jueves, 7 de abril de 2011

Proxecto ANOCA: APRENDER NO CÁRCERE



Onte Andy e César e os seus profes Juan Luis e Susana, do Proxecto ANOCA (Aprender NO CÁrcere), visitáronnos para contarnos un pouquiño das súas vidas, e darnos a coñecer de primeira man a difícil situación das persoas que están privadas de liberdade e os feitos e situacións que poden levar a unha persoa a prisión. 

Sorprendeume Cesar cando nos contaba que aos seus coarenta e tantos estudaba 4º ESO mentras empregaba unha linguaxe culta extraordinariamente coidada e transmitía reflexións moi profundas da súa vida en particular e da vida dunha persoa con adición ás drogas en xeral. Penso que a súa intelixencia e cultura están demostradas, sei que chegará lonxe nos seus estudos. Das súas reflexións quédome con varias puntos que ademais eu comparto ao 100% e que sempre que podo tamén transmito aos meus alumnos/as:

  • a definición excelente de autonomía e independencia que nos permitirá ter claros os límites e decidir por nós mesmos
  •  a importancia dos estudos (no seu caso a decisión de deixar de estudar marcou o momento no que a súa vida foi costa abaixo)
  • a empatía que demostrou ao reflexionar sobre a situación das persoas que están no seu contorno e que viven a situación de ver como se destrúe a persoa que queren a pesar dos esforzos para que abandonen as drogas
  • a transformación da persoa drogodependente que se volve egocéntrica, mentirosa, manipuladora e cun único obxectivo común a todos os días: conseguir droga  
  •  as fases polas que pasan as persoas dependentes a unha sustancia (tolerancia, adicción e abstinencia) e as emocións que xurden en cada unha delas (sentir euforia e pracer para despois sufrir sempre).
  • as secuelas físicas e as psicolóxicas, sociais...   
  • a dificultade para desengancharse ( ti decides ao principio probar ou non a droga, despois ela decide por ti), o diñeiro que se precisa para "manter " á coca (600 EUROS DIARIOS), e a inevitable consecuencia de delinquir para poder comprala
  • as razóns que poden parar a unha persoa drogodepente no seu afán de conseguir a droga: a garda civil, o agotamento físico por introducir doses altas ou, que o corazón deixe de latexar
  • os mecanismos para iniciarse: a imitación, sobre todo dos maiores e do grupo de amigos
  • o recordo da Xeración Perdida e as voces que xa non se escoitan dos amigos/as que comezaron xunto a el coas drogas. Recoméndovos ver o Documental MAREA BLANCA donde se fala desta Xeración e da Droga en Galicia e, ler "La agenda de  los amigos muertos"     
               


Estou segura que me deixo un montón de reflexións e experiencias interesantes, en Comentarios podedes recordarmos e deixar as vosas opinións.

E que dicir de Andy que nos trasmitiu con tanta emoción:

  • a importancia da familia e a procura da felicidade dos nosos e dun mesmo
  • a "ceguera" que observa no noso país cando non valoramos as oportunidades das que dispomos  e non aproveitamos o que se nos ofrece para mellorar na vida: educación de calidade e respetuosa, oportunidades sociais, laborais...
  • a obrigatoriedade de pensar nas consecuencias antes de actuar e de ser conscientes que hai situacións (pelexas) con consecuencias impredicibles que poden condicionar a nosa vida (ingreso en prisión)
  • que todo o que se fai sexa con boa ou mala intención, de ser contrario á lei, pesa e contribúe a que a resposta legal ás nosas accións sexan mais ou menos contundentes (Andy tiña 2 antecedentes penais antes da pelexa que trouxo como consecuencia o seu ingreso en prisión) 
  • a importancia de separarse dos problemas e das persoas que nos poden compricar a vida 
  • a necesidade de convivir con todo tipo de xente, respectar as normas, respectar ás mulleres, aos pais e nais...incluso á xente que vive ao marxe das normas sociais

Andy ademais nos contou como era a educación, as familias e a problemática de moitos xoves de Africa, nos demostrou que a NECESIDADE fai avanzar as persoas e que en pouco tempo podemos aprender un idioma e dar unha charla, aprender un oficio, ...Toda unha lección a que nos deu Andy!! Aprendamos da súa dura experiencia e VALOREMOS O QUE TEMOS ASÍ COMO ÁS PERSOAS QUE SE PREOCUPAN POR NÓS.

MOITAS, MOITAS GRAZAS ANDY E CESAR, a vosa charla calou moito entre o alumnado e o profesorado!! Grazas tamén ao profesorado de ANOCA por facer posible esta experiencia e acercarnos esta realidade ás aulas, gracias JUAN LUIS, gracias SUSANA.          
     
Quero destacar o SILENCIO TAN RESPETUOSO DO ALUMNADO, os ollos como pratos, os aplausos sinceros, os comentarios e as preguntas do alumnado e do profesorado e, as valoracións dentro das aulas...  GRACIAS!!

Por último, recórdovos que podedes comentar neste blog e no blog do PROXECTO ANOCA o que desexedes, xa sabedes o importante que é para as persoas contar con comentarios positivos e con reflexións doutras persoas...
ENLACE: http://proxectoanoca.blogspot.com/search/label/Mugardos%2010-11

No hay comentarios:

Publicar un comentario