jueves, 28 de abril de 2011

¿Tes talento nas matemáticas?



Se tes 12-13 anos e o teu son as matemáticas, ínscríbite nas actividades que ESTALMAT 2011 organiza nos cursos 2011-12 e 2012-13.

Para poder optar a estas actividades se convoca un proceso de inscrición que consta de 2 fases:
  • Proba de aptitude. Terá lugar o sábado 28 de maio, ás 10 horas na Facultade de Matemáticas da USC. Consistirá na resolución dunha colección de problemas.
  • Entrevista persoal
Se eres seleccionado/a poderás optar ao programa de actividades donde poderás compartir experiencias con rapaces/zas de toda Galicia que teñen talento coas matemáticas. As actividades que inclúen son:
  • Sesións de formación matemática: 3 horas á semana durante as mañás dos sábados (20 sesións) donde se traballan contidos que habitualmente quedan fora das programacións de matemáticas na ESO   
  • Outras actividades: xornadas virtuais, concursos, conferencias...

Para inscribirte, cumprimenta o  formulario que encontrarás en http://www.estalmatgalicia.com/ antes das 24 horas do 24 de maio de 2011.  

Por último, comentar que na organización deste Proxecto colabora a Real Academia de Ciencia Exactas, Física e Naturais e a Facultade de Matemáticas da USC, co apoio económico da Fundación Vodafone-España, as Deputacións de Coruña e Lugo, o Proxecto I-MATH ingenio Mathematica e o Consello Superior de Investigacions Científicas (CSIC). No IES contamos con Covadonga que colabora no Proxecto, podedes solicitarlle mais información se o precisades.




No hay comentarios:

Publicar un comentario