domingo, 12 de junio de 2011

Acto Recoñecemento dos mellores expedientes (Bacharelato+PAU) 2011



Ser o/a mellor merece o seu recoñecemento. Por iso cada ano, desde o programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”  se organiza o Acto de recoñecemento aos estudantes de centros de Ensino Medio de Galicia que acaden a puntuación de nove ou superior como resultado da media ponderada do 60% da nota media do bacharelato e o 40%  da cualificación da fase xeral (queda excluída a fase específica que só ten efectos para acceder ás titulacións con  limite de prazas) das Probas de Acceso á Universidade (PAAU) no presente ano.

O Acto terá lugar o venres día  1 de xullo ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, sito no Parque da Milagrosa (Lugo). O auditorio dispón de aparcadoiro propio e gratuíto. Por esixencias de organización, é preciso estar presentes, como mínimo, media hora antes do comezo do acto.

Temos que enviar á organización unha relación cos apelidos e nomes dos/as alumnos/as e o número de familiares que os acompañen, así como dos profes acompañantes. 

A confirmación de asistencia deberá facerse no centro ata o día 27 de xuño, xa que o día 28 é o último día que ten o centro para mandar os datos.  





NON DUBIDES EN ASISTIR, A EXCELENCIA TEN QUE SER RECOÑECIDA!!!   




                                                                                                

No hay comentarios:

Publicar un comentario