miércoles, 12 de enero de 2011

Investigación: rúas galegas con nome de muller


A invisibilidade da muller ao longo da historia queda reflexada nas rúas que percorremos a diario en cada rincón do mundo. Pensaches algunha vez cantas rúas teñen nome de muller?...Non?, pois faino, pensa en 5 rúas e dime cantas teñen nome de muller... Tremendo , non?!

Para profundizar mais neste tema vos plantexo a seguinte tarefa de investigación: averigüar na vosa localidade (Mugardos, Ares) e nas que teñen mais poboación (Ferrol, A Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo) cantas rúas teñen nome de muller e cantas de home.

Para iniciar a investigación vos organizaredes en grupos de 2-3 compañeiros/as e escolleredes algunha das localidades mencionadas anteriormente. Posteriormente e con axuda de buscadores de rueiros e guías, clasificaredes os nomes das rúas por sexos, tendes que ser moi rigurosos porque publicaremos os resultados neste blog.


Actividades de ampliación:
  •  Se o tema vos resulta interesante, podedes facer carteis coa biografía das mulleres que dan nome ás rúas de Mugardos e Ares. 
  • Por que destacan as mulleres que dan nome as localidades galegas? Existen diferencias ou encontramos mulleres e homes nas diferentes disciplinas: política, arte, educación,religión...   
Programa Iguais-Diferentes: @. Titoría

No hay comentarios:

Publicar un comentario