domingo, 7 de noviembre de 2010

Manorexia


Quizais, nunca escoitaras antes esta palabra. Imos polo tanto ampliar vocabulario e significados que aínda que non son novos, moi a miúdo, aparecen distorsionados na sociedade. 

Manorexia fai referencia á anorexia masculina. É importante saber que a anorexia non é unha trastorno asociado ás mulleres senón que é unha enfermidade sen sexos. 

Os trastornos de conduta alimentaria, son trastornos complexos que teñen como síntomas a perda de peso asociada a unha inxesta deficitaria de alimentos e unha imaxe corporal distorsionada. 

É unha enfermidade pouco comprendida xa que é difícil entender que unha persoa deixe de comer de maneira drástica e se vexa gordo con por exemplo 30 kilos. Para comprendela temos que ter claro que esta enfermidade ten como orixe serios problemas psicolóxicos (depresión, autoestima moi baixa...) que, a persoa "resolve" con condutas alimentarias inadecuadas que poñen en serio perigo a súa saúde. Esta é unha enfermidade que destrúe á persoa e que afecta ao seu entorno familiar e social e que, polo tanto, precisa da comprensión e axuda do seu entorno e da sociedade en xeral, especialmente no momento actual no que se observa un aumento da súa incidencia na poboación do 20% .        

A continuación, podedes ver o seguinte video-reportaxe de Tele 5 no que se trata a experiencia dun rapaz en tratamento terapéutico e que recolle tamén o triste desenlace dun modelo de pasarela enfermo de manorexia. 



Se precisas axuda ou coñeces a alguén que a precise, contacta coa orientadora ou entra no seguinte enlace de ABAC (Asociación de Anorexia e Bulimia de A Coruña): http://www.abacoruna.com/






No hay comentarios:

Publicar un comentario