Cando falamos de minusvalías, a moitos/as lles ven á cabeza a imaxe dunha persoa que ten imposibilidade ou dificultade para facer cousas...(vamos a parte negativa) pero ninguén pensa que a maior parte das persoas sen esa minusvalía teñen tamén dificultades para realizar esas mesmas cousas.
TEMOS QUE CAMBIAR A MANEIRA DE VER ÁS PERSOAS CON MINUSVALÍA e pensar en positivo, centrándonos no que poden facer. Pensa que, a pesar das súas dificultades, poden lograr metas en grao moi superior que as persoas sen esa minusvalía. Porque non todas as dificultades veñen por deficiencias físicas, psíquicas... tamén están as que temos por falta de motivación de logro e afán de superación, as que veñen por depender dos demais (de papá e mamá, da noiva/o...), as que teñen que ver coa baixa tolerancia á frustración e fan que non nos plantexemos as dificultades como retos, as que veñen por estar cómodos co que temos... ¿non si?
Teño que recoñecer que eu non chego nin por asomo a facer o que consiguen os/as deportistas que aparecen nos seguintes videos. Mirade, mirade e logo comentade o que vos parece!
Tarefas para investigar:
- Sabes que diferencia hai entre deficiencia, minusvalía e discapacidade?
- Averigua se no centro ou no concello hai barreras arquitectónicas
ACTIVIDADE PARA E.F
No hay comentarios:
Publicar un comentario