martes, 28 de junio de 2011

Gratuidade libros de texto



Para consultar as axudas, condicións, prazos... preme no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadelibrosdetexto%20




                                                                                                                   

lunes, 27 de junio de 2011

Becas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo





Ata o 22 de xullo pódese solicitar beca para:
  • Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave de conduta incluíndo ao con TDAH (trastorno déficit de atención e hiperactividade) que necesite atención educativa específica.
  • Subsidios por necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas.
  • Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidad específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.


Mais información e solicitude no enlace:

becas alumnado con n.e.a.e.





                                                                               

domingo, 26 de junio de 2011

Mapas Interactivos



Imos a inagurar unha nova sección con recursos que vos permitan reforzar algunhas materias. Podedes empregalos para comezar a preparar os exames de setembro. Tentaremos que sexan prácticos, diferentes, divertidos e interactivos, a ver se o conseguimos, xa nos diredes!

O primeiro vai ser un programa de mapas interactivos para mellorar o coñecemento dos mapas físicos e políticos. Se realizas os puzzles interactivos podes superar a túa puntuación día a día e en setembro ter unha boa nota:

MAPAS INTERACTIVOS


                                                                                   

Listado definitivo admitid@s probas de acceso Arte Dramático



Preparad@s para facer a proba que vos permite acceder ao Grao en Arte Dramático? Pois, primero consultade se estades admitid@s no seguinte enlace:




Listados provisionais admitid@s probas de acceso aos Graos Superiores de Artes plásticas e Deseño



Podes consultar no seguinte enlace o listado provisional de admitid@s:




                                                                                  


                                                                                                           

sábado, 25 de junio de 2011

Profes excelentes, o que fan cando non están na aula: Plan de mellora de Bibliotecas




Cando os profes non están nas aulas, realizan tarefas que moitos descoñecen... Deseñar actividades, buscar recursos, enriquecernos e aprender das lecturas de autores/as ou de experiencias doutros profesionais, realizar e correxir exames, pasar faltas, chamar ás familias, coordinarse cos profes da mesma materia, cubrir actas, realizar cursos de formación, organizar saídas, participar/coordinar grupos de traballo... son algunhas.

E todo esto para que..? Pois para progresar na procura da excelencia e facer deste centro, un centro mellor. 

Nesta andaina, os profes de Linguas: Chelo, Serafín, Begoña, Errose, Maite, e a dire: Covadonga, que sempre se apunta a todo, realizaron un proxecto de Mellora da Biblioteca, que deu moito traballo e tivo que ser realizado no prazo dun mes. A finalidade do proxecto era realizar propostas de mellora e que a Consellería as aprobase e nos dotase economicamente para levalas a cabo. Soamente algúns centros dos que se presentan a este proxecto son escollidos pero, tiñamos moita confianza e ilusión en conseguilo este ano. 

O resultado é que o traballo ben feito sempre ten recompensa e que grazas ao seu traballo todos imos desfrutar das melloras da biblio, a dotación é de 7.300 euros!!!


Moitas grazas polo voso esforzo e adicación, tod@s vos estamos moi agradecid@s, grazas por ser PROFES EXCELENTES!!  






miércoles, 22 de junio de 2011

Parabens aos gañadores do I Concurso Incubadora de Sondaxes e experimentos

                                       ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more


Cando falamos de excelencia académica referímonos ao alumnado que ten ganas de aprender, que se ilusiona cos retos, que adica tempo e esforzo con cada traballo, que participa no que se lle propón e tenta facelo seguindo criterios de excelencia, e dicir, non só quere facer cousas senón que quere facelas moi ben...

Cando falamos de excelencia matemática no IES Mugardos temos que falar do seguinte alumnado de 2º ESO (por orde alfabético):

  • Verónica González Regueiro 
  • Andrés Novoa Menaya
  • Carlos Rodeiro Mauriz
  • Carmen Sanmartín Fero
  • Sergio Vila Plana
e por suposto dos profes que animaron e guiaron ao alumnado na consecución da excelencia, en especial de María Angel Martínez que fixo que este grupo de "excelentes" lograra quedar gañador na 1ª edición do I concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO.

Ver enlace: SGAPEIO. ACTA GAÑADORES INCUBADORA

O día 30 en Santiago, darán a coñecer o seu traballo. Pais, nais, profes e compañeiros/as  vos animamos a deixar a tod@s coa boca aberta, co voso traballo, a vosa naturalidade e a vosa ilusión. Sabemos que o faredes  moi ben. Ánimo!!  

Tamén quero mencionar ao grupo que participaba neste concurso na categoría de Bacharelatos/Ciclos formado polos seguintes alumn@s de 1º Bacharelato: Bernardo, Eduardo, Emily e Wendy e "capitaneado" por José Luis Mayobre, porque aínda que esta vez non foi posible, tiveron a iniciativa de participar, seguro que noutra edición nos sorprenderán.    

Estamos tan content@s e orgullos@s dos nosos rapaces/zas!!! Novamente vos damos as grazas a todos os que fixestes posible este éxito: alumn@s, profesorado e familias.  

Ánimo, tod@s podedes ser chic@s EXCELENTES!! 








martes, 21 de junio de 2011

Becas de estudo



Se queredes solicitar becas para calquera etapa educativa, de  idiomas, da comunidade, do MEC, no estranxeiro, de prácticas, para profes, para alumn@s... vos aconsello consultar este enlace, é superinteresante.




                                                                                                                                                                        

Con drogas versus sin drogas



En los videos que aparecen en el enlace puedes decirme cuál asocias con felicidad, salud, saber estar, belleza, admiración, talento... y cuál con tristeza, tocar fondo, declive personal, deterioro físico, pérdida del talento...  

Si te apetece pónle tú otros adjetivos...




                                                                                           

lunes, 20 de junio de 2011

Opcións 4º ESO


Xa case me olvido de deixarvos a presentación que expliquei na aula e non me diciades nada...!!.

Revisade ben os criterios para escoller materias de modalidade e optativas se queredes facer un bacharelato e, se queredes facer un ciclo debedes saber que xa está aberto o prazo polo que cando teñades as notas xa podedes ir a solicitar praza.

Se queredes facer un PCPI, na presentación aparece o que está actualmente en vigor pero está a piques de publicarse cambios que modificarán esta opción o próximo ano, téndeo en conta.

Para calquera dúbida ou consulta xa sabedes donde estou!

Opcións 4º eso final


                                                                                                       

viernes, 17 de junio de 2011

Publicación cualificacións PAU




Xa é o momento de saber como se valorou o voso esforzo. No seguinte enlace podedes consultar o resultado das probas de acceso á universidade e as instrucións no caso de que queirades reclamar.



Moita sorte, e se os resultados non foron todo o desexables, tranquil@s, sempre hai opcións!!  


                                                                                

Notas probas de acceso a ciclos de Grao Medio



Desde este enlace tendes acceso aos resultados das probas de acceso a C.M, moita sorte:



Se non estás de acordo co resultado e queres reclamar, podes facelo os días 17, 20 e 21. Preme no seguinte enlace para acceder ao modelo de reclamación:



    SE APROBACHES PARABENS, AGORA PODES IR AO ENLACE DE ADMISIÓN EN CICLOS 2011-12. Recorda que o prazo de admisión comezou hoxe e está aberto ata o 4 de xullo.



                                                                                                                                                               

    jueves, 16 de junio de 2011

    Acceso á universidade (SUG) 2011-12: tríptico titulacións, instrucións admisión, datas notas PAU



    No seguinte enlace podedes consultar o tríptico da CIUG con :
    •  as titulacións universitarias galegas para o próximo curso
    • o número de prazas de cada titulación
    • as titulacións sen límite de praza 
    • as de admisión especial
    • as titulacións propias
                                  ENLACE: http://ciug.cesga.es/PDF/triticotitulacions2012.pdf



    Vos deixo tamén a actualización das instrucións da CIUG para solicitar a admisión. Recordade que no LERD de Ferrol vos axudarán a realizar este paso (ver entrada en "Acceso á Universidade"):




    Chic@s, O VENRES A PARTIR DAS 20:00 HORAS teredes os resultados das PAU na web da CIUG. Mentras, distraédevos, e moita sorte... ogallá se cumpran as vosas expectativas!!!

    Ah, @s que queirades ter opción en FP, consultade as entradas referidas a admisión, mañá 17 de xuño empeza o prazo.  



                                                                                                                                                                     

       

    miércoles, 15 de junio de 2011

    Llega el verano y los festivales de música



    Busca en el siguiente enlace, dónde les vas a decir a tus padres que estarás este verano disfrutando de un  superconciertazo (esto para los/as mayores y los/as que cumplieron con sus obligaciones, que merecido lo tienen)

    FESTIVALES DE MÚSICA


                                                                                                                 

    Optativas de 3º ESO



    Xa está a rematar o curso e os/as que superedes 2º teredes que escoller unha optativa en 3º das seguintes materias:
    • 2ª Lingua estranxeira
    • Obradoiro Iniciativas Emprendedoras (relacionado co entorno laboral: como ser un emprendedor/a) 
    • Obradoiro de iniciación á electricidade 
    • Cultura Clásica (Roma a Grecia: historia, mitoloxía, literatura, arte, costumes...)
    ...difícil...?,non, xa verás como non!!. Le os seguintes CRITERIOS que podes ter en conta para escoller e logo me dis ou me consultas o que precises:
    • o que mais me interesa: cursar o que a un/ha lle gusta sempre é aconsellable
    • o que mellor se me da: ten en conta que debes asegurarte o aprobado para obter a titulación e, que se queres facer un ciclo é convinte que consigas bo expediente na ESO para poder conseguir praza. Unha optativa que se che dá ben compensa outra materia que se che dá peor.
    • o que quero cursar despois: 
    -no bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía, a electricidade te pode vir ben se cursas tecnoloxía, F-Q
    -no de Humanidades e Ciencias Sociais, verás que a cultura clásica relaciónase co latín e grego
    -as linguas estranxeiras sempre son unha boa opción, abren portas...
    -as iniciativas emprendedoras, son unha boa opción sempre, sobre todo se se quere facer un           ciclo
           
                                                                                                                                                                     

    Admisión a ciclos formativos 2011-12




    Xa está aquí... a convocatoria para a admisión a ciclos!


    Atención ás datas para SOLICITAR PRAZA:
    1. Prazo ORDINARIO: do 17 de xuño ao 4 de xullo, ambos os dous incluídos.
    2. Prazo EXTRAORDINARIO: do día 1 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos.

    Os/as que aprobáchedes en xuño ou en anos anteriores, ides no PRAZO ORDINARIO.Estas son as DATAS que debedes manexar, aos de setembro volas anuncio mais adiante:    
    • RELACIÓN PROVISIONAL PERSOAS SOLICITANTES: día 6 de xullo, nos centros e en www.edu.xunta.es/fp
    • RECLAMACIÓNS: ata as 13:00 horas do día 12
    • LISTAXE DEFINITIVA PERSOAS SOLICITANTES: día 18 xullo
    • 1ª LISTAXE ADMITIDOS: día 19 xullo
    • 1ªMATRÍCULA OU RENUNCIA: desde o día 19 ao día 22 de xullo ás 13.00 horas. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.
    • 2ª LISTAXE DE ADMITIDOS: día 26 de xullo
    • 2ª MATRÍCULA OU RENUNCIA: desde o día 26 ao día 29 de xullo ás 13.00 horas. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.
    • CICLOS LIBERADOS: Se logo de cada unha das adxudicacións anteriores existisen prazas vacantes e non houbese listaxe de espera, liberaranse as prazas do ciclo formativo ata o 29 de xullo ás 13.00 horas para aquel alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes. A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar en calquera momento na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

    INFORMACIÓN PARA OS/AS QUE SOLICITEDES PRAZA NO C.M DE MERGULLO A MEDIA PROFUNDIDADE
    • Tendes que realizar unha PROBA DE ACCESO
    • Cando solicitedes praza no centro que imparte o ciclos se vos informará da data, o lugar e a hora en que se vai a realizar a proba

    RECORDADE QUE SOAMENTE SE PODE ENTREGAR UNHA SOLICITUDE POR RÉXIME E QUE SE ENTREGA NO CENTRO QUE INDICADES COMO 1ª OPCIÓN.

    Os ENLACES que debedes manexar e que inclúen a información oficial son os seguintes: 


                                                                                                                                                                     

    Universidades a distancia



    A partir de hoxe, podedes consultar nos enlaces da Universidade, a oferta de universidades con modalidade a distancia




                                                                                                                                                                 

    domingo, 12 de junio de 2011

    Benvida ao alumnado de 6º



    Esta semana visitounos o alumnado do CEIP "Unión Mugardesa" e CEIP "Santiago Apostol".

    Os delegad@s e subdelegad@s de 1º ESO os acompañaron durante o recreo para coñecer as instalacións e lugares por donde se move o alumnado e así tomar contacto cos seus futuros compañeir@s.

    Despois, coa axuda dos seguintes alumnos/as: Verónica (alumna do Club de lectura), Samanta (alumna mediadora) e Jota, Rubén, Sara e Sofía (delegados/as e subdelegados/as), explicámoslles cousiñas do que será o seu próximo centro e da nova etapa.

    Para finalizar, todos/as levaron unha carta escrita por un compañeiro/a de 1º na que se contaba: a súa experiencia cando cambiou de etapa e algunhas cousas que destacaba do centro e da etapa.

    Para recordar a información que vos demos, podedes volver a ver a seguinte presentación:

      
    Presentación alumnado de 6º


    VÉMONOS NUNS MESES AQUÍ NO IES,
     ATA PRONTO  CHIC@S!!


                                                                                            

    Acto Recoñecemento dos mellores expedientes (Bacharelato+PAU) 2011



    Ser o/a mellor merece o seu recoñecemento. Por iso cada ano, desde o programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”  se organiza o Acto de recoñecemento aos estudantes de centros de Ensino Medio de Galicia que acaden a puntuación de nove ou superior como resultado da media ponderada do 60% da nota media do bacharelato e o 40%  da cualificación da fase xeral (queda excluída a fase específica que só ten efectos para acceder ás titulacións con  limite de prazas) das Probas de Acceso á Universidade (PAAU) no presente ano.

    O Acto terá lugar o venres día  1 de xullo ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, sito no Parque da Milagrosa (Lugo). O auditorio dispón de aparcadoiro propio e gratuíto. Por esixencias de organización, é preciso estar presentes, como mínimo, media hora antes do comezo do acto.

    Temos que enviar á organización unha relación cos apelidos e nomes dos/as alumnos/as e o número de familiares que os acompañen, así como dos profes acompañantes. 

    A confirmación de asistencia deberá facerse no centro ata o día 27 de xuño, xa que o día 28 é o último día que ten o centro para mandar os datos.  





    NON DUBIDES EN ASISTIR, A EXCELENCIA TEN QUE SER RECOÑECIDA!!!   




                                                                                                    

    Aviso para o alumnado que realizou as PAU 2011





    O LERD de Ferrol pon a vosa disposición unha aula de informática no Edificio de Apoio ó Estudo do Campus de Esteiro para facilitarvos as xestións de solicitude de reclamación ás PAU e de solicitude de admisión na Universidade.

    DATAS PARA O USO DA AULA
    • 20 ao 22 de xuño, primer prazo de:
                 -solicitudes de segunda corrección e reclamación
                 -solicitude ordinaria/anticipada de admisión
    • 27 ao 29 de xuño, segundo prazo:
                -solicitudes de reclamación do alumnado que previamente solicitase a dobre corrección
                -soicitude ordinaria/anticipada de admisión
    • 27 de xuño, solicitude de admisión para os/as que aprobasen despois da 1ª corrección
    • 1 de xullo, solicitude de admisión para os/as que aprobasen despois da 2ª corrección


    LUGAR: Edificio de Apoio ó Estudo do Campus de Esteiro, andar baixo, aula 03


    RESPONSABLES: Persoal do Servizo de Estudantes (LERD) 


    HORARIO:
    -xuño: 9.00 a 14.00 horas
                16.00 a 21.00 horas (só os días 20 e 27)
    -xullo: 9.00 a 14.00 horas

    DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR AOS RESPONSABLES DA AULA:
    • Folla matrícula PAU
    • DNI
    MAIS INFORMACIÓN: LERD de Ferrol


                                                                                                                                                             

    Oferta Ciclos Formativos 2011-12




    Xa está aquí a nova oferta de ciclos formativos do curso que ven. Aínda que non se publicou no DOG,  a Consellería nos adianta a nova oferta.

    Tende en conta o seguinte:

    • os ciclos LOXSE e LOE aparecen en cores diferentes
    • a  oferta semipresencial e a distancia ampliouse
    • queda pendente de publicar a oferta modular presencial

    ENLACE:  http://www.edu.xunta.es/fp/oferta.htm




                                                                                                     

    Cachada Revoluxion: "Estamos tan tolos que pensamos que podemos cambiar o mundo"

    Están as cousas cambiando...?


                              

    Carnés Profesionais e Habilitacións Profesionais 2011



    Comunícase ás persoas interesadas (pais/nais, titulados en anos anteriores...) que no seguinte enlace pódese consultar a convocatoria 2011 para a obtencion dos carnés e habbilitacións profesionais das seguintes especialidades:


    • Operador/ora industrial de caldeiras.
    • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
    • Instalador/ora de gas, categoría A.
    • Instalador/ora de gas, categoría B.
    • Instalador/ora de gas, categoría C.
    • Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
    • Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
    • Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
    • Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
    • Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
    • Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.






      miércoles, 8 de junio de 2011

      Móstrate, mestre!



      O venres 10 de xuño terá lugar no salón de actos do centro, o acto cultural que este ano ten como título: Móstrate, mestre!

      Porque detrás do traballo do alumnado sempre está o do profesorado, teremos:

      • actividades realizadas polo noso alumnado durante este curso
               - Musical con monicreques: alumnado de 1º Bach. 17:30 horas
               - Cartas a Europa: proxecto interdisciplinar 1º ESO. 18:00 horas.
               - Proxecto co que participa o alumnado de 2º ESO no concurso de Estatísticas    
      • mesa redonda donde poderedes coñecer un pouco mais da traxectoria dalgúns profes, as súas inquedanzas, os proxectos nos que participan, as súas ilusións... (19:00 horas)


      O acto é de portas abertas, estades todos/as invitados, vémonos!



                                                                                                                                                                   

      domingo, 5 de junio de 2011

      5 xuño, Día Mundial do Medio Ambiente




      Para celebrar que é ó Día Mundial do Medio Ambiente, recoméndovos entrar no mais novo dos blogs do centro "orecantoverde.blogspot.com" e ver os estupendos artigos de Ofelia e as fotos que aparecen na ligazón "A natureza en Cervás" donde podemos ver a natureza en plena efervescencia.

      Aproveito a ocasión para felicitar tanto á profe como ao alumnado polos estupendos traballos que realizan no centro, polo Plan de Eficiencia Enerxética e polo coidado "Recanto Verde" do centro. Todo este traballo en pro da natureza e o medio ambiente fan que a viñeta sexa só eso, unha viñeta. Parabens a todos/as!!!




                                                                                                           

      miércoles, 1 de junio de 2011

      Modificación repetición no Bacharelato (Orde 5 maio de 2011)

      Como consecuencia da publicación da nova Orde que modifica o Bacharelato vos informo das condicións nas que se repite curso no Bacharelato:


      Repetición do 1º curso:
      • O alumnado que en 1ºde bacharelato obteña avaliación negativa en máis de 2 materias deberá cursar de novo o curso completo e será cualificado en todas as materias, agás no suposto previsto no punto 3 deste artigo.
      • Sen prexuízo do anterior, o alumnado con 3 ou 4 materias avaliadas negativamente no 1º curso de bacharelato manterá a cualificación obtida anteriormente na mesma materia cando a nova cualificación sexa inferior.
      • En calquera caso, o alumnado repetidor estará suxeito aos mesmos dereitos e obrigas que o alumnado que se matricula por 1ª primeira vez no bacharelato e a cualificación de materias xa superadas outorgarase na avaliación final ordinaria.
      • No caso de que algunha das materias xa superadas deixase de ser impartida no centro, o alumnado poderá manter a cualificación obtida sen necesidade de matricularse nunha nova materia.
      • Cambio de materias na repetición de primeiro de bacharelato: o alumnado que deba repetir o 1º curso poderase cambiar de modalidade e matricularse en calquera das modalidades ofertadas no centro, sen que estea condicionado polas materias cursadas anteriormente.

      Repetición do 2º curso: 
      O alumnado que ao finalizar o 2º curso teña avaliación negativa nalgunha materia poderá:
      a) Matricularse soamente das materias con avaliación negativa.
      b) Matricularse de todas as materias de 2º, logo de solicitude á dirección do centro, coa finalidade de mellorar as súas cualificacións. A este alumnado consideraráselle, nas materias que xa teña superadas, a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta cualificación sexa superior á anterior.
      A escolarización deste alumnado repetidor en ningún caso poderá implicar un incremento de grupos.

      Cambios na normativa do Bacharelato

      Hoxe mércores 1 de xuño publicouse A ORDE do 5 de maio de 2011 pola que se regulan determinados aspectos relativos ao desenvolvemento do bacharelato e se complementa a normativa sobre esta etapa.



      Artigo 1. Permanencia dun ano máis no mesmo curso.
      1. O alumnado que en 1º de bacharelato obteña avaliación negativa en máis de 2 materias deberá cursar de novo o curso completo e será cualificado en todas as materias, agás no suposto previsto no punto 3 deste artigo.
      2. Sen prexuízo do anterior, o alumnado con 3 ou 4 materias avaliadas negativamente no 1º curso de bacharelato manterá a cualificación obtida anteriormente na mesma materia cando a nova cualificación sexa inferior.
      En calquera caso, este alumnado estará suxeito aos mesmos dereitos e obrigas que o alumando que se matricula por primeira vez no bacharelato e a cualificación de materias xa superadas outorgarase na avaliación final ordinaria.
      3. No caso de que algunha das materias xa superadas deixase de ser impartida no centro, o alumnado poderá manter a cualificación obtida sen necesidade de matricularse nunha nova materia.
      4. O alumnado que ao finalizar o 2ºcurso teña avaliación negativa nalgunha materia poderá:
      a) Matricularse soamente das materias con avaliación negativa.
      b) Matricularse de todas as materias de 2º, logo de solicitude á dirección do centro, coa finalidade de mellorar as súas cualificacións.
      A este alumnado consideraráselle, nas materias que xa teña superadas, a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta cualificación sexa superior á anterior.
      A escolarización deste alumnado repetidor en ningún caso poderá implicar un incremento de grupos.

      Artigo 2. Cambio de materias na repetición de primeiro de bacharelato.
      O alumnado que deba repetir o 1º curso poderase matricular en calquera das modalidades ofertadas no centro, sen que estea condicionado polas materias cursadas anteriormente.

      Artigo 3. Elección no 2º curso de materias de modalidade de contidos progresivos.
      1. O alumnado poderá cursar en 2º unha materia de modalidade que, polos seus contidos progresivos, requira dalgunha materia de 1º que non cursase, sempre que curse simultaneamente a materia de primeiro coa cal se vincula.
      A materia de 1º curso non será computable para efectos de modificar as condicións en que o alumno promocionou ao segundo curso.
      Nos casos en que, por motivo da organización do centro, o alumnado de 2ºcurso non poida asistir á clase da materia de  1º, esta materia tratarase de forma análoga ás pendentes e o departamento didáctico que a imparte proporalle un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas e programará probas parciais para verificar a superación desa materia.
      2. Será requisito indispensable a superación previa da materia do primeiro curso para poder ser avaliado na materia de segundo.

      Artigo 4. Elección no 2º curso de materias de modalidade que precisan da acreditación de coñecementos previos.
      1. O alumnado poderá cursar en 2º materias que precisen da acreditación de coñecementos previos dalgunha materia non cursada en 1º.
      Esta acreditación poderase realizar cursando simultaneamente a materia de 1º coa cal se vincula ou mediante o procedemento establecido para as materias previstas no artigo 3 da Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e no artigo 2.2 da Orde do 23 de xuño de 2009 pola que se amplía a oferta de materias optativas do bacharelato.
      2. No caso de cursar simultaneamente as materias de 1ºe de 2º, a materia de 1º non será computable para efectos de modificar as condicións en que o alumno promocionou ao 2º curso.
      Nos casos en que, por motivo da organización do centro, o alumnado de 2º curso non poida asistir á clase da materia de  1º, esta materia tratarase de forma análoga ás pendentes e o departamento didáctico que a imparte proporalle un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas e programará probas parciais para verificar a superación desa materia.
      Será requisito indispensable a superación previa da materia do primeiro curso para poder ser avaliado na materia de segundo.
      3. A acreditación dos coñecementos previos terá como único efecto habilitar para cursar e ser avaliado na materia de segundo cando se logre mediante o procedemento establecido para as materias previstas no artigo 3 da Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e no artigo 2.2 da Orde do 23 de xuño de 2009 pola que se amplía a oferta de materias optativas do bacharelato.
      Desta circunstancia deixarase constancia mediante unha dilixencia, segundo o modelo do anexo I, no historial académico, no expediente académico e, de ser o caso, no informe persoal por traslado.
      A cualificación ou o resultado obtido por este procedemento non se terán en conta para o cálculo da nota media do bacharelato.
      En ningún caso se poderá considerar superada esta materia para efectos do cumprimento das seis materias de modalidade exixibles para a obtención do título.

      Artigo 5. Materias optativas.
      O alumnado de 2º curso que teña avaliación negativa na materia optativa de primeiro poderá optar por recuperala ou por substituíla por outra materia optativa. En todo caso, ao finalizar o 2º curso de bacharelato, o alumnado deberá ter superadas todas as materias comúns, 2 materias optativas e 6 materias de modalidade, 3 de 1º e, 3 de 2º. Destas materias de modalidade, polo menos 5(dúas de 1.º e tres de 2.º) deberán ser da modalidade en que se finaliza o bacharelato.

      Artigo 6. Cambio de modalidade.
      1. Principios xerais.
      a) O alumnado poderá solicitar á dirección do centro o cambio de modalidade ou de vía na modalidade de Artes en calquera dos dous cursos de bacharelato. Con carácter xeral, a dita solicitude efectuarase durante os dous primeiros meses do primeiro curso, e antes do comezo das actividades lectivas do segundo curso.
      b) En todo caso, ao finalizar o 2º curso de bacharelato, o alumnado deberá ter superadas todas as materias comúns, dúas materias optativas e seis materias de modalidade, tres de primeiro e tres de segundo, e entre elas estarán as que o alumnado cursará obrigatoriamente en cada un dos cursos e para cada modalidade. Destas materias de modalidade, polo menos cinco (dúas de 1.º e tres de 2.º) deberán ser da modalidade en que se finaliza o bacharelato. En calquera caso, terase en conta o establecido no artigo 3 da Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o disposto nos artigos 3 e 4 desta orde.
      c) Todas as materias superadas se terán en conta para o cálculo da nota media do bacharelato.
      d) A autorización de cambio de modalidade ou de vía na modalidade de Artes, para o alumnado matriculado en centros privados, será realizada pola dirección do centro público ao cal estean adscritos, que deberá ter en conta o correspondente informe elaborado pola dirección do centro.
      2. Cambio de modalidade ao promocionar a segundo.
      O alumnado que promocione ao segundo curso poderá cambiar de modalidade ou de vía no caso da modalidade de Artes, respectando o seguinte:
      Deberá cursar as materias propias da nova modalidade ata completar un total de seis materias de modalidade tendo en conta, en todo caso, o que se recolle no punto 1.b) deste artigo.
      As materias de modalidade xa superadas que sexan coincidentes coas da nova modalidade ou vía pasarán a formar parte das materias requiridas na nova modalidade.
      Unha das materias de modalidade superadas e non coincidentes coas da nova modalidade poderá ser considerada como de modalidade non propia da nova modalidade ou como a materia optativa de primeiro ou de segundo curso.
      Nos casos en que, por motivo da organización do centro, o alumnado de segundo curso non poida asistir ás clases das materias de primeiro que deba cursar como consecuencia do cambio de modalidade, estas materias trataranse de forma análoga ás pendentes e os departamentos didácticos que as imparten proporán ao alumnado un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas e programarán probas parciais para verificar a superación desas materias.
      3. Cambio de modalidade ao permanecer un ano máis no segundo curso.
      O alumnado que ao finalizar o segundo curso teña avaliación negativa nalgunha materia poderá cambiar de modalidade ou vía na modalidade de Artes nas condicións xerais establecidas nos puntos 1 e 2 deste artigo.
      4. Dos cambios de modalidade ou vía, no caso da modalidade de Artes, deixarase constancia mediante dilixencia, segundo o modelo do anexo II, no historial académico, no expediente académico e, de ser o caso, no informe persoal por traslado.

      Artigo 7. Cambio de idioma da materia lingua estranxeira como materia común.
      O alumnado que no 2º curso de bacharelato desexe cambiar o idioma da materia común lingua estranxeira poderá incorporarse ás ensinanzas da lingua estranxeira II coa autorización do director do centro e sempre que curse simultaneamente a materia de 1º curso.
      A solicitude de cambio á dirección do centro realizarase no momento da matrícula e, en calquera caso, antes do inicio das actividades lectivas do 2º curso.
      A dita materia de 1º non será computable para os efectos de modificar as condicións en que o alumnado promocionou ao segundo curso.
      Será requisito indispensable a superación previa da materia do primeiro curso para poder ser avaliado na materia de segundo.
      Nos casos en que, por motivo da organización do centro, o alumnado de 2º curso non poida asistir ás clases de lingua estranxeira I, esta materia tratarase de forma análoga ás pendentes e o departamento didáctico que a imparte proporá ao alumnado un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas e programará probas parciais para verificar a superación desa materia.

      Artigo 8. Segunda lingua estranxeira.
      1. A segunda lingua estranxeira poderá ser cursada en ambos os dous cursos de bacharelato.
      2. O alumnado que non cursase a segunda lingua estranxeira no 1º curso de bacharelato poderá incorporase ás ensinanzas da segunda lingua estranxeira II no 2ºcurso, sempre que curse simultaneamente a materia de 1º curso. A dita materia non será computable para os efectos de modificar as condicións en que o alumno promocionou ao segundo curso. Será requisito indispensable a superación previa da materia do 1º curso para poder ser avaliado na materia de 2º.
      Nos casos en que, por motivo da organización do centro, o alumnado de 2ºcurso non poida asistir ás clases de segunda lingua estranxeira I, esta materia tratarase de forma análoga ás pendentes e o departamento didáctico que a imparte proporá ao alumnado un plan de traballo con expresión dos contidos mínimos exixibles e das actividades recomendadas e programará probas parciais para verificar a superación desa materia.

      Artigo 9. Nota media.
      A nota media do bacharelato será a media aritmética de todas as materias, arredondada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

      Artigo 10. Matrícula de honra.
      1. Os alumnos e as alumnas que obtivesen no 2º curso de bacharelato unha nota media igual ou superior a nove puntos poderán recibir a mención de matrícula de honra. A dita mención concederáselle a un número de alumnos non superior ao 5% do total de alumnado deste curso.
      2. A obtención da mención de matrícula de honra será consignada nos documentos de avaliación do alumno ou alumna.
      3. A concreción curricular do bacharelato incluirá nas directrices xerais os criterios para a concesión das mencións de matrícula de honra ao alumnado.

      Artigo 11. Obtención do título de bacharel para o alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música ou de danza e supere as materias comúns do bacharelato.
      1. O alumnado que estea en posesión do título profesional de música ou danza e do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos poderá realizar estudos de bacharelato cursando exclusivamente as materias comúns.
      2. O alumnado que desexe simultanear estudos das ensinanzas profesionais de música ou de danza cos de bacharelato poderá matricularse exclusivamente nas materias comúns do bacharelato, sempre que cumpra os seguintes requisitos: ter superado o cuarto curso das ensinanzas profesionais de música e danza, estar cursando quinto ou sexto das ditas ensinanzas e en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente para os efectos académicos.
      3. As materias comúns de bacharelato deberán cursarse, polo menos, en dous anos académicos, curso a curso, dispoñendo dun máximo de catro anos para a súa superación no réxime ordinario.
      4. Para poder cursar as materias comúns do segundo curso do bacharelato será preciso ter cualificación positiva nas materias de primeiro, con dúas excepcións como máximo.
      5. O alumnado que por reunir os requisitos establecidos nos puntos 1 ou 2 deste artigo desexe cursar exclusivamente as materias comúns, deberá solicitalo ao formalizar a matrícula de bacharelato, conforme o modelo de anexo III desta norma. A solicitude deberá ir acompañada de documento acreditativo de estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente, así como do certificado da súa matrícula, nese ano académico, nalgún dos cursos quinto ou sexto das ensinanzas de profesionais de música ou de danza ou, de ser o caso, da documentación que acredite que superou as ensinanzas profesionais de música ou de danza.
      6. Cando un alumno formalice exclusivamente a matrícula das materias comúns de bacharelato nun centro privado, comunicarao ao IES a que estea adscrito.
      7. Superadas as ensinanzas profesionais de música e danza, o alumnado obterá o título de bacharel se supera as materias comúns do bacharelato, de acordo co establecido no artigo 50.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
      8. En consecuencia co recollido no punto anterior, obterá tamén o título de bacharel aquel alumnado que, tendo cursado segundo de bacharelato nunha das tres modalidades, teña superadas as ensinanzas profesionais de música ou danza e todas as materias comúns do bacharelato, aínda que non teña completada a modalidade en que estivese matriculado.
      9. A proposta de expedición do título será realizada polo instituto de educación secundaria en que se superasen as materias comúns do bacharelato ou por aquel ao cal estea adscrito o centro en que se superaron as citadas materias, unha vez que o conservatorio profesional de música ou de danza certifique que o alumno superou todas as materias das ensinanzas profesionais e as cualificacións das materias de quinto e sexto curso das ditas ensinanzas profesionais. No caso do alumnado que accedese directamente ao sexto curso por proba de acceso, o citado certificado recollerá as cualificacións deste curso.
      10. Os documentos de avaliación do bacharelato do alumnado que obteña o título de bacharel deste modo deberán incluír unha dilixencia para facer constar que, de conformidade co establecido no artigo 16.3 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato, o alumno superou exclusivamente as materias comúns de bacharelato.
      11. A nota media do bacharelato será a media aritmética das cualificacións de todas as materias comúns de bacharelato e das materias dos cursos quinto e sexto das ensinanzas profesionais de música ou de danza da correspondente especialidade, arredondada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior. No caso do alumnado que acceda directamente ao sexto curso das ensinanzas profesionais de música ou de danza, para o cálculo da nota media serán consideradas as cualificacións das materias dese curso e de todas as materias comúns de bacharelato.



                                                                                                                                                                       

      Parabens ao noso xove arqueiro, Brais Seoane!



      Estamos moi orgullosos/as de ter entre o noso alumnado á medalla de Ouro de arco no Gallego de base celebrado en Pontevedra.

      Os teus compañeiros/as e os teus profes apoiamoste na túa traxectoria deportiva, parabens campión!!


                                                                                                                                                                     

      Probas de acceso a Conservación e Restauración de Bens Culturais



      Esta titulación pertence ás ensinanzas de Réxime Especial polo que como norma xeral hai que realizar proba específica de acceso. Aos que acceden desde o Bacharelato se lles reserva o 80% das prazas e teñen que realizar a proba específica, unicamente os/as que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño, que dispoñen do 20% das prazas, non teñen que realizar a  proba de acceso.

      Como este ano estades no primeiro caso, se queredes cursar esta titulación deberedes formalizar a vosa inscrición na proba como data tope ata o 10 de xuño. 

      Recordade que estos estudos teñen 3 especialidades: pintura, escultura e arqueoloxía. 

      Mais información:



                                                                                                                                                                       

      Probas de acceso ao Grao en Música



      Tes ata o día 10 de xuño para inscribirte nas probas de acceso ao Grao en Música.

      A proba realizarase o día 22 de xuño.

      Consulta a convocatoria para coñecer o contido das probas e lugares de realización das mesmas así como as datas de matrícula:

                                                                                                                                                                       

      Preparándose para a proba oral de idioma estranxeiro das PAU do ano que ven


      O alumnado que estea cursando 1º Bacharelato este ano vai ter que examinarse de forma oral do idioma estranxeiro na convocatoria das probas de acceso á universidade do curso que ven.

      Para mellorar a competencia oral e escrita en inglés, vos aconsellamos solicitar a beca do MEC para realizar un programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España. Dispoñedes de 600 becas.

      Para solicitar a beca tendes que ser becarios MEC no curso 2010-11 e ter un mínimo de 7 en 4º ESO.

      Mais información: