Desexo e confío en que cada un dos nosos queridos/as alumnos/as escolla os camiños que lle leven a unha vida feliz, chea de ilusión, e de éxito persoal. Confío en que colaboredes con aqueles/as que teñen mais dificultades na vida e precisan da vosa/nosa axuda. Confío en que saibades afrontar as dificultades coas que a vida sempre nos sorprende e pidades a axuda necesaria para sortealas. Confío en que disfrutedes do bo da vida e das persoas que nos acompañan. Confío en vós igual que antes alguén confiou en min. Confío en vós porque sodes o futuro, confío...
Oriori desexa aos seus alumnos/as, ás familias e aos compañeiros de batallas, un nadal cheo de ledicia e ilusión e envíavos os seus mellores desexos para o 2010.
Grazas por ori-oirientarnos. Boas festas.
ResponderEliminar