miércoles, 3 de noviembre de 2010

Flores en la carretera



Ben, ben e ben por Jabón Blue!

Non sabes quen é Jabón Blue? e Manquiña?...hmmm

Pois son artistas galegos, músicos e actores, que se uniron por unha causa: axudar á xentiña a que sente a cabeza, especialmente á xente xove.

Esta ponte de novembro saíron nunha canle de TV para presentar unha nova campaña. Que campaña será? A ver, a ver, pensa no título: Flores de carretera. Recorda se algunha vez viches flores na estrada e pensa por que se poñen. Non se che ocorre nada? Pois entón é mellor que mires o seguinte video.
  
 


Agora tenta encontrar a letra de Flores en la Carretera e dá a túa opinión. 
Coñeces algunha canción, video, historia...relacionado co tema? Busca e encontra, logo cóntanolo. 
Envía ao correo orimugardos@gmail.com o que queiras aportar ao blog ou dállo ao teu titor/a para que  poidamos colgalo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario