Mañá, mércores 11 de maio, e o xoves 12, o alumnado de 2º ESO realizará a proba deseñada pola Consellería de educación para valorar o grao de consecución das seguintes competencias:
- matemática
- lingüística
- coñecemento e interacción co mundo físico (novidade respecto o curso pasado)
A proba consta de 3 partes e se completa coa cumplimentación de dous caderniños: un para o alumnado e outro para as familias.
As probas son anónimas e serán correxidas por profesorado do centro que preferentemente non dea clase ao alumnado de 2º. Os resultados cargaránse nunha aplicación informática que permitirá á Consellería ofrecer datos sobre o nivel de adquisición das competencias do alumnado galego e do alumnado de Mugardos. En ningún caso, se facilitarán datos individuais.
Mais información: Resolución do 3 de decembro de 2010, DOG 14 decembro 2010.
No hay comentarios:
Publicar un comentario