Xa está a rematar o curso e os/as que superedes 2º teredes que escoller unha optativa en 3º das seguintes materias:
- 2ª Lingua estranxeira
- Obradoiro Iniciativas Emprendedoras (relacionado co entorno laboral: como ser un emprendedor/a)
- Obradoiro de iniciación á electricidade
- Cultura Clásica (Roma a Grecia: historia, mitoloxía, literatura, arte, costumes...)
...difícil...?,non, xa verás como non!!. Le os seguintes CRITERIOS que podes ter en conta para escoller e logo me dis ou me consultas o que precises:
- o que mais me interesa: cursar o que a un/ha lle gusta sempre é aconsellable
- o que mellor se me da: ten en conta que debes asegurarte o aprobado para obter a titulación e, que se queres facer un ciclo é convinte que consigas bo expediente na ESO para poder conseguir praza. Unha optativa que se che dá ben compensa outra materia que se che dá peor.
- o que quero cursar despois:
-no bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía, a electricidade te pode vir ben se cursas tecnoloxía, F-Q
-no de Humanidades e Ciencias Sociais, verás que a cultura clásica relaciónase co latín e grego
-as linguas estranxeiras sempre son unha boa opción, abren portas...
-as iniciativas emprendedoras, son unha boa opción sempre, sobre todo se se quere facer un ciclo
No hay comentarios:
Publicar un comentario