Superior de Hostelería de Galicia





El alumnado de 1º de Bachillerato ha tenido la oportunidad de conocer la semana pasada la oferta formativa del Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG):
  • Diploma Gestión de empresas hosteleras
  • Gran Diploma Gestión y Dirección de empresas hosteleras
  • Certificado Elaboración y Gestión en Cocina

Como ya sabéis el mapa de titulaciones universitarias cuenta con titulaciones Oficiales y Propias. En este caso la titulación Propia de Gestión en empresas hoteleras es una titulación propia que tiene el respaldo de la Universidad de Santiago de Compostela, en la página de la CIUG podrás comprobar que figura entre el listado de titulaciones Propias (http://ciug.cesga.es)

El CSHG lleva en funcionamiento desde el año 1993. Únicamente podemos encontrar 2 centros similiares en España y otros 2 en Europa, el CSHG sigue el modelo de la pretigiosa escuela de Laussane. Como curiosidad os comento que este centro forma parte de TURGALICIA (www.turgalicia.es)

El acceso a estos estudios requiere aprobar la Selectividad y superar una prueba de acceso del propio centro donde se valorarán entre otras cosas los conocimientos de idiomas y el interés por este sector. Ya está abierto el plazo de preinscripción, si estás interesado/a debes enviar el formulario de preinscripión cubierto por correo electrónico a alfeiran@xunta.es o por fax al 981 542 590

El perfil del alumnado interesado en esta formación se caracteriza por tener un buen nivel de idiomas y capacidad e interés por aprenderlos, capacidad para relacionarse con los demás y trabajar en equipo, interés por viajar y conocer gente, países..., preferencia por actividades no rutinarias y de gestión.
Economía, matemáticas aplicadas a las ciencias sociales y los idiomas son materias del Bachillerato muy vinculadas con estas titulaciones.

La formación que se ofrece y su particular metodología permite que el alumno/a desde que comienza su formación combine teoría y práctica y pueda conocer tareas propias de su futuro equipo de personal (cocina, servicio de habitaciones...) así como situaciones tipo con clientes. La parte del plan de estudios que se centra más en la dirección y gestión de empresas hosteleras (restaurantes, hoteles) se reserva para la última etapa de formación, cuando el alumnado ya conoce las tareas, dificultades y responsabilidades de las personas y situaciones que tendrá que dirigir en su empresa. En esta última etapa se le presentan proyectos de creación de empresas hoteleras manejando programas informáticos reales, estudios de viabilididad ...que se convierten en realidad en algunos casos. Además, en verano los alumnos/as tendrán la posibilidad de hacer prácticas en hoteles de diferentes lugares y ejercitar lo aprendido en situaciones completamente reales.   

Las aulas donde tomarán contacto con la realidad incluyen aulas con excelente dotación: laboratorio de idiomas con cabinas individuales, aulas de cocina y cata, comedores y cafeterías, aulas de simulación de: recepción, hotel, y  en último año como parte de su proyecto un restaurante real que deben crear, gestionar y dirigir ....

Sus instalaciones deportivas, la cuidada jardinería de sus espacios exteriores, las habitaciones que también ofrece para la opción en régimen completo... hacen la estancia en este centro muy agradable. 

Los titulados/as tienen hasta el momento una buena inserción laboral, de hecho la media de edad de los actuales directores de hoteles está por debajo de los 30 años y la colocación tiene lugar en los 3 primeros meses. 

Si te interesa esta formación consulta con más detalle los siguientes enlaces donde podrás encontrar los planes de estudios, los precios de matrícula, las pruebas de acceso... Si además quieres visitar el centro por la semana o el fin de semana (ofrecen esta posibilidad una vez al mes) solicita tu visita individualizada.

ENLACES:   




jueves, 17 de marzo de 2011

Tetractis y Makiko con la leyenda de las 1000 grullas en Japón, ¿Te unes?


Todos sabéis que Japón está pasando una situación triste y dramática. Pero quizás no sepáis que existe una leyenda "La leyenda de las 1000 grullas" que nos cuenta que quién es capaz de hacer 1000 grullas de origami  recibirá el deseo de una de ellas. Esta leyenda es hoy día un símbolo de paz conocido en todo el mundo y por ello Tetractictis y Makiko quieren hacer lo posible para que esta leyenda se haga realidad y se cumpla el deseo de que Japón se recupere del terremoto y sus graves consecuencias.

Tectratis convoca al alumnado del centro IES Monelos así como a todos los que queramos unirnos, para llevar a cabo la misión de cumplir este deseo. También anima a ayudar a Makiko, una chica japonesa, que este fin de semana tiene como objetivo mandar a su país 1000 grullas gracias a la colaboración de todas las personas que se han solidarizado con su idea y están mandándole su grulla.

Si quieres difundir este mensaje de paz en nuestro centro haciendo 1000 grullas de papiroflexia o quieres ayudar a Makiko enviándole la tuya, consulta el enlace http://tetractismonelos.blogspot.com/2011/03/1000-grous.html, en él encontrarás la información necesaria para hacerlas y enviarlas.

Bonitos propósitos los de Makiko y Tectactis, por eso desde hoy formarán parte de la gente maja que anda por el mundo y tenemos que cuidar.



miércoles, 16 de marzo de 2011

Comeza a Semana das Profesións !!


                                      


O xoves 17 e a semana do 21 ao 25 de marzo teremos no centro unha chea de actividades que teñen como obxectivo que empecedes a pensar no voso futuro profesional. Como para decidir temos que coñecer as opcións e esto leva tempo, este ano no centro acordamos que para traballar a orientación profesional e axudarvos a definir metas persoais:
  • Todos os niveis de todas as etapas terían a posibilidade de visitar centros de formación ou recibir charla dalgún centro ou profesional no IES  
  • o profesorado vos falaría de profesións relacionadas coas materias que cursades
  • a orientadora realizaría sesións para axudarvos na toma de decisións
  • teriades sesións de orientación laboral coa orientadora laboral do Concello e coa Técnica de RRHH de AVANZA (4º, PCPI, adultos)

Con todo o que traballamos, conseguimos ofrecervos grazas á participación dos centros que enumero a continuación as seguintes charlas/visitas:  
                                                               
XOVES 17:
  • 1º BACH visita o campus de Santiago de Compostela e o Centro Superior de Hostalaría de Galicia, con parada no comedor universitario que algo haberá que comer
LUNS 21:
        • 4º ESO/PCPI/ESA visita o CIFP de Fene e o CIFP Rodolfo Ucha (Ferrol).
        MARTES 22: 
          • 1º ESO visitará a Escola de Artes Pablo Picasso
          • 3º ESO vai ao CIFP Anxel Casal (A Coruña) e despois a INEF
          • 2º ESO visitará o CIFP Someso (A Coruña) e,
          • 2º BACH terá unha charla da Universidade de A Coruña (UDC).
          MÉRCORES 23:
          • 4º, PCPI e adultos terán 2 sesións coa orientadora laboral do Concello de Mugardos e 2 sesións coa Técnica de RRHH de AVANZA. 
          • O alumnado interesado de 4º, PCPI, adultos e, 1º- 2º Bach terá 2 sesións informativas sobre o acceso á Garda Civil/Policía e Exército.

            Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración!!






            jueves, 10 de marzo de 2011

            AVISO: Cambio de data das probas de acceso a ciclos Grao Superior+ lugares de exame



            Hoxe publicaron no portal educativo o cambio da data das probas de acceso a Ciclos de Grao Superior, o exame será o 1 abril 2011.  

            No seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/Asignacion_centro_sede_CS_2011.pdf podes consulta o lugar no que tes que examinarte. Busca o centro no que fixeches a inscripción e encontrás o centro que che asignaron.

            miércoles, 9 de marzo de 2011

            Videojuego: Sound Walk




            ¿Te gusta la música, quiere comprobar si tienes ritmo? Entra en el siguiente enlace y podrás acceder al juego SOUND WALK. Realizarás un siniestro paseo musical en el que pondrás a prueba tus aptitudes musicales.
             
            http://jayisgames.com/games/the-sound-walk/

            martes, 8 de marzo de 2011

            C.S Audioloxía protésica


            Hoxe vos presento un ciclo superior que de novo soamente poderemos encontrar en Galicia, no CIFP Anxel Casal-Monte Alto de A Coruña. Trátase do CS de Audioloxía protésica que ten como obxectivo formar a titulados/as que terán como funcións básicas:
            • Seleccionar, adaptar e manter próteses auditivas
            • Realizar a avaliación audiolóxica e o seguimento da persoa usuaria
            • Determinar medidas de protección acústica

            Con este título poderás traballar en gabinetes audiolóxicos, en empresas que levan a cabo planes de protección do ruído ambiental e, na sanidade pública e privada. 

            Como poderás observar no folleto explicativo da familia de Sanidade, á que pertence este ciclo, estudarás módulos formativos relacionados coa electrónica (as próteses son elementos electrónicos), a prevención de ruído ambiental (elementos de protección sonora), atención á persoa hipoacúsica, comunicación verbal ...

            Na seguinte imaxe podes ver algúns dos elementos típicos dunha aula de Audioloxía Protésica e que che poden dar unha idea do que podes encontrarte no ciclo:


            Entre as peculiaridades do CIFP Anxel Casal, destaco: a colaboración coa Consellería de Sanidade en programas de detección de deficiencias auditivas, un proxecto iniciado hai uns anos polo profesorado para axudar a persoas que precisan de audiopróteses e non dispoñen de recursos suficientes (modifican e adaptan audífonos donados por outras persoas) e, a realización de cursos e xornadas de formación para profesionais do sector (os CIFP realizan formación para o emprego), un exemplo é a 1ª xornada técnica audioloxía protésica que organiza este mes de marzo:     http://www.edu.xunta.es/fp/files/CIFP/Eventos_CIFP/CIFPAnxelCasal_I_Xorn_tecn_audioloxiaprotes.pdf 

            O alumnado de 1º ESO terá a oportunidade na Semana das Profesións, concretamente o vindeiro 22 de marzo, de coñecer este ciclo cando visitemos o CIFP Anxel Casal (A Coruña).

            Para saber mais, CONSULTA os seguintes enlaces

            Felicidades chicas, hoy es nuestro día!



            Felicidades a todas las alumnas, madres, profesoras, amigas y compañeras que día a día colaboran para que la igualdad, la justicia y el desarrollo sean metas más cercanas. Y también felicidades a los alumnos, padres, profesores, amigos y compañeros que al igual que nosotras están comprometidos con este objetivo.  

            Felicitación especial para aquellos/as que luchan por los derechos de las mujeres en esos lugares del mundo donde ser mujer es una tortura.  

            ¡Felicidades, llevamos ya 100 años celebrándolo! 

            C.S Eficiencia energética y energía solar térmica



            La eficiencia energética es un tema que preocupa, por ello en Austria en 1988 se reunieron en la 1ª Conferencia Internacional expertos y líderes de 50 países para discutir estrategias que permitiesen afrontar la crisis energética (medios sostenibles, desarrollo de energías renovables...). Desde entonces, celebramos el día 5 de marzo el Día Mundial de la Eficiencia Energética y los gobiernos se aplican en diseñar planes de eficiencia energética. 

            Gracias a estas medidas y planes nos hemos familiarizado con las energías renovables, especialmente las que podemos utilizar en nuestros hogares (biomasa, solar térmica, geotermia). Otros ejemplos de que la eficiencia energética está presente en nuestra sociedad son: la instalación de placas solares en edificios de nueva construcción, la presencia de campañas publicitarias en los medios de comunicación para sensibilizar a la población, creación de títulos que permitan formar a técnicos que desarrollen objetivos relacionados con la eficiencia energética, medidas como la reducción del límite de velocidad en las autopistas para reducir el consumo de combustible...

            De todas estas medidas, hoy me voy a centrar en la que está relacionada con vuestro futuro laboral: la  reciente creación de la familia profesional "Energía y agua" y dentro de ella el Ciclo Superior "Eficiencia energética y energía solar térmica".   


            Este título LOE de 2000 horas (2 cursos), se ofrece hasta el momento en 3 localidades gallegas: Culleredo, Vigo y Lugo. Se trata como podéis ver de un ciclo nuevo, con salidas profesionales en expansión que, de momento, no está  masificado.

            Los/as Técnicos/as Superiores titulados en este ciclo tienen básicamente como funciones la instalación y mantenimiento de placas solares térmicas así como la certificación (auditorías, inspecciones...) de la eficiencia de instalaciones de energía y agua en edificios. 

            Para conocer los módulos de este ciclos y otros datos sobre su oferta, os aconsejo consultar el siguiente folleto: http://www.edu.xunta.es/fp/files/trit/10_11/Enerxia%20e%20auga.pdf

            También os facilito varios enlaces que reflejan la presencia de la eficiencia energética en nuestra sociedad: