martes, 11 de enero de 2011

Programa Iguais-Diferentes


A finais do 1º trimestre, a CCP acordou traballar interdisciplinarmente o Programa Iguais-Diferentes durante o mes de xaneiro. Cada profesor/a decide que día/s e sesión/ns realiza durante este mes.

Recordemos que este programa está estruturado en 3 bloques, cada un deles dirixido aos cursos de 1º a 3º ESO. Os bloques, obxectivos xerais e niveis para os que se dirixen son os seguintes: 
  • Bloque "Primos-hermanos". 1º ESO. Obxectivo: traballar a interculturalidade resaltando os puntos comúns entre as diferentes culturas, países...
  • Bloque "@". 2º ESO. Obxectivo: favorecer a coeducación desde a pespectiva de xénero
  • Bloque: "capaces e con oportunidades". 3º ESO. Obxectivo: plantexar as diferencias entre as persoas por motivos persoais, culturais, sociais e económicos...favorecendo a empatía e a comprensión en positivo destas diferencias.

Actividades e recursos para o profesorado.
Recordade tamén que o Departamento de Orientación fixo unha proposta de actividades a desenvolver nas materias de cada curso. Ademais tendes neste blog:
  1.  na barra da esquerda, unha selección de enlaces ordeados por bloques (primos-hermanos, @ capaces e con oportunidades) nos que encontraredes recursos ou actividades deseñadas por outros/as compañeiros/as que vos poden servir de axuda. Cada enlace ten en paréntese a materia para a que eu penso que pode ser apropiada, cando aparecen 2 ou mais materias asegurádevos que non hai outro compañeiro que a vai a desenvolver na súa materia.    
  2. na barra da dereita, unha etiqueta co nome "Iguais-diferentes" con entradas e actividades preparadas para cada bloque. Aquí tamén podedes incluír as que vos fagades (enviádemas ao correo orimugardos@gmail.com para que as publique, solicitádeme a contraseña para realizalas vós mesmos ou, pedídeme xuda e a publicamos xuntos/as). Revisade de vez en cando estas entradas porque durante todo o mes irei introducindo novas actividades. 

 
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario