sábado, 22 de enero de 2011

Probas acceso á universidade 2011



Como pasa o tempo, hai nada comezabas o Bacharelato e agora xa chega o momento de falar das PAU! 

Bueno, pois imos alá, como xa sabes, para acceder a calquera titulación universitaria non queda outra que superar as probas de acceso. Ademais, se estás interesado/a en acceder ás titulacións de "Tradución e Interpretación" ou "Ciencias da actividade física e do deporte", terás que superar outra proba específica (consultar enlaces universidade, barra esquerda).   

Para ter información completa e actualizada das PAU, convén que coñezas os enlaces da web da CIUG (Comisión Interuniversitaria Galega que coordina o acceso s universidade galegas), veña pincha xa no primeiro!:

  • Calendario das probas:
http://ciug.cesga.es/calendario.html
  • Estrutura das probas:
http://ciug.cesga.es/estrutura.html
  • Cualificacións:
http://ciug.cesga.es/cualificacion.html
  • Ponderacións:
http://ciug.cesga.es/PDF/ponderacions.pdf 
  • Exames e solucións:
http://ciug.cesga.es/exames.html

Se prefires, bótalle unha ollada a este resumo donde encontrarás a información simplificada. Ten en conta que os enlaces da CIUG son os que teñen a información actualizada e de haber cambios ten validez a súa información.



E como se acerca o momento de tomar a decisión final sobre o teu futuro académico, seguro que tamén che interesa volver a consultar os seguintes enlaces:
  • Notas de corte:
http://ciug.cesga.es/notascorte.html
  • Tríptico Titulacións Universidades Galegas (2010-11)
http://ciug.cesga.es/PDF/titulaciones2010azul.pdf

Recorda que se necesitas axuda ou precisas resolver algunha dúbida, estou á túa disposición. Podes pasarte polo Departamento de Orientación nos recreos ou os luns pola tarde (previa cita) e, tamén podes facerme a túa consulta por correo (orimugardos@edu.xunta.es).



No hay comentarios:

Publicar un comentario