Esta semana imos propor ao alumnado de 4º que se inicie en tarefas de investigación e análise de datos.
Como confiamos en que podedes facelo moi ben, vos encargaremos a tarefa de confeccionar a enquisa que nos permita coñecer a opinión do alumnado que asistiu ás charlas das consecuencias legais de consumo e tenencia de drogas(2º a 4º ESO e PCPI).
Teredes que facer a enquisa seguindo as seguintes instrucións:
- A linguaxe debe ser clara e concisa, sen interpretacións
- Estará dirixida ao alumnado de 2º, 3º,4º e PCPI
- Realizaredes unha única pregunta con varias respostas (as que determinedes vos) e indicaredes se se pode marcar unha ou varias respostas. A persoa que realiza a enquisa marca unha ou varias das respostas que incluades.
- Podedes facela individualmente ou en grupos de 3. Logo faredes unha posta en común e seleccionaredes 2 enquisas. Cada titor de 4º levará as 2 propostas de cada grupo á reunión de titores-orientación e alí se escollerá a enquisa que se publicará neste blog para que o alumnado poida votar.
- A enquisa estará aberta durante 2 semanas. Unha vez pechada e obtidos os datos, teredes que facer unha análise dos resultados e redactar un artigo sobre este tema para o blog que podedes completar con historias, opinións...
Animo aos investigadores/as e reporteiros/as do centro!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario