Mostrando entradas con la etiqueta Acceso FP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acceso FP. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de agosto de 2011

Novas datas admisión e matrícula PCPI



A consellería publicou nova normativa sobre os períodos de admisión e matrícula do PCPI polo que as datas incluídas na documentación que se vos deu a finais de xullo modifícanse polas seguintes:
  • Solicitude: 6 ao 15 de setembro
  • Publicación de admitid@s: 16 setembro
  • Matrícula: 16 ao 21 de setembro 



                                                                                                                                                   

jueves, 28 de julio de 2011

Resumen nova normativa PCPI

Na reunión grupal que tivemos hoxe para explicar a nova normativa do PCPI ao alumnado interesado e as súas familias, comentei que colgaría o documento do resumo no blog. Pois ben, xa o podedes consultar, imprimir...:







                                                                                                   




domingo, 24 de julio de 2011

NOVA NORMATIVA PCPI



Por fin temos xa a nova normativa que regulará os PCPI a partir do vindeiro curso 2011-12!.

No seguinte enlace podes consultar o DOG no que se publica dita normativa:



En breve, terás unha nova entrada cun resumo das novidades


  

jueves, 7 de julio de 2011

Relación provisional persoas inscritas nos ciclos formativos





Tes ata o día 12 para reclamar se non estás de acordo cos datos que se rexistraron na túa inscrición en ciclos.  Ten en conta que o listado é de persoas inscritas non de persoas con praza adxudicada, a adxudicación será o día 19 de xullo.

ENLACES:



                                                                                                                                                                

viernes, 17 de junio de 2011

Notas probas de acceso a ciclos de Grao Medio



Desde este enlace tendes acceso aos resultados das probas de acceso a C.M, moita sorte:



Se non estás de acordo co resultado e queres reclamar, podes facelo os días 17, 20 e 21. Preme no seguinte enlace para acceder ao modelo de reclamación:



    SE APROBACHES PARABENS, AGORA PODES IR AO ENLACE DE ADMISIÓN EN CICLOS 2011-12. Recorda que o prazo de admisión comezou hoxe e está aberto ata o 4 de xullo.



                                                                                                                                                               

    miércoles, 15 de junio de 2011

    Admisión a ciclos formativos 2011-12




    Xa está aquí... a convocatoria para a admisión a ciclos!


    Atención ás datas para SOLICITAR PRAZA:
    1. Prazo ORDINARIO: do 17 de xuño ao 4 de xullo, ambos os dous incluídos.
    2. Prazo EXTRAORDINARIO: do día 1 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos.

    Os/as que aprobáchedes en xuño ou en anos anteriores, ides no PRAZO ORDINARIO.Estas son as DATAS que debedes manexar, aos de setembro volas anuncio mais adiante:    
    • RELACIÓN PROVISIONAL PERSOAS SOLICITANTES: día 6 de xullo, nos centros e en www.edu.xunta.es/fp
    • RECLAMACIÓNS: ata as 13:00 horas do día 12
    • LISTAXE DEFINITIVA PERSOAS SOLICITANTES: día 18 xullo
    • 1ª LISTAXE ADMITIDOS: día 19 xullo
    • 1ªMATRÍCULA OU RENUNCIA: desde o día 19 ao día 22 de xullo ás 13.00 horas. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.
    • 2ª LISTAXE DE ADMITIDOS: día 26 de xullo
    • 2ª MATRÍCULA OU RENUNCIA: desde o día 26 ao día 29 de xullo ás 13.00 horas. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.
    • CICLOS LIBERADOS: Se logo de cada unha das adxudicacións anteriores existisen prazas vacantes e non houbese listaxe de espera, liberaranse as prazas do ciclo formativo ata o 29 de xullo ás 13.00 horas para aquel alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes. A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar en calquera momento na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

    INFORMACIÓN PARA OS/AS QUE SOLICITEDES PRAZA NO C.M DE MERGULLO A MEDIA PROFUNDIDADE
    • Tendes que realizar unha PROBA DE ACCESO
    • Cando solicitedes praza no centro que imparte o ciclos se vos informará da data, o lugar e a hora en que se vai a realizar a proba

    RECORDADE QUE SOAMENTE SE PODE ENTREGAR UNHA SOLICITUDE POR RÉXIME E QUE SE ENTREGA NO CENTRO QUE INDICADES COMO 1ª OPCIÓN.

    Os ENLACES que debedes manexar e que inclúen a información oficial son os seguintes: 


                                                                                                                                                                     

    domingo, 12 de junio de 2011

    Oferta Ciclos Formativos 2011-12




    Xa está aquí a nova oferta de ciclos formativos do curso que ven. Aínda que non se publicou no DOG,  a Consellería nos adianta a nova oferta.

    Tende en conta o seguinte:

    • os ciclos LOXSE e LOE aparecen en cores diferentes
    • a  oferta semipresencial e a distancia ampliouse
    • queda pendente de publicar a oferta modular presencial

    ENLACE:  http://www.edu.xunta.es/fp/oferta.htm




                                                                                                     

    Carnés Profesionais e Habilitacións Profesionais 2011



    Comunícase ás persoas interesadas (pais/nais, titulados en anos anteriores...) que no seguinte enlace pódese consultar a convocatoria 2011 para a obtencion dos carnés e habbilitacións profesionais das seguintes especialidades:


    • Operador/ora industrial de caldeiras.
    • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
    • Instalador/ora de gas, categoría A.
    • Instalador/ora de gas, categoría B.
    • Instalador/ora de gas, categoría C.
    • Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
    • Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
    • Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
    • Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
    • Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
    • Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.






      martes, 31 de mayo de 2011

      Probas de acceso a Ensinanzas Deportivas de Réxime Especial



      Se queres cursar un Ciclo de Grao Medio ou Superior das Ensinanzas de Réxime especial relacionado cun deporte concreto, tes que presentarte a unha proba de acceso.

      Terás que inscribirte no centro que imparte o ciclo, a data tope é o día 20 de xuño.

      Se non dispós do acceso directo tes que realizar a proba de madureza que terá lugar no IES das Fontiñas, en Santiago de Compostela, no día e nas horas que se indican:
      a) Grao medio. Proba de madureza: 2 de setembro, das 9:00 horas ás 13:00 horas.
      –Lingua galega.
      –Lingua castelá.
      –Parte sociocultural.
      –Parte científico-tecnolóxica.
      b) Grao superior. Proba de madureza: 2 de setembro, das 9:00 horas ás 13:00 horas.
      –Lingua galega e literatura.
      –Lingua castelá e literatura.
      –Lingua estranxeira (inglés / francés).
      –Historia de España.
      –Historia da filosofía.
      –Ciencias para o mundo contemporáneo.
      –Cidadanía e filosofía.

      Tanto se tes o acceso directo como se tes que realizar a proba de madurez, hai que realizar unha proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos. Consulta as datas e lugares segundo o deporte que queiras cursar:

      • Na modalidade de baloncesto no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía, o día 5 de setembro das 9.00 ás 15.00 horas.
      • Na modalidade de fútbol sala terá lugar no IES das Lagoas en Ourense, o día 6 de setembro das 9.00 ás 15.00 horas.
      • Na modalidade de atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 7 de setembro das 9.00 ás 15.00 horas.
      • Na modalidade de fútbol terá lugar no IES Cruceiro Baleares en Culleredo, o día 8 de setembro das 9.00 ás 15.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra, o día 9 de setembro das 11.00 ás 15.00 horas.
      • Na modalidade de balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra, o día 9 de setembro das 9.00 ás 11.00 horas.
      Debes consultar calquera posible variación sobre este calendario.

      Mais información nos seguintes enlaces:
                                                                                                                                                                       

      sábado, 7 de mayo de 2011

      Lugar de realización das probas de acceso a Ciclos de Grao Medio



      No seguinte enlace podes consultar que lugar te corresponde para facer as probas de acceso segundo o lugar donde te inscribiras:

      http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/Asignacion_centro_sede_CM_2011.pdf                                                           
                                                                                                                                                                       

      miércoles, 20 de abril de 2011

      Listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso a Ciclos Grao Superior




      Podes consultar no seguinte enlace a listaxe provisional das cualificacións das probas de acceso aos ciclos de grao superior:
      http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/listaxes/gs_listaxe_provisional_cualificacions.pdf

      • Datas de reclamación: 19,20 e 25 abril. 
      • Lugar: centro de inscrición
      • Modelo de reclamación en www.edu.xunta.es/fp






      domingo, 27 de marzo de 2011

      Acreditación da experiencia profesional no sistema educativo


      Xa podedes inscribirte no procedemento de recoñecemento, avaliación e acreditación de competencias. 

      • A quen pode interesar?
      Ás persoas maiores de 20 anos sen título oficial da ocupación que desempeñan e que contan con experiencia profesional ou formación non regrada nas unidades de competencia dos ciclos nos que se oferta este procedemento. Non podes estar matriculado/a en oferta modular, ordinaria ou a distancia nin en probas libres
      asociadas á unidade de competencia da que solicitas a acreditación no momento en que se realiza o procedemento.

      Experiencia laboral: ten que demostrarse un mínimo de 3 anos e 2000 horas de traballo nos últimos 10 anos
      Formación: debe consistir nun mínimo de 300 horas nos últimos 10 anos

      Exemplo: levas un mínimo de 3 anos a tempo completo traballando de mecánico nun taller pero non tes o Título de Electromecánico de Vehículos
      • Cal é o obxectivo deste procedemento?
       Tendo en conta que a competencia profesional pódese adquirir ademais de por formación regrada (a que dá o titulo e se consigue superando os módulos dun ciclo medio ou superior) por experiencia laboral/formación non regrada e que, temos unha porcentaxe importante de poboación que a pesar de non ter un título ten coñecementos relacionados cun determinado título, é necesario un procedemento que lle recoñeza e acredite a estas persoas os seus coñecementos no ensino regrado.

      Aínda que o obxectivo non é acadar o título posto que o título precisa ter recoñecidas mais unidades de competencia que as que se poden recoñecer por este procedemento, a acreditación permite :
      -por unha banda, dar "valor" á experiencia laboral /formativa dos candidatos/as
      -por outra, facilitar a validación dos módulos dos ciclos formativos e polo tanto a posibilidade de obter o título xa que unicamente habería que formarse ou presentarse a probas libres cando se convoquen, dos módulos non acreditados e dos que non é posible conseguir a acreditación .Este procedemento permite acumular partes do ciclo e se pode combinar con oferta formativa presencial e a distancia e, probas libres realizada noutro momento.  
      • En que consiste este procedemento?
      O procedemento consta de 3 fases:
      1. Asesoramento.
      O/a candidato será asesorado por un experto asesor do ciclo que lle ofrecerá unha guía do procedemento. Nesta fase que é obrigatoria o asesor/a axuda ao candidato/a a realizar un cuestionario de autovaliación e a  recoller os documentos e evidencias da compentencia profesional da persoa (historial formativo e/ou profesional da persoa candidata: certificado vida laboral, certificados de empresa, cursos, traxectoria na empresa ...) para poder aconsellarlle a continuidade á fase seguinte ou polo contario aconsellarlle realizar un itinerario formativo por carecer de evidencias de experiencia laboral acreditable. O asesor/a realiza un informe donde fai constar a a conveniencia de pasar ou non á fase de avaliación pero se é negativo o candidato/a pode decidir continuar igualmente. 
      2.Avaliación da competencia profesional
      Cando na fase de asesoramento o asesor/a encontrou evidencias de que a persoa candidata ten  coñecementos adquiridos por formación ou experiencia profesional nesa unidade de competencia que se quere acreditar, faise necesario que unha comisión comprobe eses coñecementos. Os procedementos que se empregan son normalmente: a comprobación no lugar de traballo (se é posible, páctase co candidato/a), a realización de supostos/tarefas nos talleres do centro, a conversa profesional, a simulación...
      3.Acreditación e rexistro da competencia profesional
      Unha vez realizada a avaliación, rexístrase e acredítase as unidades de competencia superadas e ao mesmo tempo o orientador/a facilita un plan de formación para que o candidato/a poida formarse e adquirir as unidades de competencia non acreditadas por este procedemento se has houbera.
      • Que centros realizan a acreditación e de que unidades de competencia?
       - Fabricación mecánica.CIFP Politécnico de Santiago. Rúa Rosalía de Castro, 133. 981 52 20 62
            CM Soldadura e caldeiraría
      -  Electricidade e electrónica. CIFP Politécnico de Santiago. Rúa Rosalía de Castro, 133. 981 52 20 62
            CM Instalacións eléctricas e automáticas.
      - Hostalaría e turismo.CIFP Compostela Rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña). 981 52 31 40
           CM Servizos de restauración
      -Hostalaría e turismo. CIFP Carlos Oroza Avda. de Montecelo, s/n, 36161 Pontevedra 986 84 70 02
           CM Cociña e gastronomía
      -Sanidade. CIFP Fene O Pazo, 13-15, 15528 Fene (A Coruña) 981 36 03
           00UC0069_1: manter preventivamente o vehículo sanitario e controlar a súa dotación material
      -Mantemento de vehículos autopropulsados. CIFP Valentín Paz Andrade Avda. de Madrid, 160, 36214 Vigo (Pontevedra) 986 27 09 04
           CM Carrozaría
      -Sanidade. CIFP Ánxel Casal-Montealto Estrada de Circunvalación, 15002 A Coruña 981 21 01 12.
           CM Emerxencias sanitarias
       CM Farmacia e parafarmacia
      -Servizos socioculturais e á comunidade. CIFP Ánxel Casal-Montealto Estrada de Circunvalación, 15002 A Coruña 981 21 01 12 / CIFP Compostela Rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña)981 52 31 40
          CS Educación infantil
      • Existen prazas limitadas?
      Si, dependendo da unidade de competencia, entre 50-100 prazas. Consulta os anexos da Orde 21 marzo 2011. Se hai mais candidatos/as que prazas se baremará a experiencia e formación para elexir aos que poden iniciar o procedemento nesta convocatoria. 
      • Cal é o prazo de inscripción? Donde se realiza a inscripción?
      Tes 20 días a partir do 26 marzo de 2011. A solicitude de inscripción entrégase na secretaría do centro donde se realiza o procedemento.
      • Donde podo informarme?
      Debes solicitar información aos /ás orientadores/as dos centros donde se realiza o procedemento (CIFP) e aos  dos centros de formación profesional.
      Oriori participou durante 2 anos en 2 centros diferentes neste procedemento polo que se queredes solicitarlle información para un primeiro acercamento ao procedemento solicítalle unha entrevista.

      • Consellos:
      -Solicita xa a vida laboral, se o fas en oficinas soe tardar sobre 7 días.
      -Lévalle ao teu xefe ou persoal de RRHH a folla de certificación de empresa cuberta coas tarefas que desempeñas/desempeñabas na empresa, é moi importante xa que serve de evidencia da túa competencia profesional, canto mais detallada mais útil para a acreditación.
      -Non mintas nos cuestionarios de autoavaliación, logo van a comprobar que o que dis é certo.
      -Pensa que o procedemento leva un tempo.
      -Se o teu obxectivo é o título deberás pensar en combinar este procedemento con formación regrada (a distancia, presencial: ordinaria e modular) e/ou probas libres (en Galicia todavía non se convocaron para títulos LOE).
      -Podes presentarte mais dunha vez. Se na primeira ocasión non puideches conseguir a acreditación dunha unidade de competencia  e posteriormente acumulas experiencia ou formación non regrada da mesma volve a intentalo.
      -Aínda que pareza un procedemento complexo, a experiencia indica que os candidatos síntense moi satisfeitos co que consiguen e dánse conta que non é tan compricado como parecía. Moitos/as anímanse tanto que reinician estudos.

      CONSULTA: 
      1. A web da consellería donde encontrarás toda a información, documentos a aportar, guías do candidato/a... http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion.htm
      2. ACREDITA, o asistente personalizado do MEC: http://todofp.es/todofp/formacion/acreditacion-de-competencias.html 




      jueves, 10 de marzo de 2011

      AVISO: Cambio de data das probas de acceso a ciclos Grao Superior+ lugares de exame



      Hoxe publicaron no portal educativo o cambio da data das probas de acceso a Ciclos de Grao Superior, o exame será o 1 abril 2011.  

      No seguinte enlace http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/Asignacion_centro_sede_CS_2011.pdf podes consulta o lugar no que tes que examinarte. Busca o centro no que fixeches a inscripción e encontrás o centro que che asignaron.

      lunes, 28 de febrero de 2011

      Comeza o prazo de inscripción ás probas de acceso a Grao Medio


      Hoxe luns 28 de marzo e ata o 11 de marzo poderás inscribirte nas probas de acceso a Ciclos de Grao Medio en calquera centro que imparta formación profesional.

      Se non tes claro que este ano vas a obter o título, incríbete nas probas. Aínda podes decidir mais adiante se presentarte ou non, a proba se celebrará o 3 de xuño .

      Para saber que documentación tes que presentar e acceder á folla de inscripción, consulta o seguinte enlace:  http://www.edu.xunta.es/fp/probasCM.htm 

      Recorda:
      -si estás cursando o PCPI  terás que presentar un certificado de estar cursándoo
      -aos que non superen a proba na súa totalidade se lles conserva a/s parte/s aprobada/s durante 2 anos sempre que se presenten en Galicia.
      -que debes consultar as exencións se aprobas os módulos obrigatorios ou algún módulo voluntario do PCPCI/adultos
      -se superas a proba accedes ás prazas dos ciclos que se reservan para os/as que acceden por esta vía, aínda que aprobes en xuño ou setembro o graduado non poderás acceder ás prazas de acceso directo. 
      -a proba non dá o título, sempre hai que intentar conseguilo, un título é un título!!.

      Para mais información consulta a anterior entrada:

      domingo, 20 de febrero de 2011

      Guía emancipación (14-30 anos)


      Moita xente asocia a idea de emancipación ao momento no que un xove da o paso de voar definitivamente, marchar da casa familiar e comezar a súa vida independiente. Sen embargo, a emancipación é un proceso e como tal comeza cos pequenos pasos que damos para vivir de maneira autónoma. Desde os 14 anos podemos probar experiencias que facilitan este proceso.

      Coa finalidade de axudar á xuventude nesta andaina, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado unificou nunha guía unha chea de información  relacionada con 3 puntos: formación, mundo laboral e vivenda.

      Desde hoxe a poderás consultar no etiqueta "Surtido de enlaces" e tamén no seguinte enlace:
      http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/emancipacionxove/guia_emancipacion_mocidade_galega.pdf  

      viernes, 18 de febrero de 2011

      Oportunidades de empleo anticrisis


      Está claro que con la que está cayendo hacen falta nuevas ideas para crear empleo y personas emprendedoras capaces de ponerlas en marcha

      Los día 25 y26 de febrero en A Coruña se celebrará la feria FRANQUIATLÁNTICO dirigida a las personas emprendedoras, para más información CONSULTA:

      Listaxe definitiva admitidos Ciclos de Grao Superior


      Podes consultar se estás admitido/a ás probas no seguinte enlace:

      http://www.edu.xunta.es/fp/index.htm