Como ves, aprender se pode aprender todo.
Supoño que a mensaxe da curta "Mamás y Papás" está clara e observaches con facilidade como a nena protagonista aprende o modelo violento do pai e a relación que un home pode establecer cunha muller nunha relación de parella. O que ao mellor non é tan claro é que a nena reproduce tamén o que se denomina CICLO DA VIOLENCIA.
Debes saber que este ciclo que sempre se reproduce unha e outra vez, conta con 3 fases. Vou contarvos en que consisten para que, se algunha vez vos encontrades no caso ou coñecedes a alguén do voso entorno que esté vivivindo unha situación de violencia, poidades actuar. Imos ver entón cales son e en que consisten estas 3 fases:
1. ACUMULACIÓN DE TENSIÓN: O maltratador cambia o seu estado de ánimo de forma repentina, móstrase molesto ante calquer comportamento da muller, insulta, menosprecia e realiza actos de violencia menor. A tensión prodúcese por conflitos cotiás. A vítima intenta calmalo e mesmo chega a culparse. A tensión aumenta ata chegar a fase seguinte.
2. AGRESIÓN: Prodúcese a agresión física, psíquica ou sexual grave. A violencia do agresor lle calma, non é unha demostración de forza, senón un acto de impotencia (como non alcanza as súas expectativas, sente que perde poder e agrede para recuperalo).
3. "LÚA DE MEL" OU ARREPENTIMENTO: Fase de calma ou arrepentimento, promesa de non volver a agredir. A vítima cre neste cambio e volve co agresor. Despois iníciase novamente o ciclo.
Podes volver a ver o vídeo ou entrar no seguinte enlace http://www.elmundo.es/documentos/2004/06/sociedad/malostratos/2006/diario_sara/index.html no que atoparás EL DIARIO DE SARA (diario real dunha muller vítima de violencia de xénero) para comprobar se eres capaz de identificar con claridade estas fases.

Como toda moneda ten dúas caras, imos ver a curta "Máxica" que reflexa igualmente a idea de que os nenos/as aprenden o que ven pero mostra unha cara mais amable transmitíndonos que todo se pode cambiar ou polo menos intentar.
Ti, que pensas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario