O xoves 17 e a semana do 21 ao 25 de marzo teremos no centro unha chea de actividades que teñen como obxectivo que empecedes a pensar no voso futuro profesional. Como para decidir temos que coñecer as opcións e esto leva tempo, este ano no centro acordamos que para traballar a orientación profesional e axudarvos a definir metas persoais:
Con todo o que traballamos, conseguimos ofrecervos grazas á participación dos centros que enumero a continuación as seguintes charlas/visitas:
- Todos os niveis de todas as etapas terían a posibilidade de visitar centros de formación ou recibir charla dalgún centro ou profesional no IES
- o profesorado vos falaría de profesións relacionadas coas materias que cursades
- a orientadora realizaría sesións para axudarvos na toma de decisións
- teriades sesións de orientación laboral coa orientadora laboral do Concello e coa Técnica de RRHH de AVANZA (4º, PCPI, adultos)
Con todo o que traballamos, conseguimos ofrecervos grazas á participación dos centros que enumero a continuación as seguintes charlas/visitas:
- 1º BACH visita o campus de Santiago de Compostela e o Centro Superior de Hostalaría de Galicia, con parada no comedor universitario que algo haberá que comer
- 4º ESO/PCPI/ESA visita o CIFP de Fene e o CIFP Rodolfo Ucha (Ferrol).
- 1º ESO visitará a Escola de Artes Pablo Picasso
- 3º ESO vai ao CIFP Anxel Casal (A Coruña) e despois a INEF
- 2º ESO visitará o CIFP Someso (A Coruña) e,
- 2º BACH terá unha charla da Universidade de A Coruña (UDC).
- 4º, PCPI e adultos terán 2 sesións coa orientadora laboral do Concello de Mugardos e 2 sesións coa Técnica de RRHH de AVANZA.
- O alumnado interesado de 4º, PCPI, adultos e, 1º- 2º Bach terá 2 sesións informativas sobre o acceso á Garda Civil/Policía e Exército.
Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario