Trasládase información da dirección de centro en relación á convocatoria de folga de mañá día 30 de marzo
Estimados pais/nais:
Tendo en conta o artigo 15 do Regulamento de Réxime Interno do IES Mugardos:
“Coa finalidade de estimular a participación do alumnado nos centros educativos, estes deberán facilitar o dereito de reunión. As decisións colectivas que adopte o alumnado, a partir do terceiro curso de ESO, con respecto á asistencia á clase, non terán a consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción cando sexan o resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á Dirección do centro. Para tal fin establécese que deberán ser decisións colectivas por razóns xerais e comunicadas á Dirección previamente (48 horas) pola Xunta de Delegados. (LOE)
De se producir esta situación, o centro deberá comunicar aos pais a convocatoria desa folga para o seu coñecemento. O profesorado deberá trasladar a falta do alumnado ausente ao XADE e comunicala en conserxería o antes posible quedando esta información a disposición dos titores e da Xefatura de Estudos, que poderán comunicala de xeito inmediato ás familias ou aos servizos da Policía Municipal en caso de se tratar de alumnado de escolarización obrigatoria.”
Comunicámoslles que a Xunta de Delegados, en escrito dirixido á dirección do centro, anuncia a intención do alumnado –excepto de 1º e 2º de ESO- de secundar a folga convocada para o día 30 de marzo polo Sindicato de Estudiantes.
Os servicios do centro (clases, transporte, oficinas,....) funcionarán con normalidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario