Hoxe visitounos Pamela Palenciano Jódar que está de xira no noso país con "No solo duelen los golpes. La manera en la que quiero denunciar la violencia machista es contándote mi experiencia". Agradecemos ao concello a súa colaboración e o seu acerto traendo a esta persoa tan especial.
Alumnado e profesorado estamos impactados coas súas vivencias e o seu enorme talento para transmitir a súa experiencia e chegar aos recunchos mais íntimos de cada un de nós. Creo que vai ser este un obradoiro que gardaremos sempre na nosa memoria, así xa mo estades contando.
Para os que queirades estar en contacto con Pamela e seguir os seus proxectos polo mundo adíante, facerlle consultas ou contarlle as vosas opinións, queda desde hoxe no noso blog (ver "Lista dos meus blogs") un enlace ao seu blog e os seus enderezos electrónicos:
- Facebook: nosoloduelenlosgolpes Jódar Palenciano
- Correo electrónico: nosoloduelenlosgolpes@hotmail.com
Imos recordar algo do contido do obradoiro vendo algúns cortes recollidos de youtube (aquí Pamela está con rastas, pero é ela)
Que tal se agora comentamos que foi o que mais nos impresionou do obradoiro de Pamela?
estuvo xenial! eu penso que debería habermas cursos deste tipo!
ResponderEliminarAlégrome que che gustara, eu tamén penso que estivo xenial. O departamento de orientación ten en mente outras xornadas superinteresantes, coa vosa actitude e o voso interese nos animades a nós os/as profes a continuar traéndovos xente "maja"
ResponderEliminar