Xa podedes inscribirte no procedemento de recoñecemento, avaliación e acreditación de competencias.
- A quen pode interesar?
Ás persoas maiores de 20 anos sen título oficial da ocupación que desempeñan e que contan con experiencia profesional ou formación non regrada nas unidades de competencia dos ciclos nos que se oferta este procedemento. Non podes estar matriculado/a en oferta modular, ordinaria ou a distancia nin en probas libres
asociadas á unidade de competencia da que solicitas a acreditación no momento en que se realiza o procedemento.
asociadas á unidade de competencia da que solicitas a acreditación no momento en que se realiza o procedemento.
Experiencia laboral: ten que demostrarse un mínimo de 3 anos e 2000 horas de traballo nos últimos 10 anos
Formación: debe consistir nun mínimo de 300 horas nos últimos 10 anos
Exemplo: levas un mínimo de 3 anos a tempo completo traballando de mecánico nun taller pero non tes o Título de Electromecánico de Vehículos
- Cal é o obxectivo deste procedemento?
Tendo en conta que a competencia profesional pódese adquirir ademais de por formación regrada (a que dá o titulo e se consigue superando os módulos dun ciclo medio ou superior) por experiencia laboral/formación non regrada e que, temos unha porcentaxe importante de poboación que a pesar de non ter un título ten coñecementos relacionados cun determinado título, é necesario un procedemento que lle recoñeza e acredite a estas persoas os seus coñecementos no ensino regrado.
Aínda que o obxectivo non é acadar o título posto que o título precisa ter recoñecidas mais unidades de competencia que as que se poden recoñecer por este procedemento, a acreditación permite :
-por unha banda, dar "valor" á experiencia laboral /formativa dos candidatos/as
-por outra, facilitar a validación dos módulos dos ciclos formativos e polo tanto a posibilidade de obter o título xa que unicamente habería que formarse ou presentarse a probas libres cando se convoquen, dos módulos non acreditados e dos que non é posible conseguir a acreditación .Este procedemento permite acumular partes do ciclo e se pode combinar con oferta formativa presencial e a distancia e, probas libres realizada noutro momento.
- En que consiste este procedemento?
O procedemento consta de 3 fases:
1. Asesoramento.
O/a candidato será asesorado por un experto asesor do ciclo que lle ofrecerá unha guía do procedemento. Nesta fase que é obrigatoria o asesor/a axuda ao candidato/a a realizar un cuestionario de autovaliación e a recoller os documentos e evidencias da compentencia profesional da persoa (historial formativo e/ou profesional da persoa candidata: certificado vida laboral, certificados de empresa, cursos, traxectoria na empresa ...) para poder aconsellarlle a continuidade á fase seguinte ou polo contario aconsellarlle realizar un itinerario formativo por carecer de evidencias de experiencia laboral acreditable. O asesor/a realiza un informe donde fai constar a a conveniencia de pasar ou non á fase de avaliación pero se é negativo o candidato/a pode decidir continuar igualmente.
2.Avaliación da competencia profesional
Cando na fase de asesoramento o asesor/a encontrou evidencias de que a persoa candidata ten coñecementos adquiridos por formación ou experiencia profesional nesa unidade de competencia que se quere acreditar, faise necesario que unha comisión comprobe eses coñecementos. Os procedementos que se empregan son normalmente: a comprobación no lugar de traballo (se é posible, páctase co candidato/a), a realización de supostos/tarefas nos talleres do centro, a conversa profesional, a simulación...
3.Acreditación e rexistro da competencia profesional
Unha vez realizada a avaliación, rexístrase e acredítase as unidades de competencia superadas e ao mesmo tempo o orientador/a facilita un plan de formación para que o candidato/a poida formarse e adquirir as unidades de competencia non acreditadas por este procedemento se has houbera.
- Que centros realizan a acreditación e de que unidades de competencia?
- Fabricación mecánica.CIFP Politécnico de Santiago. Rúa Rosalía de Castro, 133. 981 52 20 62
CM Soldadura e caldeiraría
- Electricidade e electrónica. CIFP Politécnico de Santiago. Rúa Rosalía de Castro, 133. 981 52 20 62
CM Instalacións eléctricas e automáticas.
- Hostalaría e turismo.CIFP Compostela Rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña). 981 52 31 40
CM Servizos de restauración
-Hostalaría e turismo. CIFP Carlos Oroza Avda. de Montecelo, s/n, 36161 Pontevedra 986 84 70 02
CM Cociña e gastronomía
-Sanidade. CIFP Fene O Pazo, 13-15, 15528 Fene (A Coruña) 981 36 03
00UC0069_1: manter preventivamente o vehículo sanitario e controlar a súa dotación material
-Mantemento de vehículos autopropulsados. CIFP Valentín Paz Andrade Avda. de Madrid, 160, 36214 Vigo (Pontevedra) 986 27 09 04
CM Carrozaría
-Sanidade. CIFP Ánxel Casal-Montealto Estrada de Circunvalación, 15002 A Coruña 981 21 01 12.
CM Emerxencias sanitarias
CM Farmacia e parafarmacia
-Servizos socioculturais e á comunidade. CIFP Ánxel Casal-Montealto Estrada de Circunvalación, 15002 A Coruña 981 21 01 12 / CIFP Compostela Rúa Lamas de Abade, s/n, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña)981 52 31 40
CS Educación infantil
- Existen prazas limitadas?
Si, dependendo da unidade de competencia, entre 50-100 prazas. Consulta os anexos da Orde 21 marzo 2011. Se hai mais candidatos/as que prazas se baremará a experiencia e formación para elexir aos que poden iniciar o procedemento nesta convocatoria.
- Cal é o prazo de inscripción? Donde se realiza a inscripción?
Tes 20 días a partir do 26 marzo de 2011. A solicitude de inscripción entrégase na secretaría do centro donde se realiza o procedemento.
- Donde podo informarme?
Debes solicitar información aos /ás orientadores/as dos centros donde se realiza o procedemento (CIFP) e aos dos centros de formación profesional.
Oriori participou durante 2 anos en 2 centros diferentes neste procedemento polo que se queredes solicitarlle información para un primeiro acercamento ao procedemento solicítalle unha entrevista.
-Lévalle ao teu xefe ou persoal de RRHH a folla de certificación de empresa cuberta coas tarefas que desempeñas/desempeñabas na empresa, é moi importante xa que serve de evidencia da túa competencia profesional, canto mais detallada mais útil para a acreditación.
-Non mintas nos cuestionarios de autoavaliación, logo van a comprobar que o que dis é certo.
-Pensa que o procedemento leva un tempo.
-Se o teu obxectivo é o título deberás pensar en combinar este procedemento con formación regrada (a distancia, presencial: ordinaria e modular) e/ou probas libres (en Galicia todavía non se convocaron para títulos LOE).
-Podes presentarte mais dunha vez. Se na primeira ocasión non puideches conseguir a acreditación dunha unidade de competencia e posteriormente acumulas experiencia ou formación non regrada da mesma volve a intentalo.
-Aínda que pareza un procedemento complexo, a experiencia indica que os candidatos síntense moi satisfeitos co que consiguen e dánse conta que non é tan compricado como parecía. Moitos/as anímanse tanto que reinician estudos.
CONSULTA:
Oriori participou durante 2 anos en 2 centros diferentes neste procedemento polo que se queredes solicitarlle información para un primeiro acercamento ao procedemento solicítalle unha entrevista.
- Consellos:
-Lévalle ao teu xefe ou persoal de RRHH a folla de certificación de empresa cuberta coas tarefas que desempeñas/desempeñabas na empresa, é moi importante xa que serve de evidencia da túa competencia profesional, canto mais detallada mais útil para a acreditación.
-Non mintas nos cuestionarios de autoavaliación, logo van a comprobar que o que dis é certo.
-Pensa que o procedemento leva un tempo.
-Se o teu obxectivo é o título deberás pensar en combinar este procedemento con formación regrada (a distancia, presencial: ordinaria e modular) e/ou probas libres (en Galicia todavía non se convocaron para títulos LOE).
-Podes presentarte mais dunha vez. Se na primeira ocasión non puideches conseguir a acreditación dunha unidade de competencia e posteriormente acumulas experiencia ou formación non regrada da mesma volve a intentalo.
-Aínda que pareza un procedemento complexo, a experiencia indica que os candidatos síntense moi satisfeitos co que consiguen e dánse conta que non é tan compricado como parecía. Moitos/as anímanse tanto que reinician estudos.
CONSULTA:
- A web da consellería donde encontrarás toda a información, documentos a aportar, guías do candidato/a... http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion.htm
- ACREDITA, o asistente personalizado do MEC: http://todofp.es/todofp/formacion/acreditacion-de-competencias.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario