sábado, 30 de abril de 2011

Con cariño para Natalia



Hoy ha sido un día triste porque Natalia, nuestra mediadora más veterana, está pasando por un momento complicado.

Todo el centro, compañeros/as, profesorado y personal no docente estamos contigo y con tu familia.

Estás en nuestro pensamiento, ¡mucha fuerza y todo nuestro cariño, Natalia! ¡¡Esperamos verte bien pronto!!.




                                                                                                                                                                   

viernes, 29 de abril de 2011

Nuestras estrellas



Despois da actuación e xa cos nervos mais calmados, había que inmortalizar nunha foto a satisfacción do traballo ben feito.

Quen sabe se os/as vosos/as fans gardarán esta foto nas súas carpetas e suspirarán unha e outra vez por vos!!. E quen sabe, igual tendes que adicar os recreos a firmar autógrafos!


Parabens a todos/as!! Estivechedes moi, moi ben!!

Convocatoria de sesión académico profesional para familias de 2º Bacharelato




O luns 2 de maio a orientadora informará ás familias do alumnado de 2º Bacharelato sobre as opcións ao finalizar o curso, completando así a información que durante o curso se facilitou ao alumnado e que tamén se pode encontrar neste blog (ver etiquetas: "Opcións e Decisións" e "De profesión..." e, os enlaces da barra da dereita).

A sesión terá lugar entre as 16.00 - 17:30 horas no salón de actos.

Vémonos!!   





jueves, 28 de abril de 2011

¿Tes talento nas matemáticas?



Se tes 12-13 anos e o teu son as matemáticas, ínscríbite nas actividades que ESTALMAT 2011 organiza nos cursos 2011-12 e 2012-13.

Para poder optar a estas actividades se convoca un proceso de inscrición que consta de 2 fases:
  • Proba de aptitude. Terá lugar o sábado 28 de maio, ás 10 horas na Facultade de Matemáticas da USC. Consistirá na resolución dunha colección de problemas.
  • Entrevista persoal
Se eres seleccionado/a poderás optar ao programa de actividades donde poderás compartir experiencias con rapaces/zas de toda Galicia que teñen talento coas matemáticas. As actividades que inclúen son:
  • Sesións de formación matemática: 3 horas á semana durante as mañás dos sábados (20 sesións) donde se traballan contidos que habitualmente quedan fora das programacións de matemáticas na ESO   
  • Outras actividades: xornadas virtuais, concursos, conferencias...

Para inscribirte, cumprimenta o  formulario que encontrarás en http://www.estalmatgalicia.com/ antes das 24 horas do 24 de maio de 2011.  

Por último, comentar que na organización deste Proxecto colabora a Real Academia de Ciencia Exactas, Física e Naturais e a Facultade de Matemáticas da USC, co apoio económico da Fundación Vodafone-España, as Deputacións de Coruña e Lugo, o Proxecto I-MATH ingenio Mathematica e o Consello Superior de Investigacions Científicas (CSIC). No IES contamos con Covadonga que colabora no Proxecto, podedes solicitarlle mais información se o precisades.




miércoles, 27 de abril de 2011




"Esto es Troya" te espera mañana jueves 28 abril a las 16:00 horas en el IES Calvo Sotelo de A Coruña.
La entrada es gratuita, ¡aprovecha la ocasión antes de que salten a la fama!.

El ANPA pone a disposición del alumnado un bus para apoyar a los compañeros de Bachillerato que interpretan la obra.

No faltes, apoyemos todos/as juntos a "Esto es Troya" con nuestro presencia y nuestros aplausos.

lunes, 25 de abril de 2011

Guía Sistema Universitario de Galicia 2011




Accede á nova Guía do Sistema Universitario Galego (S.U.G) no seguinte ENLACE:                                    http://www.edu.xunta.es/web/node/2416




                                                                                                                                                                                                    

miércoles, 20 de abril de 2011

Listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso a Ciclos Grao Superior




Podes consultar no seguinte enlace a listaxe provisional das cualificacións das probas de acceso aos ciclos de grao superior:
http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/listaxes/gs_listaxe_provisional_cualificacions.pdf

  • Datas de reclamación: 19,20 e 25 abril. 
  • Lugar: centro de inscrición
  • Modelo de reclamación en www.edu.xunta.es/fp






domingo, 17 de abril de 2011

¡Si no sabes qué estudiar, apúntate a un Campus Científico de verano!



Si estás cursando 4º ESO o 1º Bachillerato Científico puedes solicitar plaza en alguno de los Campus Científicos que el MEC ofrece durante el verano.

  • Finalidad de los Campus 
-incentivar el acceso de los estudiantes a titulaciones científico-técnicas y consolidar las vocaciones en estos ámbitos (os ayudará a tomar decisiones)
-concebir el conocimiento científico como un saber integrado que se estructura en distintas áreas científicas, y aplicarlo en la resolución de problemas en diversos campos de la investigación científica y de la innovación
-transmitir la experiencia científica directa, así como los valores, fundamentos y procesos metodológicos de la ciencia
-conectar la vida no universitaria y la universitaria,
-potenciar la convivencia entre estudiantes de distintas comunidades

  • Que cubre la ayuda
Gastos de matrícula en el curso, materiales, actividades complementarias, alojamiento, asistencia de monitores, manutención, seguro de accidentes y responsabilidad civil durante el desarrollo de los Campus.
El traslado lugar de origen-Campus asignado no se cubre.

  • Condiciones
-Cursar 4º ESO o 1º Bacharelato
-Haber nacido con posterioridad al 31 de diciembre de 1.993
-Tener una nota media en el curso escolar 2009-2010 igual o superior a 7,5 puntos
-Superar una prueba de conocimientos de respuesta alternativa que se realizará a través de Internet.

  • Fechas y Campus
Los Campus se desarrollarán del 3 al 30 de julio de 2011 en dos turnos de 14 días de duración cada uno en las siguientes universidades: Almería, Autónoma de Madrid, Barcelona, Cantabria, Carlos III, Complutense de Madrid, Granada, Las Palmas, Murcia, Oviedo, País Vasco, Politécnica de Cataluña, Politécnica de Madrid, Rovira i Virgili, Salamanca, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia, Vigo y Zaragoza.

  • Fecha tope de inscripción

13 mayo 2011

  • Inscripción 
  • Documentación
-Autorización de la participación del solicitante en el presente proceso de selección debidamente firmada por el padre, madre o tutor del mismo, conteniendo la declaración de que éstos conocen y aceptan las bases de la convocatoria, con pleno sometimiento a las normas establecidas por la organización del campus.
-Declaración responsable de la Dirección del centro garantizando que el estudiante realizará la prueba de conocimientos en el mismo y bajo la supervisión de un docente.
-Certificación académica, expedida por la Secretaría del centro docente donde el solicitante realizó sus estudios en el curso 2009-2010.

  • Más información

www.campuscientificos.es





CreArte 2011



Xa está aberto o prazo de inscrición para CREARTE 2011 que convoca o MEC. Este concurso ten diferentes modalidades:
  • Teatro
  • Música
  • Literatura
  • Fotografía
  • Artes Plásticas
  • Audiovisuais

A finalidade do mesmo é premiar aos centros que:
  •  promovan a actividade creadora do alumnado 
  • promovan o estímulo das capacidades creativas e de innovación aplicadas ao proceso de aprendizaxe.
  • eduquen aos estudantes no respecto aos dereitos de autor

Na modalidade D na que podemos participar (dirixida a alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos) otorgaránse 10 premios de 24.000 euros. En tempos de crise todas as axudas veñen ben!

Os centros temos ata o 30 de agosto para solicitar a nosa participación. 
  




Axudas ás Federacións, Confederacións de pais/nais e ás ANPAs dos C.E.E.


Podedes consultar no seguinte enlace a Convocatoria de axudas ás Federacións e Confederacións de ANPAs publicada no D.O.G:

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/dc4ebc53908a3dbec125786a004a32b3/$FILE/06900D009P014.PDF

En tempos de crise todas as axudas son necesarias.

domingo, 10 de abril de 2011

En Semana Santa, escápate por Galicia !!


Nin hai que gastar moitos cartos, nin hai que viaxar fora para divertirse nestas vacacións!!.

Os/as que decidades quedar por aquí, atoparedes en  http://www.turgalicia.es/ unha chea de opcións para ver, visitar, facer ...entre as que están:


E se queres facer reserva, buscar donde aloxarte ou donde comer, consultar que transporte podes utilizar, que festas hai..., TURGALICIA tamén é o sitio!!



sábado, 9 de abril de 2011

Todo el mundo con "Esto es Troya"



El jueves 28 de abril (a la vuelta de Semana Santa) tendremos la oportunidad de presenciar el ESTRENO MUNDIAL DE "ESTO ES TROYA" en el IES Calvo Sotelo de A Coruña a las 16.00 horas.

Olga Cabalar, profe de música, dirige la obra "Esto es Troya" que representará al IES Mugardos en el "XIV Certamen de Teatro Escolar y Aficionado Candilejas Don Bosco 2011" y que interpretarán nuestros alumnos/a de:

1º Bach A:
  • Bárbara Corbeira
  • Marta Díaz
  • Rosa Eiroa
  • Beatriz Gamallo
  • Cristina Gamallo
  • Alexandra Kuntz
  • Anais Prieto
  • José Rodríguez-Moldes
  • Iago Romero
  • Pilar Silvar
  • Abraham Vazquez
  • Irimia Vila
1º Bach B:
  • Silvia Filgueira
  • Dway García
  • Alejandro Hugo López
  
¡Qué no te lo cuenten, alumnos/as, profes y padres/madres todos juntos con "Esto es Troya" el 28 de abril! Entrada gratuita.




jueves, 7 de abril de 2011

Proxecto ANOCA: APRENDER NO CÁRCERE



Onte Andy e César e os seus profes Juan Luis e Susana, do Proxecto ANOCA (Aprender NO CÁrcere), visitáronnos para contarnos un pouquiño das súas vidas, e darnos a coñecer de primeira man a difícil situación das persoas que están privadas de liberdade e os feitos e situacións que poden levar a unha persoa a prisión. 

Sorprendeume Cesar cando nos contaba que aos seus coarenta e tantos estudaba 4º ESO mentras empregaba unha linguaxe culta extraordinariamente coidada e transmitía reflexións moi profundas da súa vida en particular e da vida dunha persoa con adición ás drogas en xeral. Penso que a súa intelixencia e cultura están demostradas, sei que chegará lonxe nos seus estudos. Das súas reflexións quédome con varias puntos que ademais eu comparto ao 100% e que sempre que podo tamén transmito aos meus alumnos/as:

  • a definición excelente de autonomía e independencia que nos permitirá ter claros os límites e decidir por nós mesmos
  •  a importancia dos estudos (no seu caso a decisión de deixar de estudar marcou o momento no que a súa vida foi costa abaixo)
  • a empatía que demostrou ao reflexionar sobre a situación das persoas que están no seu contorno e que viven a situación de ver como se destrúe a persoa que queren a pesar dos esforzos para que abandonen as drogas
  • a transformación da persoa drogodependente que se volve egocéntrica, mentirosa, manipuladora e cun único obxectivo común a todos os días: conseguir droga  
  •  as fases polas que pasan as persoas dependentes a unha sustancia (tolerancia, adicción e abstinencia) e as emocións que xurden en cada unha delas (sentir euforia e pracer para despois sufrir sempre).
  • as secuelas físicas e as psicolóxicas, sociais...   
  • a dificultade para desengancharse ( ti decides ao principio probar ou non a droga, despois ela decide por ti), o diñeiro que se precisa para "manter " á coca (600 EUROS DIARIOS), e a inevitable consecuencia de delinquir para poder comprala
  • as razóns que poden parar a unha persoa drogodepente no seu afán de conseguir a droga: a garda civil, o agotamento físico por introducir doses altas ou, que o corazón deixe de latexar
  • os mecanismos para iniciarse: a imitación, sobre todo dos maiores e do grupo de amigos
  • o recordo da Xeración Perdida e as voces que xa non se escoitan dos amigos/as que comezaron xunto a el coas drogas. Recoméndovos ver o Documental MAREA BLANCA donde se fala desta Xeración e da Droga en Galicia e, ler "La agenda de  los amigos muertos"     
               


