Hoxe vos presento un ciclo superior que de novo soamente poderemos encontrar en Galicia, no CIFP Anxel Casal-Monte Alto de A Coruña. Trátase do CS de Audioloxía protésica que ten como obxectivo formar a titulados/as que terán como funcións básicas:
- Seleccionar, adaptar e manter próteses auditivas
- Realizar a avaliación audiolóxica e o seguimento da persoa usuaria
- Determinar medidas de protección acústica
Con este título poderás traballar en gabinetes audiolóxicos, en empresas que levan a cabo planes de protección do ruído ambiental e, na sanidade pública e privada.
Como poderás observar no folleto explicativo da familia de Sanidade, á que pertence este ciclo, estudarás módulos formativos relacionados coa electrónica (as próteses son elementos electrónicos), a prevención de ruído ambiental (elementos de protección sonora), atención á persoa hipoacúsica, comunicación verbal ...
Na seguinte imaxe podes ver algúns dos elementos típicos dunha aula de Audioloxía Protésica e que che poden dar unha idea do que podes encontrarte no ciclo:
Entre as peculiaridades do CIFP Anxel Casal, destaco: a colaboración coa Consellería de Sanidade en programas de detección de deficiencias auditivas, un proxecto iniciado hai uns anos polo profesorado para axudar a persoas que precisan de audiopróteses e non dispoñen de recursos suficientes (modifican e adaptan audífonos donados por outras persoas) e, a realización de cursos e xornadas de formación para profesionais do sector (os CIFP realizan formación para o emprego), un exemplo é a 1ª xornada técnica audioloxía protésica que organiza este mes de marzo: http://www.edu.xunta.es/fp/files/CIFP/Eventos_CIFP/CIFPAnxelCasal_I_Xorn_tecn_audioloxiaprotes.pdf
O alumnado de 1º ESO terá a oportunidade na Semana das Profesións, concretamente o vindeiro 22 de marzo, de coñecer este ciclo cando visitemos o CIFP Anxel Casal (A Coruña).
Para saber mais, CONSULTA os seguintes enlaces:
- http://www.edu.xunta.es/fp/files/trit/10_11/Sanidade.pdf (folleto do ciclo)
- http://www.edu.xunta.es/fp/videos_SAN.htm (video explicativo do ciclo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario