Mostrando entradas con la etiqueta Titorías 1º ESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Titorías 1º ESO. Mostrar todas las entradas

sábado, 6 de agosto de 2011

Premios Romper Barreras



Para acercarnos y saber más sobre superación personal, ilusiones y dificultades, familias ejemplares, profesionalidad, inclusión social  y sobre personas excepcionales... os recomiendo entrar en esta web y votar el proyecto individual o colectivo que más os impresione. Como veréis Galicia está muy bien representada. 

Recuerda que tu voto representa ilusión para muchos/as





jueves, 28 de julio de 2011

Becas MEC 2011-12




Moit@s estades a preguntar no centro polas becas, pois xa están aquí, no seguinte enlace podedes consultar toda a información:

Recorda que na barra da dereita do blog hai unha etiqueta con entradas sobre becas e que nunha delas preséntovos tamén unha web moi  interesante con becas e axudas de todo tipo dirixidas a diferentes colectivos.



                                                                                                                                                                 

martes, 26 de julio de 2011

Lei de Convivencia





Este mes aprobouse a nova Lei de Convivencia que regulará a participación e convivencia nos centros educativos. Consúltaa no seguinte enlace:

LEI CONVIVENCIA (DOG)



                                                                               


domingo, 26 de junio de 2011

Mapas Interactivos



Imos a inagurar unha nova sección con recursos que vos permitan reforzar algunhas materias. Podedes empregalos para comezar a preparar os exames de setembro. Tentaremos que sexan prácticos, diferentes, divertidos e interactivos, a ver se o conseguimos, xa nos diredes!

O primeiro vai ser un programa de mapas interactivos para mellorar o coñecemento dos mapas físicos e políticos. Se realizas os puzzles interactivos podes superar a túa puntuación día a día e en setembro ter unha boa nota:

MAPAS INTERACTIVOS


                                                                                   

martes, 21 de junio de 2011

Becas de estudo



Se queredes solicitar becas para calquera etapa educativa, de  idiomas, da comunidade, do MEC, no estranxeiro, de prácticas, para profes, para alumn@s... vos aconsello consultar este enlace, é superinteresante.




                                                                                                                                                                        

Con drogas versus sin drogas



En los videos que aparecen en el enlace puedes decirme cuál asocias con felicidad, salud, saber estar, belleza, admiración, talento... y cuál con tristeza, tocar fondo, declive personal, deterioro físico, pérdida del talento...  

Si te apetece pónle tú otros adjetivos...




                                                                                           

domingo, 12 de junio de 2011

Benvida ao alumnado de 6º



Esta semana visitounos o alumnado do CEIP "Unión Mugardesa" e CEIP "Santiago Apostol".

Os delegad@s e subdelegad@s de 1º ESO os acompañaron durante o recreo para coñecer as instalacións e lugares por donde se move o alumnado e así tomar contacto cos seus futuros compañeir@s.

Despois, coa axuda dos seguintes alumnos/as: Verónica (alumna do Club de lectura), Samanta (alumna mediadora) e Jota, Rubén, Sara e Sofía (delegados/as e subdelegados/as), explicámoslles cousiñas do que será o seu próximo centro e da nova etapa.

Para finalizar, todos/as levaron unha carta escrita por un compañeiro/a de 1º na que se contaba: a súa experiencia cando cambiou de etapa e algunhas cousas que destacaba do centro e da etapa.

Para recordar a información que vos demos, podedes volver a ver a seguinte presentación:

  
Presentación alumnado de 6º


VÉMONOS NUNS MESES AQUÍ NO IES,
 ATA PRONTO  CHIC@S!!


                                                                                        

miércoles, 8 de junio de 2011

Móstrate, mestre!



O venres 10 de xuño terá lugar no salón de actos do centro, o acto cultural que este ano ten como título: Móstrate, mestre!

Porque detrás do traballo do alumnado sempre está o do profesorado, teremos:

  • actividades realizadas polo noso alumnado durante este curso
         - Musical con monicreques: alumnado de 1º Bach. 17:30 horas
         - Cartas a Europa: proxecto interdisciplinar 1º ESO. 18:00 horas.
         - Proxecto co que participa o alumnado de 2º ESO no concurso de Estatísticas    
  • mesa redonda donde poderedes coñecer un pouco mais da traxectoria dalgúns profes, as súas inquedanzas, os proxectos nos que participan, as súas ilusións... (19:00 horas)


O acto é de portas abertas, estades todos/as invitados, vémonos!



                                                                                                                                                             

domingo, 5 de junio de 2011

5 xuño, Día Mundial do Medio Ambiente




Para celebrar que é ó Día Mundial do Medio Ambiente, recoméndovos entrar no mais novo dos blogs do centro "orecantoverde.blogspot.com" e ver os estupendos artigos de Ofelia e as fotos que aparecen na ligazón "A natureza en Cervás" donde podemos ver a natureza en plena efervescencia.

Aproveito a ocasión para felicitar tanto á profe como ao alumnado polos estupendos traballos que realizan no centro, polo Plan de Eficiencia Enerxética e polo coidado "Recanto Verde" do centro. Todo este traballo en pro da natureza e o medio ambiente fan que a viñeta sexa só eso, unha viñeta. Parabens a todos/as!!!




                                                                                                     

miércoles, 25 de mayo de 2011

II Rastro Solidario pola Educación en Oldonyosambu (Tanzania)


Leticia Ogando nos presenta a nova edición do Rastro Solidario:


Como moitos xa sabedes, desde o curso pasado estamos a recaudar fondos para axudar na construción dun aula no colexio de Educación Secundaria Oldonyosambu de Tanzania. O diñeiro recollido no rastro do ano pasado alcanzou para mercar os ladrillos e as planchas para o tellado. Agora necesitan mercar o cemento e pagar a man de obra para completa-lo aula.

Con este obxectivo organízase o II Rastro Solidario, onde tanto os alumnos/as coma os profesores/as poden contribuír, de maneira voluntaria, aportando obxectos en bó estado (que xa non utilizamos e que outros poden aproveitar), para a súa venda no Rastro. Este estará organizado da seguinte maneira:

  • Tipo de materiais: libros, cds, dvds, xogos, bisutería, obxectos decorativos, roupa..., sen deterioro, e que non sexan moi voluminosos.
  • Os alumnos/as que desexen participar deberán entregar os obxectos a través das titorías, nas clases de Atención educativa e/ou relixión ata o luns 30 de maio. Durante esta semana os obxectos depositaranse na caixa correspondente a cada grupo, situadas na súa aula. Desta maneira búscase que tódolos grupos se motiven a ter algo.
  • O profesorado tamén poderá deixar as súas aportacións na caixa ubicada na sá de profes.

O Rastro Solidario terá lugar o Mércores 1 de Xuño, en horario lectivo (de 8:45 ata as 14:25h) na entrada do edificio.

Co fin de que o diñeiro chegue íntegro ao seu destino creouse unha asociación sen ánimo de lucro, “Iguais-Educación e cooperación”, abrendo unha conta en Barclays (0065-1092-40-0001028729) onde non nos cobran ningunha comisión polas transferencias.

Desde GPS ORIORI agradecemos a Leticia a proposta e coordinación desta iniciativa que nos permite axudar ás persoas mais desfavorecidas e aprender o valor da solidaridade. 
Tamén damos as grazas ao alumnado, familias e profesorado comprometido que colabora con esta causa.

                                              Moita grazas!

                                                                                               


miércoles, 18 de mayo de 2011

Amor, amor

Hai tempo que non falamos de amor, nin de igualdade...

Vos deixo unha curta que rompe con estereotipos na parella, xa me diredes se vos gusta



e outra curta que nos recorda a parte mais tráxica do machismo

   

sábado, 14 de mayo de 2011

Probas de Clasificación EOI Ferrol e Sección Cedeira


A continuación, vos facilitamos a información facilitada polo EOI de Ferrol sobre as Probas de Clasificación:


MATRICULA NAS PROBAS no EOI Ferrol e Sección Cedeira 
  • Desde o mércores 18 de maio ata o 8 de xuño.


OBXECTIVO DAS PROBAS 
  • Identificar o nivel de dominio no idioma das persoas que desexen matricularse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia nun nivel superior ao 1º curso de nivel básico.


DESTINATARIOS/AS
  • Pode matricularse: o novo alumnado presencial e o antigo alumnado que non estivera cursando estas ensinanzas nos 2 últimos cursos académicos na modalidade presencial.                O alumnado debe cumprir ademais o seguinte requisito de idade: ter dezaseis anos cumpridos no ano 2011, se se trata do primeiro idioma cursado no ensino secundario obrigatorio, e catorce anos de non ser así.
  •  Non pode matricularse: o alumnado con matrícula oficial presencial dos cursos 2009-2010 e 2010-2011. 

VALIDEZ DAS PROBAS
  • Os resultados da proba manterán a súa validez durante dous cursos académicos en calquera das escolas oficiais de Galicia. 


PREINSCRICIÓN E INCORPORACIÓN AO CURSO  
  • Unha vez se publique o resultado das probas, o alumnado poderá realizar a correspondente preincripción no curso e nivel segundo o resultado das mesmas.
  • A incorporación ao curso que corresponda estará supeditada á dispoñibilidade de prazas na EOI.
  • A incorporación, tras a realización da proba de clasificación, a un curso superior ao primeiro de nivel básico non é equivalente á avaliación positiva dos cursos inferiores.


CALENDARIO DE REALIZACIÓN DA PROBAS DE CLASIFICACIÓN  
  • Alemán 14 de xuño 16.00
  • Francés 16 de xuño 16.00
  • Galego 16 de xuño 10.00
  • Inglés 15 de xuño 16.00
  • Italiano 15 de xuño 10.00
  • Portugués 13 de xuño 16.00. Na EOI de Ferrol só se poderá acceder como máximo a 1º de avanzado de portugués.

MAIS INFORMACIÓN
                                                                                                                                                                           

domingo, 8 de mayo de 2011

Juegos para el cerebro



Si quieres tener una mente despierta te animo a jugar a alguno de los juegos que puedes encontrar en el siguiente enlace:
 http://www.gamesforthebrain.com/                                                                                                                             

                                                         

sábado, 7 de mayo de 2011

Videoxogo: Triviral



Con este videoxogo aprenderás cousas sobre AS AMENAZAS EN INTERNET: virus, gusanos e troianos, spyreware, ciberbulling, grooming.

Na casa, na titoría, so o con 1,2,3 xogadores/as podes entrar no seguinte enlace para comenzar a xogar:  http://www.navegacionsegura.es/home/Triviral.html


miércoles, 4 de mayo de 2011

Exhibición Danza Oriental



O próximo martes 10 de maio ás 18:00 horas, no pavillón do IES, Arume Martínez Fariña de 3º ESO e Irene Berciano de 1º Bach A, xunto co resto de compañeiras do seu grupo da Asociación Shakti Danza bailarán para todos nós Danzas Orientais.

Aduración da exhibición será aproximadamente de media hora.                                                                    


                                                                                                                                                           

jueves, 28 de abril de 2011

¿Tes talento nas matemáticas?



Se tes 12-13 anos e o teu son as matemáticas, ínscríbite nas actividades que ESTALMAT 2011 organiza nos cursos 2011-12 e 2012-13.

Para poder optar a estas actividades se convoca un proceso de inscrición que consta de 2 fases:
  • Proba de aptitude. Terá lugar o sábado 28 de maio, ás 10 horas na Facultade de Matemáticas da USC. Consistirá na resolución dunha colección de problemas.
  • Entrevista persoal
Se eres seleccionado/a poderás optar ao programa de actividades donde poderás compartir experiencias con rapaces/zas de toda Galicia que teñen talento coas matemáticas. As actividades que inclúen son:
  • Sesións de formación matemática: 3 horas á semana durante as mañás dos sábados (20 sesións) donde se traballan contidos que habitualmente quedan fora das programacións de matemáticas na ESO   
  • Outras actividades: xornadas virtuais, concursos, conferencias...

Para inscribirte, cumprimenta o  formulario que encontrarás en http://www.estalmatgalicia.com/ antes das 24 horas do 24 de maio de 2011.  

Por último, comentar que na organización deste Proxecto colabora a Real Academia de Ciencia Exactas, Física e Naturais e a Facultade de Matemáticas da USC, co apoio económico da Fundación Vodafone-España, as Deputacións de Coruña e Lugo, o Proxecto I-MATH ingenio Mathematica e o Consello Superior de Investigacions Científicas (CSIC). No IES contamos con Covadonga que colabora no Proxecto, podedes solicitarlle mais información se o precisades.




miércoles, 27 de abril de 2011




"Esto es Troya" te espera mañana jueves 28 abril a las 16:00 horas en el IES Calvo Sotelo de A Coruña.
La entrada es gratuita, ¡aprovecha la ocasión antes de que salten a la fama!.

El ANPA pone a disposición del alumnado un bus para apoyar a los compañeros de Bachillerato que interpretan la obra.

No faltes, apoyemos todos/as juntos a "Esto es Troya" con nuestro presencia y nuestros aplausos.

sábado, 9 de abril de 2011

Todo el mundo con "Esto es Troya"



El jueves 28 de abril (a la vuelta de Semana Santa) tendremos la oportunidad de presenciar el ESTRENO MUNDIAL DE "ESTO ES TROYA" en el IES Calvo Sotelo de A Coruña a las 16.00 horas.

Olga Cabalar, profe de música, dirige la obra "Esto es Troya" que representará al IES Mugardos en el "XIV Certamen de Teatro Escolar y Aficionado Candilejas Don Bosco 2011" y que interpretarán nuestros alumnos/a de:

1º Bach A:
  • Bárbara Corbeira
  • Marta Díaz
  • Rosa Eiroa
  • Beatriz Gamallo
  • Cristina Gamallo
  • Alexandra Kuntz
  • Anais Prieto
  • José Rodríguez-Moldes
  • Iago Romero
  • Pilar Silvar
  • Abraham Vazquez
  • Irimia Vila
1º Bach B:
  • Silvia Filgueira
  • Dway García
  • Alejandro Hugo López
  
¡Qué no te lo cuenten, alumnos/as, profes y padres/madres todos juntos con "Esto es Troya" el 28 de abril! Entrada gratuita.




sábado, 2 de abril de 2011

"De aquí no pasas"


Porque no te conozco de nada, porque no nací ayer, porque tus historias no me impresionan... porque sé cuidarme en la red DE AQUÍ NO PASAS!

"De aquí no pasas" es una iniciativa de Save the Childrens en colaboración con el Ministerio de Sanidad y polítca social que tiene como objetivo advertir a los/as adolescentes y padres/madres de los riesgos del uso de las redes sociales.

Incluye guías para padres/madres e hijos/as, explica lo que hay que tener en cuenta en cada red social para no meterse en problemas, e informa sobre direcciones para formalizar denuncia.

viernes, 1 de abril de 2011

Torre de Babel


para coñecer as condicións, proceso de inscrición e tipos de axudas da Consellería para aprender idiomas. 

As axudas están dirixidas ao alumnado de todos os cursos da ESO e Bacaharelato.

Aproveita a experiencia, será de moita axuda para preparar a proba oral das PAU (Probas de Acceso á Universidade) que comeza o ano que ven e, sobre todo, para mellorar a túa aprendizaxe. Tes de prazo ata o 11 ABRIL.