Estou segura que me deixo un montón de reflexións e experiencias interesantes, en Comentarios podedes recordarmos e deixar as vosas opinións.

E que dicir de Andy que nos trasmitiu con tanta emoción:

  • a importancia da familia e a procura da felicidade dos nosos e dun mesmo
  • a "ceguera" que observa no noso país cando non valoramos as oportunidades das que dispomos  e non aproveitamos o que se nos ofrece para mellorar na vida: educación de calidade e respetuosa, oportunidades sociais, laborais...
  • a obrigatoriedade de pensar nas consecuencias antes de actuar e de ser conscientes que hai situacións (pelexas) con consecuencias impredicibles que poden condicionar a nosa vida (ingreso en prisión)
  • que todo o que se fai sexa con boa ou mala intención, de ser contrario á lei, pesa e contribúe a que a resposta legal ás nosas accións sexan mais ou menos contundentes (Andy tiña 2 antecedentes penais antes da pelexa que trouxo como consecuencia o seu ingreso en prisión) 
  • a importancia de separarse dos problemas e das persoas que nos poden compricar a vida 
  • a necesidade de convivir con todo tipo de xente, respectar as normas, respectar ás mulleres, aos pais e nais...incluso á xente que vive ao marxe das normas sociais

Andy ademais nos contou como era a educación, as familias e a problemática de moitos xoves de Africa, nos demostrou que a NECESIDADE fai avanzar as persoas e que en pouco tempo podemos aprender un idioma e dar unha charla, aprender un oficio, ...Toda unha lección a que nos deu Andy!! Aprendamos da súa dura experiencia e VALOREMOS O QUE TEMOS ASÍ COMO ÁS PERSOAS QUE SE PREOCUPAN POR NÓS.

MOITAS, MOITAS GRAZAS ANDY E CESAR, a vosa charla calou moito entre o alumnado e o profesorado!! Grazas tamén ao profesorado de ANOCA por facer posible esta experiencia e acercarnos esta realidade ás aulas, gracias JUAN LUIS, gracias SUSANA.          
     
Quero destacar o SILENCIO TAN RESPETUOSO DO ALUMNADO, os ollos como pratos, os aplausos sinceros, os comentarios e as preguntas do alumnado e do profesorado e, as valoracións dentro das aulas...  GRACIAS!!

Por último, recórdovos que podedes comentar neste blog e no blog do PROXECTO ANOCA o que desexedes, xa sabedes o importante que é para as persoas contar con comentarios positivos e con reflexións doutras persoas...
ENLACE: http://proxectoanoca.blogspot.com/search/label/Mugardos%2010-11

sábado, 2 de abril de 2011

Verano a tope (18 a 35 anos) !!












Estamos en crise, vale, pero temos unha chea de ofertas superinteresantes que a un prezo reducido un/ha pode facer este verano...sempre que se teña entre 18 e 35 anos!

Se che gusta coñecer xente de diferentes idades e de diferentes comunidades autónomas e che gusta a aventura e o deporte, a multiaventura, as rutas en Kaiak, navegar en embarcacións tradicionais ou en outro tipo de embarcacións ou coñecer a fondo As Cíes, consulta o seguinte enlace de Xuventude donde poderás saber a oferta concreta, os prezos,os prazos,...

Tamén te aconsello ver os seguintes videos donde se conta as experiencias de mozos/as e monitores/as que participaron o verán pasado:

  • Singladura ás Cíes
http://www.youtube.com/watch?v=NqaiW_dW1ZE&feature=player_embedded
  • Rutas en Kaiak
http://www.youtube.com/watch?v=NIXPXLzyiFk&feature=player_embedded
  • Navegación tradicional: 
http://www.youtube.com/watch?v=_d3y5N23PMo&feature=player_embedded




    Música, alcol, velocidade ..."flores en la carretera"

    Hai un tempo vos contei que Jabón Blue, grupo galego que algúns xa coñeciades, xunto co actor tamén galego Manquiña, eran os autores dun video musical que forma parte da campaña "LIBRE"

    Hoxe vos deixo o seu video, estou segura que a moitos/as vos gustará.


    Xa estamos preto dun período vacacional donde desgraciadamente se producen moitos accidentes que enchen de "flores a carretera", sería unha boa idea que pais/nais, profesorado (sobre todo o que conduce todos os días desde diferentes partes de Galicia para chegar ao seu posto de traballo) e os/as que xa conducides moto ou coche, tivésemos na nosa radio esta canción e a canturreásemos de vez en cando para recordar a súa mensaxe.

    Por último, vos deixo enlace de videos con mensaxes de xente da música e o deporte que colabora coa campaña "LIBRE" (libre de alcol, libre de preocupacións):
    • Alberto Meira
    http://www.youtube.com/watch?feature=player_profilepage&v=IY6RLRasYr0
    • Rosa Cedrón:
     http://www.youtube.com/watch?v=3Rtaz86yXQU

    As flores, nos xardíns!!!




    "De aquí no pasas"


    Porque no te conozco de nada, porque no nací ayer, porque tus historias no me impresionan... porque sé cuidarme en la red DE AQUÍ NO PASAS!

    "De aquí no pasas" es una iniciativa de Save the Childrens en colaboración con el Ministerio de Sanidad y polítca social que tiene como objetivo advertir a los/as adolescentes y padres/madres de los riesgos del uso de las redes sociales.

    Incluye guías para padres/madres e hijos/as, explica lo que hay que tener en cuenta en cada red social para no meterse en problemas, e informa sobre direcciones para formalizar denuncia.

    Opcións 2º Bacharelato: "Chegando á meta"



    Chicos/as xa queda menos para acabar esta etapa e para que emprendades unha nova que seguro será estupenda!

     Para axudarvos na toma de decisións que deberedes realizar ao chegar á próxima meta (Bachiller), vos facilito a presentación que empreguei na Semana das Profesións para explicarvos as opcións. Espero que xunto á explicación de Salvador Naya da UDC, a presentación das PAU de xaneiro que tamén colguei no blog e os enlaces da barra da esquerda, vos sirva de axuda.

    Vos seguirei recibindo no departamento durante os recreos para asesorarvos e informarvos sobre o que precisedes e para darvos ánimos cando o precisedes. Ánimo!

    Opcións 1º Bacharelato "A medio camiño"

    A semana pasada, dentro da Semana das Profesións, o alumnado de 1º Bacharelato tivechedes unha xornada informativa donde se detallaron as opcións que aparecen na seguinte presentación.

    Seguide acudindo ao Departamento para consultar as dúbidas individuais que teñades, os meus recreos son para asesorarvos.

    A continuación, vos deixo a presentación para que poidades consultala de novo:

    viernes, 1 de abril de 2011

    Torre de Babel


    para coñecer as condicións, proceso de inscrición e tipos de axudas da Consellería para aprender idiomas. 

    As axudas están dirixidas ao alumnado de todos os cursos da ESO e Bacaharelato.

    Aproveita a experiencia, será de moita axuda para preparar a proba oral das PAU (Probas de Acceso á Universidade) que comeza o ano que ven e, sobre todo, para mellorar a túa aprendizaxe. Tes de prazo ata o 11 ABRIL.