O Ministerio de Educación publicou no BOE do 17 de maio de 2011 a Orde EDU/1247/2011, de 12 de maio, na que introduce modificacións na adscrición de materias da fase específica para o cálculo da nota de admisión. Esta modificación ten carácter transitorio e afecta ao alumnado que se presente á Proba de Acceso á Universidade nas convocatorias ordinaria ou extraordinaria de 2011.
As titulacións nas que se modifican os parámetros son Psicoloxía, Terapia Ocupacional, Óptica e optometría e Logopedia (ver enlace). Cambio ponderacións PAU 2010-11
Comprobándose que hai alumnado afectado polo cambio de adscrición dalgún destos títulos despois de iniciar os estudos de bacharelato, de maneira transitoria permítese que na Proba de Acceso á Universidade nas convocatorias ordinaria ou extraordinaria de 2011, o alumnado poida examinarse na fase específica das materias de modalidade que desexe e que a súa cualificación sexa incorporada á nota de admisión, independentemente de que tales materias estean ou non adscritas á rama do coñecemento do título ao que queiran ser admitidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario