lunes, 31 de enero de 2011

1ª misión de paz dos mediadores/as



Segundo fontes oficiais, algúns mediadores/as de Mugardos (Bernardo, Samanta, Oscar, Natalia L, Natalia F., Alberto, Adrián, Patricia ) levaron a cabo no día de hoxe unha misión especial de paz.

No 1º recreo, cando profesorado e alumnado estaban preparados para lanzarse ao seu bocata e desfrutar do seu merecido descanso, os intrépidos pacificadores despregáronse silenciosamente polas aulas para facer unha pegada de pombas da paz con mensaxes pacificadoras. A paisaxe de cores e belas verbas inundaron as cadeiras de moitas clases.

Non contentos/as con esta acción, á 4º hora da mañá irrumpiron nas clases para darse a coñecer como equipa de mediación e recordar que o día de onte foi o seu “santo” ( 30 xaneiro, día da paz). Agasallaron a cada clase cun cartel con 2 lecturas (de lonxe tiñamos unha lectura positiva e de cerca unha lectura negativa) e invitaron aos seus compañeiros/as con vales e mensaxes de paz. Os vales, de valor incalculable, viñan cargados de sorrisos, apertas e bicos. Houbo quen se puxo ata riba de amor (profes e alumnos/as!!). Algunha clase emocionada non puido resistirse a aplaudir, penso que algún/ha se controlou para non pedir mais e mais, os mediadores/as satisfeitos/as comentaron que hoxe estaba sendo un gran día!!

A esta hora Mugardos todavía está coas emocións a flor de pel con esta amorosa campaña! Nos preguntamos se haberá mais misións dos mediadores/as, quen sabe se responderán ao clamor da multitude e nos sorprenderán unha vez mais.

 Grazas mediadores/as, hoxe foi un bo día!


 
Recorda que si precisas dunha mediación para resolver algún conflito, podes solicitar no Departamento de Orientación que algún dos seguintes mediadores/as interveña:  
  • Oscar A. (2º ESO)
  • Alberto A. (2º ESO)
  • Samanta G. (2º ESO)
  • Adrián L. (2º ESO)
  • Javier M. (2º ESO)
  • Sergio V.(2º ESO)
  • Adrián M. (3º ESO)
  • Guillermo P. (3º ESO)
  • Patricia G. (4º ESO)
  • Bernardo C. (1º BACH)
  • Natalia L. (2º BACH)

(Gustaríanos que comentaras que che pareceu a misión de paz dos mediadores, unhas verbas de ánimo non lle veñen mal a ninguén, non si?)

2 comentarios:

  1. Alegra, reconforta, gratifica, tranquiliza, fortalece, congratula, satisfai, entusiasma, anima, axuda a vivir saber que estamos entre XENTE DE PAZ.
    As pombas no taboleiro son para un día, as mensaxes para toda a vida.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Serafín por apoiar aos nosos/as mediadores/as e todas as iniciativas partipativas e pacificadoras do centro. Grazas polas túas fermosas verbas.

    ResponderEliminar