domingo, 31 de octubre de 2010

Majetes made in Mugardos



Vou contarte un cotilleo, pero ollo gárdao!.

O outro día quedei cunhas cantas persoas do insti, con algunhas tomaba contacto por primeira vez, a outras xa as coñecía un pouco. Uns eran noviños/as, outros ...mmm...tamén.

Falamos de tantas cousas... das nosas vidas, das de outros, do que xa pasou e do que está a pasar, de sentimentos, de añoranzas, de lugares máxicos, de costumes...

Foi XENIAL, agora que moita xente fala "tecleando" e nos olvidamos de falar de verdade, encontrar con quen falar sobre o que alguén contou unha vez sen importar a idade, se estudas ou traballas, se eres pai/nai ou fillo/a, se eres loiro/a ou moreno/a ... é unha experiencia única.

Oes, non o contes por ahí que logo se entera todo o mundo e xa non é o mesmo  pero, se te apetece unha quedada con nós pincha no enlace para coñecer as datas dos nosos encontros:   http://lermugardos.blogaliza.org/2010/10/27/compartir-lecturas/


No hay comentarios:

Publicar un comentario