sábado, 2 de abril de 2011

Música, alcol, velocidade ..."flores en la carretera"

Hai un tempo vos contei que Jabón Blue, grupo galego que algúns xa coñeciades, xunto co actor tamén galego Manquiña, eran os autores dun video musical que forma parte da campaña "LIBRE"

Hoxe vos deixo o seu video, estou segura que a moitos/as vos gustará.


Xa estamos preto dun período vacacional donde desgraciadamente se producen moitos accidentes que enchen de "flores a carretera", sería unha boa idea que pais/nais, profesorado (sobre todo o que conduce todos os días desde diferentes partes de Galicia para chegar ao seu posto de traballo) e os/as que xa conducides moto ou coche, tivésemos na nosa radio esta canción e a canturreásemos de vez en cando para recordar a súa mensaxe.

Por último, vos deixo enlace de videos con mensaxes de xente da música e o deporte que colabora coa campaña "LIBRE" (libre de alcol, libre de preocupacións):
  • Alberto Meira
http://www.youtube.com/watch?feature=player_profilepage&v=IY6RLRasYr0
  • Rosa Cedrón:
 http://www.youtube.com/watch?v=3Rtaz86yXQU

As flores, nos xardíns!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario