O traballo voluntario é o traballo de cooperación non remunerado. Ademáis de realizar un labor social de axuda a colectivos máis desfavorecidos ou de defensa de causas como o coidado do medio natural, desde o punto de vista laboral o voluntariado ten unha serie de avantaxes interesantes como poden ser:
o Permitir adquirir experiencia laboral (por fin podemos encher este apartado no CV)
o Abrir a opción de ser contratados na asociación, ONG… e ser remunerados
o Ter contacto con outras persoas que buscan ou facilitan emprego
O traballo de voluntario/a require un perfil caracterizado pola motivación, a responsabilidade, o compromiso e o optimismo. As persoas voluntarias poden ser estudantes, parados/as, profesionais, recén titulados/as xa que o traballo de voluntariado dá cabida a todo tipo de experiencia profesional.
Os sectores nos que podemos traballar de voluntarios/as son moi amplios: medio ambiente, sanidade, cultura, ocio, minorías... e as tarefas a desempeñar poden ser tamén diversas: administración, xerencia, apoio, información, organización
Algunhas webs donde podedes consultar traballos voluntarios non remunerados e remunerados son:
No hay comentarios:
Publicar un comentario