A que saben e ulen as froitas de sempre...? Pódense cultivar viñas ecolóxicas e producir gando de calidade e competitivo no mercado?
Se che interesan estas cuestións e outras como o desenvolvemento sostible, a produción de alimentos sen produtos químicos, a apicultura, o cultivo de campos ecolóxicos, o auxe do mercado ecolóxico... e ademais, o traballo ao aire libre gústache moito, pode que este sexa o teu ciclo!!
Seguro que tes interese en saber cales son os ámbitos de traballo dos Técnicos/as en produción agroecolóxica:
- explotacións frutícolas, hortícolas e de cultivos herbáceos ecolóxicos
- explotacións pecuarias ecolóxicas
- empresas de produción de plantas para xardinaría ecolóxica
- institucións de investigación e experimentación en cultivos e en produción gandeira ecolóxica
- empresas de servizo á agricultura e á gandaría ecolóxica
- viveiros e hortas escolares
- empresas de certificación de produtos ecolóxicos
- granxas-escola e aulas de natureza
- Control fitosanitario
- Empresa e iniciativa emprendedora
- Formación e orientación laboral
- Formación en centros de traballo
- Fundamentos agronómicos
- Fundamentos zootécnicos
- Implantación de cultivos
- Infraestruturas e instalacións agrícolas
- Principios de sanidade vexetal
- Produción agrícola
- Produción de carne e outras producións gandeiras
- Produción de leite, ovos e animais para a vida
- Taller e equipamentos de tracción
Para completar esta información podes consultar o plan de estudos e os centros galegos que o imparten premendo no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/fp/files/trit/10_11/Agraria.pdf . E para finalizar, aconséllote profundizar mais no tema agroecolóxico vendo os seguintes videos: "Producción de alimentos sen produtos químicos", "Mañá todos necesitaremos a agricultura"
No hay comentarios:
Publicar un comentario