miércoles, 15 de junio de 2011

Admisión a ciclos formativos 2011-12




Xa está aquí... a convocatoria para a admisión a ciclos!


Atención ás datas para SOLICITAR PRAZA:
  1. Prazo ORDINARIO: do 17 de xuño ao 4 de xullo, ambos os dous incluídos.
  2. Prazo EXTRAORDINARIO: do día 1 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos.

Os/as que aprobáchedes en xuño ou en anos anteriores, ides no PRAZO ORDINARIO.Estas son as DATAS que debedes manexar, aos de setembro volas anuncio mais adiante:    
  • RELACIÓN PROVISIONAL PERSOAS SOLICITANTES: día 6 de xullo, nos centros e en www.edu.xunta.es/fp
  • RECLAMACIÓNS: ata as 13:00 horas do día 12
  • LISTAXE DEFINITIVA PERSOAS SOLICITANTES: día 18 xullo
  • 1ª LISTAXE ADMITIDOS: día 19 xullo
  • 1ªMATRÍCULA OU RENUNCIA: desde o día 19 ao día 22 de xullo ás 13.00 horas. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.
  • 2ª LISTAXE DE ADMITIDOS: día 26 de xullo
  • 2ª MATRÍCULA OU RENUNCIA: desde o día 26 ao día 29 de xullo ás 13.00 horas. O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.
  • CICLOS LIBERADOS: Se logo de cada unha das adxudicacións anteriores existisen prazas vacantes e non houbese listaxe de espera, liberaranse as prazas do ciclo formativo ata o 29 de xullo ás 13.00 horas para aquel alumnado que acredite o cumprimento dos requisitos de acceso. Os centros efectuarán a matrícula por estrita orde de chegada das solicitudes. A relación dos ciclos formativos coa condición de liberados e o número de prazas dispoñibles en cada un deles poderase consultar en calquera momento na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.

INFORMACIÓN PARA OS/AS QUE SOLICITEDES PRAZA NO C.M DE MERGULLO A MEDIA PROFUNDIDADE
  • Tendes que realizar unha PROBA DE ACCESO
  • Cando solicitedes praza no centro que imparte o ciclos se vos informará da data, o lugar e a hora en que se vai a realizar a proba

RECORDADE QUE SOAMENTE SE PODE ENTREGAR UNHA SOLICITUDE POR RÉXIME E QUE SE ENTREGA NO CENTRO QUE INDICADES COMO 1ª OPCIÓN.

Os ENLACES que debedes manexar e que inclúen a información oficial son os seguintes: 


                                                                                                                                                                 

No hay comentarios:

Publicar un comentario