martes, 31 de mayo de 2011

Probas de acceso a Ensinanzas Deportivas de Réxime Especial



Se queres cursar un Ciclo de Grao Medio ou Superior das Ensinanzas de Réxime especial relacionado cun deporte concreto, tes que presentarte a unha proba de acceso.

Terás que inscribirte no centro que imparte o ciclo, a data tope é o día 20 de xuño.

Se non dispós do acceso directo tes que realizar a proba de madureza que terá lugar no IES das Fontiñas, en Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican:
a) Grao medio. Proba de madureza: 2 de setembro, das 9:00 horas ás 13:00 horas.
–Lingua galega.
–Lingua castelá.
–Parte sociocultural.
–Parte científico-tecnolóxica.
b) Grao superior. Proba de madureza: 2 de setembro, das 9:00 horas ás 13:00 horas.
–Lingua galega e literatura.
–Lingua castelá e literatura.
–Lingua estranxeira (inglés / francés).
–Historia de España.
–Historia da filosofía.
–Ciencias para o mundo contemporáneo.
–Cidadanía e filosofía.

Tanto se tes o acceso directo como se tes que realizar a proba de madurez, hai que realizar unha proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos. Consulta as datas e lugares segundo o deporte que queiras cursar:

  • Na modalidade de baloncesto no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía, o día 5 de setembro das 9.00 ás 15.00 horas.
  • Na modalidade de fútbol sala terá lugar no IES das Lagoas en Ourense, o día 6 de setembro das 9.00 ás 15.00 horas.
  • Na modalidade de atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 7 de setembro das 9.00 ás 15.00 horas.
  • Na modalidade de fútbol terá lugar no IES Cruceiro Baleares en Culleredo, o día 8 de setembro das 9.00 ás 15.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra, o día 9 de setembro das 11.00 ás 15.00 horas.
  • Na modalidade de balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra, o día 9 de setembro das 9.00 ás 11.00 horas.
Debes consultar calquera posible variación sobre este calendario.

Mais información nos seguintes enlaces:
                                                                                                                                                                 

Listaxe provisional Acreditación de competencias profesionais



Podedes consultar a listaxe provisional de admitidos/excluídos ao procedemento de Acreditación no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion.htm


                                                                                                                                                               

III Olimpíada de Economía



O día 13 de xuño remata o prazo para inscribirse na III Olimpíada de Economía. 

A proba realizarase o día 18 de xuño ás 11:00 horas na Facultade de Economía e Empresa da Universidade de A Coruña.  

Os/as gañadores/as da fase local, ademais de recibir un notebook como premio, participarán na fase nacional da III Olimpiada de Economía, que terá lugar os días 30 de xuño e o 1 e 2 de xullo de 2011 na Facultade de Ciencias Xurídicas e  Económicas da Universidad Jaume I de Castellón (Valencia)  

Seguro que será unha experiencia enriquecedora, animádevos, ademais de momento hai poucos inscritos e polo tanto haberá mais posibilidades de gañar!



                                                                                                                                                                 

Benvida aos novos compañeiros/as




Pronto deixarán o seu centro de sempre, o CPI Conde Fenosa (Ares), e algún/ha seguro que deixará escapar algunha bágoa... Termina unha etapa e comeza outra (Bacharelato) chea de novos obxectivos e ilusións!. 

Como os comezos nos sitios novos deben ser agradables, este ano ademais de contarlles cousiñas do centro e ensinarlles as instalaciòns, fixemos os primeiros encontros e as primeiras presentacións.Tamén fixemos a primeira foto do que será o 1º curso de Bacharelato.

Que ben ter novas caras e comezar xuntos unha nova etapa, benvidos/as chicos/as!!

jueves, 26 de mayo de 2011

Parabens, Covadonga!



Na IV edición do concurso de matmonólogos do IES Monelos, Covadonga, a nosa directora acaba de ser gañadora na categoría de persoas maiores de 18 anos con "Liberad incógnitas". Parabens!!

Animamos a outros profes, alumnos/as e pais/nais a participar na seguinte edición e seguir deixando o listón ben alto.
  
Podedes consultar o seguinte enlace para coñecer os monólogos das edicións de este estupendo concurso no blog TETRACTIS DO IES MONELOS: 


                                                                                                                                                                 

miércoles, 25 de mayo de 2011

II Rastro Solidario pola Educación en Oldonyosambu (Tanzania)


Leticia Ogando nos presenta a nova edición do Rastro Solidario:


Como moitos xa sabedes, desde o curso pasado estamos a recaudar fondos para axudar na construción dun aula no colexio de Educación Secundaria Oldonyosambu de Tanzania. O diñeiro recollido no rastro do ano pasado alcanzou para mercar os ladrillos e as planchas para o tellado. Agora necesitan mercar o cemento e pagar a man de obra para completa-lo aula.

Con este obxectivo organízase o II Rastro Solidario, onde tanto os alumnos/as coma os profesores/as poden contribuír, de maneira voluntaria, aportando obxectos en bó estado (que xa non utilizamos e que outros poden aproveitar), para a súa venda no Rastro. Este estará organizado da seguinte maneira:

  • Tipo de materiais: libros, cds, dvds, xogos, bisutería, obxectos decorativos, roupa..., sen deterioro, e que non sexan moi voluminosos.
  • Os alumnos/as que desexen participar deberán entregar os obxectos a través das titorías, nas clases de Atención educativa e/ou relixión ata o luns 30 de maio. Durante esta semana os obxectos depositaranse na caixa correspondente a cada grupo, situadas na súa aula. Desta maneira búscase que tódolos grupos se motiven a ter algo.
  • O profesorado tamén poderá deixar as súas aportacións na caixa ubicada na sá de profes.

O Rastro Solidario terá lugar o Mércores 1 de Xuño, en horario lectivo (de 8:45 ata as 14:25h) na entrada do edificio.

Co fin de que o diñeiro chegue íntegro ao seu destino creouse unha asociación sen ánimo de lucro, “Iguais-Educación e cooperación”, abrendo unha conta en Barclays (0065-1092-40-0001028729) onde non nos cobran ningunha comisión polas transferencias.

Desde GPS ORIORI agradecemos a Leticia a proposta e coordinación desta iniciativa que nos permite axudar ás persoas mais desfavorecidas e aprender o valor da solidaridade. 
Tamén damos as grazas ao alumnado, familias e profesorado comprometido que colabora con esta causa.

                                              Moita grazas!

                                                                                               


martes, 24 de mayo de 2011

Premio Extraordinario Bacharelato



Se obtiveches unha nota media dos dous cursos do Bacharelato igual ou superior a 8,75 e queres obtar a un dos 20 Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2010-2011, deberás  solicitalo no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da data límite da avaliación final de segundo de bacharelato. No calendario xeral do curso 2010/2011, a CiUG establece o día 24 de maio como data límite da avaliación final. 

O que podes conseguir con este premio é:
  • 1.000 €
  • diploma acreditativo e distinción no expediente académico
  • posibilidade de concorrer ao correspondente premio nacional
  • gratuidade no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público

Para obtar ao premio debes superar unha proba.

Consulta toda a información en Premio extraordinario Bacharelato


AVISO URXENTE: CAMBIO PONDERACIÓNS PARA CERTAS TITULACIÓNS



O Ministerio de Educación publicou no BOE do 17 de maio de 2011 a Orde EDU/1247/2011, de 12 de maio, na que introduce modificacións na adscrición de materias da fase específica para o cálculo da nota de admisión. Esta modificación ten carácter transitorio e afecta ao alumnado que se presente á Proba de Acceso á Universidade nas convocatorias ordinaria ou extraordinaria de 2011.

As titulacións nas que se modifican os parámetros son Psicoloxía, Terapia Ocupacional, Óptica e optometría e Logopedia (ver enlace). Cambio ponderacións PAU 2010-11 


Comprobándose que hai alumnado afectado polo cambio de adscrición dalgún destos títulos despois de iniciar os estudos de bacharelato, de maneira transitoria permítese que na Proba de Acceso á Universidade nas convocatorias ordinaria ou extraordinaria de 2011, o alumnado poida examinarse na fase específica das materias de modalidade que desexe e que a súa cualificación sexa incorporada á nota de admisión, independentemente de que tales materias estean ou non adscritas á rama do coñecemento do título ao que queiran ser admitidos.


                                                                                                                                                               
                                                                                                                                                             

domingo, 22 de mayo de 2011

AVISO: MATRÍCULA NAS PROBAS ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU)



Recórdase ao alumnado de 2º Bacharelato que se presente ás PAU na convocatoria de xuño, que ten que realizar a matricula para estas probas no IES entre os días 25 e 27 de maio.

A documentación a presentar é a seguinte:
  • Fotocopia do DNI ou Pasaporte
  • Resgardo acreditativo de ter aboados os prezos públicos de matrícula ou, no seu caso, documentación que acredite a exención destes segundo o estipulado nesta convocatoria de matrícula
  • Impresos de prematrícula e matrícula na PAU: se deberán cubrir os datos persoais, académicos e de matrícula para a PAU. Utilizarase para isto unicamente o impreso oficial que se facilitará nos centros de ensino secundario, nos Lugares de Entrega e Recollida de Documentación (LERD) ou que se xerará a través da aplicación Nerta.
  • Fotocopia do Título de Bacharelato LOXSE/LOE ou, no seu caso, resgardo acreditativo de ter efectuado o depósito deste
  • Certificación expedida polo Centro onde consten as cualificacións dos dous cursos do Bacharelato.


NOTAS: 
1. No presente curso académico 2010-2011, a CIUG decidiu prescindir dos sobres de matrícula, así como das habituais Guías que proporcionaban información aos estudantes. Toda esta información estará recollida na Páxina Web da Ciug (http://ciug.cesga.es).
2. Na folla de matrícula (parte superior dereita) figura o “código de acceso de Nerta co  fin de que se  poidan realizar, na aplicación Nerta, as consultas e trámites que se precisen.






                                                                                                                                                                 

Jóvenes Investigadores 2011


Si te gusta la investigación y tienes entre 15 y 21 años, consulta los enlaces de la convocatoria:


                                                                                                                                                                 

miércoles, 18 de mayo de 2011

Amor, amor

Hai tempo que non falamos de amor, nin de igualdade...

Vos deixo unha curta que rompe con estereotipos na parella, xa me diredes se vos gusta



e outra curta que nos recorda a parte mais tráxica do machismo

   

martes, 17 de mayo de 2011

Opcións ao finalizar 3º ESO


Se estás en 3º ESO, deberías consultar o seguinte caderno coas opcións que tes ao finalizar o curso e ter en conta as orientacións que se vos indica. Lede con atención, as decisións que tomedes este curso son moi importantes.

Se o precisas, o documento ten a opción de imprimir unha copia. 

Recorda que estou para axudarte, non dubides en preguntarme as cuestións que teñas!




                                                                                                                                                                                      

O IES Mugardos na Feira Matemática 2011

O IES MUGARDOS 
INVÍTACHE Á
"V EDICIÓN 
FEIRA MATEMÁTICA"




O sábado 21 de maio terá lugar a V edición da Feira Matemática para celebrar o Día das Matemáticas.

Celebrarase no PALEXCO de A Coruña  (ao carón do Porto) desde as 11:00 ata as 19:00 horas.

As actividades están dirixidas ao público de todas as idades polo que podedes animar aos pequeniños de infantil, irmáns maiores, avós/avoas, amiguetes... Haberá concursos, postos dos centros educativos participantes con actividades superinteresantes e divertidas, premios, conferencias, contacontos, monólogos, bingos matemáticos...

Os que participedes, recibiredes AGAPEMOS (moeda da feira matemática) que logo poderedes intercambiar por regalos ata que estos se agoten!!   

No seguinte enlace podedes consultar o programa coas actividades e o seu horario:

Na Feira, na que participan unha chea de centros, encontraredes dous stands do noso centro atendidos polos seguintes alumnos/as e profes/as que vos ensinarán cousas moi interesantes:

Sara Vázquez Rumbo
1º ESO
Marta Pérez Rey
1º ESO
Mercedes Pereira Rodríguez
1º ESO
Carla Vila Rañales
1º ESO
Almudena Vila Rañales
1º ESO
Raquel Fernández Mesías
1º ESO
Inés Díaz Rodríguez
1º ESO
Javier Maceiras Silvar
2º ESO
Iria Regueiro Cruz
2º ESO
Pablo Pérez Rey
2º ESO
Sergio Vila Plana
2º ESO
Paula Filgueira Cerviño
2º ESO
Pablo Berciano Allegue
2º ESO
Sara Silvar Gómez
3º ESO
Andrea Pérez Díaz
4º ESO
Goretti Arias Ferreiro
4º ESO
Adrián Fernández Fernández
5º Primaria
Iago Rodríguez-Moldes Varela
5º Primaria
Total:   18 alumnos/as
Juan Carlos González Paz
Profesor de Física e Química
Carmen Bernabeu García
Profesor de Física e Química
José Luis Mayobre Antón
Profesor de Matemáticas
Covadonga Rodríguez-Moldes
Profesora de Matemáticas
María Martínez Rodríguez
Profesora de Matemáticas
José Barcia Díaz
Profesor de Tecnoloxía
Total:   6 profesores/as



                                                                                                                                                                 

sábado, 14 de mayo de 2011

Probas de Clasificación EOI Ferrol e Sección Cedeira


A continuación, vos facilitamos a información facilitada polo EOI de Ferrol sobre as Probas de Clasificación:


MATRICULA NAS PROBAS no EOI Ferrol e Sección Cedeira 
  • Desde o mércores 18 de maio ata o 8 de xuño.


OBXECTIVO DAS PROBAS 
  • Identificar o nivel de dominio no idioma das persoas que desexen matricularse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia nun nivel superior ao 1º curso de nivel básico.


DESTINATARIOS/AS
  • Pode matricularse: o novo alumnado presencial e o antigo alumnado que non estivera cursando estas ensinanzas nos 2 últimos cursos académicos na modalidade presencial.                O alumnado debe cumprir ademais o seguinte requisito de idade: ter dezaseis anos cumpridos no ano 2011, se se trata do primeiro idioma cursado no ensino secundario obrigatorio, e catorce anos de non ser así.
  •  Non pode matricularse: o alumnado con matrícula oficial presencial dos cursos 2009-2010 e 2010-2011. 

VALIDEZ DAS PROBAS
  • Os resultados da proba manterán a súa validez durante dous cursos académicos en calquera das escolas oficiais de Galicia. 


PREINSCRICIÓN E INCORPORACIÓN AO CURSO  
  • Unha vez se publique o resultado das probas, o alumnado poderá realizar a correspondente preincripción no curso e nivel segundo o resultado das mesmas.
  • A incorporación ao curso que corresponda estará supeditada á dispoñibilidade de prazas na EOI.
  • A incorporación, tras a realización da proba de clasificación, a un curso superior ao primeiro de nivel básico non é equivalente á avaliación positiva dos cursos inferiores.


CALENDARIO DE REALIZACIÓN DA PROBAS DE CLASIFICACIÓN  
  • Alemán 14 de xuño 16.00
  • Francés 16 de xuño 16.00
  • Galego 16 de xuño 10.00
  • Inglés 15 de xuño 16.00
  • Italiano 15 de xuño 10.00
  • Portugués 13 de xuño 16.00. Na EOI de Ferrol só se poderá acceder como máximo a 1º de avanzado de portugués.

MAIS INFORMACIÓN
                                                                                                                                                                           

Repetición no Bacharelato

Atendendo ás dúbidas sobre a repetición no Bacharelato, vos sinalo a información e a lexislación de referencia a manexar:

Repetición de 1º curso

Orde 28 xullo de 2009:
  1. O alumnado que suspenda mais de 2 materias, cursará de novo o curso completo e será cualificado en todas as materias. 
  2. Sen prexuízo do anterior o equipo docente, atendendo ás circunstancias persoais e académicas do alumnado, poderá decidir que o alumnado con 3 ou 4 materias con avaliación negativa no 1º curso de Bach manteña a cualificación obtida naquelas materias que xa foron cursadas e superadas.
Repetición de 2º curso

Orde 24 de xuño de 2008:
  1. O alumnado que, ao finalizar o 2º curso, teña avaliación negativa nalgunha materia, poderá matricularse destas sen necesidade de cursar de novo as materias superadas.   



                                                                                                                                                           

miércoles, 11 de mayo de 2011

Probas para a obtención do Graduado en Educación Secundaria (maiores 18 anos)

A continuación, incluimos os puntos mais destacados da convocatoria deste ano, debes consultar igualmente o enlace con toda a información sobre a convocatoria en: http://www.edu.xunta.es/web/node/2559


Condicións:
  • Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
  • Non estar matriculado/a de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, educación secundaria para persoas adultas, nivel II, nas modalidades presencial ou a distancia, ou de estalo presentar ante a dirección do centro a renuncia ao dereito a seren avaliadas pola matrícula oficial. A renuncia realizarase con anterioridade á presentación da solicitude de matrícula nas probas libres, xuntando copia da devandita renuncia á solicitude. O incumprimento deste requisito implica a perda do dereito á avaliación nas probas libres.

Contidos da proba:
  • Ámbito da comunicación: exercicios das materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira.
  • Ámbito científico-tecnolóxico: exercicios das materias de matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía, e aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da educación física.
  • Ámbito social: exercicios das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e aspectos da percepción correspondentes ás materias de educación plástica e visual, e música.

Datas matrícula:
  • Proba de xuño: 16 ao 27 de maio, ambos os dous incluídos. Os non aptos na convocatoria en xuño, se entende que quedan matriculados para setembro 
  • Proba de setembro: o 1 e o 2 de setembro, ambos os dous incluídos.
 
Lugares de exame:

Provincia de A Coruña
  • Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Riveiro, 3, A Coruña.
  • Centro EPA de Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns, s/n, Ferrol.
  • IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, Santiago de Compostela.
Resto de provincias: consultar o enlace da convocatoria


Datas de exame:
  • 14 de xuño
  • 9 de setembro

A proba será en horario de mañá e tarde. Conslutar enlace


Documentos a presentar ao exame:
  • DNI
  • Folla de inscrición

Inscrición  
  • Folla de inscrición da convocatoria.
  • Entrega nun único centro dos que se indican como lugar de celebración da proba. 

Exencións de partes da proba e da lingua galega
Consultar táboas da convocatoria

martes, 10 de mayo de 2011

Avaliación Diagnóstica 2011




Mañá, mércores 11 de maio, e o xoves 12, o alumnado de 2º ESO realizará a proba deseñada pola Consellería de educación para valorar o grao de consecución das seguintes competencias:
  • matemática
  • lingüística 
  • coñecemento e interacción co mundo  físico (novidade respecto o curso pasado)  

A proba consta de 3 partes e  se completa coa cumplimentación de dous caderniños: un para o alumnado e outro para as familias.

As probas son anónimas e serán correxidas por profesorado do centro que preferentemente non dea clase ao alumnado de 2º. Os resultados cargaránse nunha aplicación informática que permitirá á Consellería ofrecer datos sobre o nivel de adquisición das competencias do alumnado galego e do alumnado de Mugardos. En ningún caso, se facilitarán datos individuais.

Mais información: Resolución do 3 de decembro de 2010, DOG 14 decembro 2010.                                                        
                                                                                                                                                                     

                                                                                                                                                                     

Instrucións da CIUG sobre as PAU e o acceso á Universidade



Déixovos as instrucións que a CIUG publicou na súa web: 

NOTAS:
  1. O alumnado matriculado en 2º Bach ten que consultar no enlace Convocatoria PAU o punto de Matrícula Ordinaria
  2. aplicación NERTA vos permite:
  •  consultar datos:
        - persoais e académicos dos estudos de acceso
        - matrícula e cualificacións PAU
        - admisión en titulacións universitarias con límite de prazas
  • cubrir instancias/formularios: 
         - matrícula na PAU
         - reclamación e 2ª corrección de cualificacións da PAU
         - admisión en ensinanzas universitarias con límite de prazas
   3. Lugares e aplicacións informáticas para a Preinscrición e Matrícula nos Graos do SUG:
  • os trámites para a preinscrición se poderán realizar na aplicación NERTA ou presencialmente nos LERDs
  • a preinscrición permite solicitar ata 5 ensinanzas universitarias diferentes, cun máximo de 10 peticións no caso de ensinazas universitarias autorizadas en máis dun centro. 
  • a matrícula formalizarase nas webs das universidades ou nos lugares que se designen:
          -universidade de A Coruña: na web http://www.udc.es/matricula ou, de forma presencial nos centros 
           donde se imparten as ensinanzas universitarias
          -universidade de Santiago de Compostela: na web  http://matricula.usc.es/ ou, de forma presencial 
           nas unidades de xestión académica
          -universidade de Vigo: na web https://matricula.uvigo.es/ ou, de forma presencial nos centros 
           donde se imparten as ensinanzas universitarias