sábado, 30 de octubre de 2010

Mergullador/a profesional


Imos a estrear o apartado "De profesión..." cun video- reportaxe de Antena 3 que explica a Profesión de Mergullador/a profesional. Glugluglu...

Se che interesa esta profesión, debes estudar o Ciclo Medio de Mergullo a media profundidade. Glugluglu... Este ciclo pertence á familia de Marítimo-Pesqueira  e para poder cursalo terás que superar unha proba de acceso da que podes informarte en Orientación. Glugluglú...

Ata este curso, a oferta de centros que imparten esta ensinanza redúcese ao IGAFA. Este centro está ubicado na Illa de Arousa nun enclave privilexiado, rodeado de natureza.

Se tes boa capacidade pulmonar (abstenerse asmáticos/as), che gusta o mar, a natureza e tarefas coma soldadura, auxilio, extracción e toma de mostras en diferentes sectores: pesca, acuicultura, bioloxía, arqueoloxía submarinas, enxeñaría, esta pode ser unha boa opción para ti. 


Para ter mais información sobre este ciclo, pincha no seguinte enlace:  http://www.edu.xunta.es/fp/files/trit/10_11/Maritimo%20Pesqueira.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario