Leticia Ogando nos presenta a nova edición do Rastro Solidario:
Como moitos xa sabedes, desde o curso pasado estamos a recaudar fondos para axudar na construción dun aula no colexio de Educación Secundaria Oldonyosambu de Tanzania. O diñeiro recollido no rastro do ano pasado alcanzou para mercar os ladrillos e as planchas para o tellado. Agora necesitan mercar o cemento e pagar a man de obra para completa-lo aula.
Con este obxectivo organízase o II Rastro Solidario, onde tanto os alumnos/as coma os profesores/as poden contribuír, de maneira voluntaria, aportando obxectos en bó estado (que xa non utilizamos e que outros poden aproveitar), para a súa venda no Rastro. Este estará organizado da seguinte maneira:
- Tipo de materiais: libros, cds, dvds, xogos, bisutería, obxectos decorativos, roupa..., sen deterioro, e que non sexan moi voluminosos.
- Os alumnos/as que desexen participar deberán entregar os obxectos a través das titorías, nas clases de Atención educativa e/ou relixión ata o luns 30 de maio. Durante esta semana os obxectos depositaranse na caixa correspondente a cada grupo, situadas na súa aula. Desta maneira búscase que tódolos grupos se motiven a ter algo.
- O profesorado tamén poderá deixar as súas aportacións na caixa ubicada na sá de profes.
O Rastro Solidario terá lugar o Mércores 1 de Xuño, en horario lectivo (de 8:45 ata as 14:25h) na entrada do edificio.
Co fin de que o diñeiro chegue íntegro ao seu destino creouse unha asociación sen ánimo de lucro, “Iguais-Educación e cooperación”, abrendo unha conta en Barclays (0065-1092-40-0001028729) onde non nos cobran ningunha comisión polas transferencias.
Desde GPS ORIORI agradecemos a Leticia a proposta e coordinación desta iniciativa que nos permite axudar ás persoas mais desfavorecidas e aprender o valor da solidaridade.
Tamén damos as grazas ao alumnado, familias e profesorado comprometido que colabora con esta causa.
Moita grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario