miércoles, 1 de junio de 2011

Modificación repetición no Bacharelato (Orde 5 maio de 2011)

Como consecuencia da publicación da nova Orde que modifica o Bacharelato vos informo das condicións nas que se repite curso no Bacharelato:


Repetición do 1º curso:
  • O alumnado que en 1ºde bacharelato obteña avaliación negativa en máis de 2 materias deberá cursar de novo o curso completo e será cualificado en todas as materias, agás no suposto previsto no punto 3 deste artigo.
  • Sen prexuízo do anterior, o alumnado con 3 ou 4 materias avaliadas negativamente no 1º curso de bacharelato manterá a cualificación obtida anteriormente na mesma materia cando a nova cualificación sexa inferior.
  • En calquera caso, o alumnado repetidor estará suxeito aos mesmos dereitos e obrigas que o alumnado que se matricula por 1ª primeira vez no bacharelato e a cualificación de materias xa superadas outorgarase na avaliación final ordinaria.
  • No caso de que algunha das materias xa superadas deixase de ser impartida no centro, o alumnado poderá manter a cualificación obtida sen necesidade de matricularse nunha nova materia.
  • Cambio de materias na repetición de primeiro de bacharelato: o alumnado que deba repetir o 1º curso poderase cambiar de modalidade e matricularse en calquera das modalidades ofertadas no centro, sen que estea condicionado polas materias cursadas anteriormente.

Repetición do 2º curso: 
O alumnado que ao finalizar o 2º curso teña avaliación negativa nalgunha materia poderá:
a) Matricularse soamente das materias con avaliación negativa.
b) Matricularse de todas as materias de 2º, logo de solicitude á dirección do centro, coa finalidade de mellorar as súas cualificacións. A este alumnado consideraráselle, nas materias que xa teña superadas, a cualificación obtida na nova convocatoria, sempre que esta cualificación sexa superior á anterior.
A escolarización deste alumnado repetidor en ningún caso poderá implicar un incremento de grupos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario