miércoles, 12 de enero de 2011

Pablo Pineda, actor, universitario, opositor...síndrome de down

Seguindo co apartado Gente Maja, hoxe vos presentamos por se non o coñeciades a Pablo Pineda.

Para facer a presentación, que mellor que sexa mediante dúas entrevistas realizadas ao protagonista: unha, mais formal realizada por Iñaki Gabilondo e, outra moi divertida e mais informal realizada por Pablo Motos no programa "El hormiguero". Ah, fixádevos nas estruturas e estilos das entrevistas que tamén podedes sacar proveito para as clases de linguas.    




Para saber un pouco mais da Sindrome de Down vos plantexamos unha tarefa de investigación. Accede ao seguinte enlace: http://www.downgalicia.org/webquest/introduccion.htm e segue os pasos da webquest.

Por último recorda que ningunha persoa é igual a outra e, da mesma maneira que existe variabilidade entre as persoas sen deficiencias, tamén existe variabilidade entre as persoas cun determinado tipo de deficicencia. Pablo Pineda ten Síndrome de Down pero non é igual a outros síndromes de Down, Pablo Pineda é sobre todo e por encima de tódalas cousas PABLO PINEDA. 

Programa Iguais-Diferentes. Bloque: capaces e con oportunidades. 3º ESO. Materia: Bioloxía, Titoría

No hay comentarios:

Publicar un comentario